Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Showcooking micolóxico en Sendeiriña


Este sábado día 14 de novembro, imos ter en Sendeiriña un "showcooking micolóxico" a cargo de Jose Luis Tomé, Secretario da Federación Galega de Micoloxía.

Para aqueles que vos preguntedes: - E eso do showcooking... que ven sendo? pois un obradoiro gastronómico de toda a vida. Vanse explicar e preparar uns pratos e daranos algunha cousiña a probar do que probemos. É para probar eh!! nada de vir sen merendar!!

Será as 19:00, na entrada do auditorio novo, na Casa da Cultura de Negreira. É unha actividade gratuíta para os socios e que custa 5 euros para os non socios.

Para anotarse é preciso escribir un correo a sendeirina@yahoo.es e recibir a confirmación de que estades anotados, xa que as prazas son limitadas.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 11-11-2015 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis