Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Saída e exposición
Este sábado 7 de novembro temos saída de Sendeiriña para recollida de exemplares para o domingo. Marchamos ás 10:00 de diante da Casa da Cultura e estaremos todo o día polo que compre que levedes bocadillo. Se somos moita xente faremos varios grupos e decidiremos nese momento repartirnos en hábitats diferentes.

Temos feito un grupo de Whatsapp para estar en contacto e non repetir especies, se queredes participar na recollida, clasificación, etc... non tendes máis que mandar un correo a sendeirina@yahoo.es co voso móvil para que vos engadamos ó grupo.

Coma sempre deixamosvos unhas recomendacións para a recollida:


1.- Os cogomelos deberan recollerse enteiros. Con moito coidado e sen escrabellar na terra métese o coitelo ou a navalla e con un xiro de pulso despréndese o cogomelo. Recordade: EXTRACCIÓN COIDADOSA!! Evitarase arrincar parte do micelio e por suposto usar rastrillos ou alterar o entorno no que se encontre o cogomelo.



2.- Collerase só un ou dous exemplares de cada especie, escollendo aquelas que se encontren en mellor estado, podendo ser un exemplar novo e outro maduro. Aínda que encontredes moitos exemplares dunha mesma especie, o espazo que temos para a exposición é limitado polo que non poderán poñerse todos.



3.- Evitarase coller aqueles cogomelos que xa estean pasados, parasitados ou os que non se encontren enteiros. Esto é importantísimo!!! É mellor que traiades menos cogomelos pero os que cheguen en bo estado. Os cogomelos pasados ou en mal estado é moito mellor deixalos no monte e que sigan cumplindo coa súa función ecolóxica. Recordade que a exposición pretende ser un espazo didáctico polo que os cogomelos deben ser representativos da especie, presentar as características básicas e que estas se aprecien ben.


4.- Para a recollida nunca deberán usarse bolsas de plástico. Os cogomelos son moi delicados, dentro da bolsa estragaríanse. Se alguén ten unha caixa con separadores sería ideal para aquelas especies que son pequenas e que se metemos na cesta serían aplastadas por outras. Levar un anaco de papel de aluminio tamén é moi práctico, e con este sistema e con un pouco de auga os cogomelos poden conservarse varios días na neveira.


5.- Tódolos cogomelos que se descarten e que finalmente non sexan expostos, deberán ser devoltos ó monte, evitando tiralos nos contedores do lixo.


6.- Recomendamos tamén que como en calquera saída, non vaiades sós ó monte e que se o facedes levedes con vós un teléfono móbil deixando indicacións do sitio ó que tendes pensado ir.

E por suposto para os que non poidades vir axudar, e queredes visitar a exposición, estaremos o domingo de 10:00 a 14:00 diante da Casa da Cultura de Negreira.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2015 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis