Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Posible Phaeocollybia


O pasado domingo, tivemos unha pequeña saída coa Asociación de Antigos Alumnos da Universidade. A primeira hora da mañá vímonos sorprendidos por unha marabunta de ciclistas que fixo que case tiveramos que abandoar a misión, pero finalmente fixemos unha ruta alternativa, que serviu para que atopáramos alguna cousiña interesante. A verdade é que nas saídas que temos feito con este grupo de xente, a que aproveitamos para mandarlles un saúdo, sempre aparece algunha cousa ben chula.


En particular, esta posible Phaeocollybia. Antes de nada pedir desculpas polas fotos, pero é que como en moitas outras ocasións, cumpliuse a lei de Murphy, que aplicada ó mundo dos cogomelos é algo así como que, se vas ó monte sen cámara, cesta, e nin sequera un triste anaco de papel de alumnio, encontrarás cousas rarísimas e preciosísimas!

Atopámola nunha zona de carballeira con algún Piñeiro, no Pedroso, preto de Santiago. Intentamos gardala separada para que non se contaminase, pero chegou algo perxudicada á casa.

Xa no 2010 atoparamos algo semellante no Val de Barcala, deixamosvos o enlace para que comparedes.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2013 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis