Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Exposición 2013

Deixámos unhas fotos da exposición de Sendeiriña deste outono. A verdade é que o cambio de sistema deste ano gustounos. Perfeccionarémolo para vindeiros anos. O que fixemos foi cortar uns taboleiros de tamaño manexable para poder tranportalos nos coches e neles recortamos anacos de herba natural, nos que fomos clavando os cogomelos con escarbadentes de diferentes tamaños. Ó rematar os anacos de herba volveron o seu sitio e así o ano que ven poderemos volver a empregalos.


Hai que agradecer moito pero moito, a toda a xente que colaborou na montaxe da expo, ós que trouxeron material de adornos, ós recolectores, ós identificadores, ós transportadores, en fin,moitas grazas a todos. Que para ser unha Asociación pequena coma a nosa, a cousa quedou ben bonita.

Finalmente xuntamos 108 especies, quedou algunha cousiña sen identificar, e hai algun pequeno gazapo que se estades atentos ás fotos podedes localizar... Non imos dar pistas, a verdade é que non están feitos a propósito, foron uns trasnos que cambiaron algunha etiqueta ou escreberon algún nome mal,...




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2013 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis