Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Conferencia, saída e obradoiro de fin de semana
Esta fin de semana chega cargadiña de actividades en Sendeiriña.

O venres, conferencia a cargo de Puri Lorenzo, co título "Creación dun xardín micolóxico", as 8:30, pero OLLO!! ANQUE NOS CARTEIS PON QUE SERÁ NO AUDITORIO VELLO por problemas de última hora, VAI SER NO AUDITORIO NOVO da Casa da Cultura.

O sábado ás 9:30, saída ó monte. Vai ser unha saída longa polo que será preciso levar bocadillo para o xantar. A hora de regreso estímase sobre as 17:30. O punto de partida é coma sempre de diante da Casa da cultura na Rúa de San Mauro e lévanse coches particulares.


E este mesmo sábado a partir das 20:00 no IES Xulián Magariños de Negreira, obradoiro de gastronomía micolóxica a cargo de Suso Puñal. Lembrade que é indispensable anotarse para o obradoiro escribindo un correo a sendeirina@yahoo.es, e xa case non quedan prazas.


Aproveitamos para deixarvos unha foto dun mixo moi chulo que atopamos estes días.

Un saúdo.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2013 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 O mixomiceto será un Leocarpus#blgtk08# sobor de agullas de piñeiro??
Comentario por Pepe Llovo (14-11-2013 00:16)
2 Ou quizais Fuligo septica... Pero esto dos mixos é tirarse moito á pi#blgtk08#scina!!

http://www.capsandstems.com/Fuligo_septica.htm
Comentario por maria (14-11-2013 10:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis