Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Saída de Sendeiriña
Como sabedes este domingo temos a Exposición da Asociación e o sábado 26 sairemos a recoller especies para a mesma.


Vai ser unha saída longa. Quedamos ás 9:30 diante da Casa da Cultura de Negreira, na Rúa de San Mauro, e iremos a unha zona de costa. Levamos coches particulares. Como parece que o sábado vai estar bo día imos intentar aproveitar todo o día, polo que é importante que cada un leve un
bocadillo ou un tentempié
para facer unha paradiña para comer e seguir buscando cousas á tarde. A hora estimada de regreso sobre as 17:30 -18:00 da tarde.


Para os que non veñan á saída pero queiran aportar cogomelos ou axudar a montar a exposición, estaremos a partir das 19:30 no Instituto Vello de Negreira, na Rúa de Castelao. (é o edificio que está detrás do quiosco).


Tamén se precisa colaboración para adornos, follas, palla, fieitos, ourizos, etc,… levaremos unhas bolsas para traer algo da saída. Pero o certo é que sempre nos quedamos curtos con isto. Se algúen se ofrece voluntario para traer cousas, perfecto.


A continuación poñemos unhas recomendacións de cara a exposición e á recollida de exemplares, que todos como membros de Sendeiriña debemos ter en conta:

1.- Os cogomelos deberan recollerse enteiros. Con moito coidado e sen escrabellar na terra métese o coitelo ou a navalla e con un xiro de pulso despréndese o cogomelo. Recordade: EXTRACCIÓN COIDADOSA!! Evitarase arrincar parte do micelio e por suposto usar rastrillos ou alterar o entorno no que se encontre o cogomelo.


2.- Collerase só un ou dous exemplares de cada especie, escollendo aquelas que se encontren en mellor estado, podendo ser un exemplar novo e outro maduro. Aínda que encontredes moitos exemplares dunha mesma especie, o espazo que temos para a exposición é limitado polo que non poderán poñerse todos.


3.- Evitarase coller aqueles cogomelos que xa estean pasados, parasitados ou os que non se encontren enteiros. Esto é importantísimo!!! É mellor que traiades menos cogomelos pero os que cheguen en bo estado. Os cogomelos pasados ou en mal estado é moito mellor deixalos no monte e que sigan cumplindo coa súa función ecolóxica. Recordade que a exposición pretende ser un espazo didáctico polo que os cogomelos deben ser representativos da especie, presentar as características básicas e que estas se aprecien ben.


4.- Para a recollida nunca deberán usarse bolsas de plástico. Os cogomelos son moi delicados, dentro da bolsa estragaríanse. Se alguén ten unha caixa con separadores sería ideal para aquelas especies que son pequenas e que se metemos na cesta serían aplastadas por outras. Levar un anaco de papel de aluminio tamén é moi práctico, e con este sistema e con un pouco de auga os cogomelos poden conservarse varios días na neveira.

5.- Tódolos cogomelos que se descarten e que finalmente non sexan expostos, deberán ser devoltos ó monte, evitando tiralos nos contedores do lixo.


6.- Recomendamos tamén que como en calquera saída, non vaiades sós ó monte e que se o facedes levedes con vós un teléfono móbil deixando indicacións do sitio ó que tendes pensado ir.

Un saúdo





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2013 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis