Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Momento histórico!!!
Cando un pasa moitas horas no monte, hai moitas posibilidades de que atope cousas moi moi interesantes, pero as posibilidades de atoparse cunha Amanita cesarea na nosa zona, son bastante remotas... Ou iso foi o que sempre nos ensinaron...

Por iso, o día de hoxe poderiamos definilo como histórico, e é que dous socios de Sendeiriña atoparon o preciado manxar, o ovo do rei, o cogomelo dos césares, a máis desexada: A Amanita Cesarea!!!

Deixamos proba fotográfica do achado e esperamos comentarios de como foi ese intre, encantaríanos saber que sensacións se vos pasaron pola cabeza nese primeiro encontro. Houbo bágoas de emoción?? Correron litros de champán?? Abreuse o viño que se garda para ocasións especiais?? Contade, contade!!

Para tódolos socios e para tódolos que nos siguen, e que aínda non tiveron a sorte de coñecer persoalmente este cogomelo, dicirvos que non foi no Val de Barcala, pero polas poucas pistas que nos deron os afortunados, foi bastante preto. Así que xa sabedes, Haberlas hailas, ... o que hai é que encontrailas!!

En calquera caso, noraboa ós premiados!

Comentarios (4) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 18-09-2011 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Fantástico achádego !!

Pois xa é casualidade que eu tamén as volvín a atopar o sábado 17. É un cogomelo emblemático e ben fermoso.

Lembro a primeira vez que as #blgtk08#atopei, xa fai uns anos, non podía crelo, pois na nosa zona tamén teóricamente era imposible. Si que foi un momento de emoción e nervos, un momento bonito a lembrar.

Noraboa.
Comentario por Jose Castro (19-09-2011 18:09)
2 Por certo, algunhas "sendeiriña" que eu me sei, quedaron este f#blgtk08#inde sin ver as "caesareas" por non ir onde tiñan que ir jajaja
Comentario por Jose Castro (19-09-2011 18:48)
3 Ainda non falei cos que as encontraron pero cando fomos a Rabanales o ano pasado, pensamos en varias ocasións que as encontraramos e ó final non eran, e menudo subidón!!. N#blgtk08#on imaxino o que pode ser encontralas de verdade!!

Jose as sendeiriñas queren estar en tantos sitios á vez que non dan estado a todo!! en fin, outra vez será
Comentario por maria (19-09-2011 23:22)
4 Parabéns!!!. Sempre é emoci#blgtk08#onante atopar esta especie.
Comentario por Julián (26-09-2011 11:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis