Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova e triste sección en Sendeiriña
Estivemos retrasando o momento,... pero non nos queda outra, ...

Hoxe temos que inaugurar, e con moita tristeza unha nova sección no noso Blog. (E é que hoxe foi un día moi duro, micolóxicamente falando...)

A nova sección vai chamarse "ABERRACIÓNS MICOLÓXICAS NO VAL DE BARCALA" e pretende ensinar, deixar constancia e tamén denuciar as auténticas barbaridades que o ser humano pode chegar a facer no entorno que o rodea. E niso, por desgraza no Val de Barcala non somos moi diferentes a outros lugares...

Para inaugurar a sección contámosvos a aventura do venres pola tarde:

Venres día 20, peche da campaña electoral, megafonías de tódolos partidos anuncian os actos de peche, así que decidimos desconectar, poñelas botas, navalla, cámara,... fai unha tarde de sol radiante, pero non imos moi lonxe. Unha pequena volta por un lugar preto, para tantear o que puideron facer as últimas chuvias. É un roteiro circular ó que seguro que moitos dos nosos socios teñen ido moitas veces polo outono.

Ía ser un paseo curto e relaxado e cando chegamos, descubrimos que o camiño está invadido por maquinaria pesada! e tan pesada! unha apisonadora, un camión e unha máquina para extender a terra...

De desfeita en Logrosa


Un camiño de monte, con rodeiras que nin sequera estaba en moi mal estado, agora está convertido nunha auténtica avenida, (só faltan as camelias a cada lado...) terra, gravilla, polvo por todas partes,...

De desfeita en Logrosa


O mellor de todo son as tremendas "tajeas" que fixeron a cada beira, que impiden totalmente o acceso ás leiras. Se queremos novamente facer un roteiro á procura de cogomelos por este camiño, deberemos levar unha navalla, unha cesta e.... unha pértiga!!!! Como imos senón subir por eses tremendos barrancos que deixaron??



Seguramente rematen por arranxalo porque os donos das leiras terán que acceder dalgún xeito... poñerán tubos para canalizar a auga e cemento por riba??... é de supoñer... E crucemos os dedos, e poñamos velas a tódolos santos posibles para que non terminen por botar asfalto!!! INDIGNANTE!!!



En fin, que se Mouriño se adicara á micoloxía en vez de ó futbol, hoxe berraría ben forte: POR QUE?? POR QUEEEE??? Cal é a necesidade??Por que??? Para que????

Aquí deixamos mostra de como era antes o camiño para aqueles que non o coñezades, para que valoredes o cambio:

De Desktop


A cantidade de especies que temos encontrado neste camiño, tanto no medio e medio, como nas beiras!! Na saída da Asociación de fai dous anos, quen non se lembra destes Coprinus enormes que nós estaban agardando no medio e medio das rodeiras?

De Desktop


En fin, hoxe é un día moi triste micolóxicamente falando...e co cabreo monumental volvemos á casa e os altofalantes dos partidos siquen pedindo o voto,... e acabamos con ganas de coller unha tenda de campaña e ir acampar á Porta do Sol!!!!

Desta volta, é unha sección que nos gustaría que estivera o máis valeira posible, pero a experiencia dinos que non vai ser así.
Comentarios (0) - Categoría: Aberracións micolóxicas - Publicado o 23-05-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis