Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Congreso de Asociacións

Na primeira fin de semana de maio, varios socios de Sendeiriña tivemos a oportunidade de participar no I Congreso de Asociacións organizado pola Sociedade Micolóxica Lucus. Coincidindo con este evento celebrouse tamén a Asemblea Xeral ordinaria da Federación Galega de Micoloxía.

Tratáronse temas ben interesantes e estiveron representadas tódalas Asociacións federadas agás unha, polo que eramos unha morea de xente.

Coma sempre temos que felicitar ós compañeiros de Lucus pola excelente organización e polo trato recibido. Fixádevos o ben que nos trataron que para que non nos aburriramos ata colocaron nunha das habitacións da casa, uns pequenos cogomelos para que pensáramos que nacían de xeito espontáneo... jeje,... é que estes de Lucus son terribles,... inda estamos pensando se ós pegaron con Loctite ou sería con palillos?? Valorádeo vós, son as últimas fotos da presentación.

Deixámos unhas fotiños da casa na que estivemos que estaba situada nun entorno de ensoño, e tamén a foto oficial do evento.


Comentarios (2) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 15-05-2011 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Moitas gracias a vos polo apoio e asistencia a esta iniciativa, valoramos moito que Sendeiriña estea sempre representada en cada lugar onde "ferve" a micoloxía

Estamos moi satisfeitos desta nova experiencia e moi agradecidos a todos os compañeiros/as#blgtk08# das distintas asociacións micolóxicas, polo apoio recibido, pola colaboración, pola masiva asistencia e polo bo ambiente xerado durante todo o fin de semana.

Ah, e foi con Loctite, os palillos non terman dos cogomelos conxelados do pasado ano jejeje
Comentario por Jose - Sociedade Micolóxica Lucus (18-05-2011 13:42)
2 Moitas gracias a vos polo apoio e asistencia a esta iniciativa, valoramos moito que Sendeiriña estea sempre representada en cada lugar onde "ferve" a micoloxía

Estamos moi satisfeitos desta nova experiencia e moi agradecidos a todos os compañeiros/as#blgtk08# das distintas asociacións micolóxicas, polo apoio recibido, pola colaboración, pola masiva asistencia e polo bo ambiente xerado durante todo o fin de semana.

Ah, e foi con Loctite, os palillos non terman dos cogomelos conxelados do pasado ano jejeje
Comentario por Jose - Sociedade Micolóxica Lucus (18-05-2011 15:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis