Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lactarius turpis Fr.
Ainda que no libro Setas de Galicia se di que esta é unha especie frecuente, nós non tivemos o pracer de encontrala no Val de Barcala de momento.

Tratase dun Lactarius turpis, unha especie facilmente identificable pola cor tan escura do sombreiro, moi diferente á de outros lactarius.

O sombreiro pode chegar a medir 20 cm, e ten unha cor pardo olivacea, con tons incluso negros. As láminas, son abrancazadas pero con manchas verdosas e ás veces pardas. O pé é da mesma cor que o sombreiro e as veces ten escrobiculas máis escuras.

A carne é branca pero vólvese crema ó corte. O latex e branco e ó secarse gris.

Nalgún manual dise que ten olor a resina e a trementina. O sabor é picante. E dise que conten substancias altamente canceríxenas.

A especie da foto foi sacada na fronteira entre Galicia e Leon, no outono do 2009.

Deixamos algún enlace para ampliar información sobre ela:

http://www.idsetas.com/lactarius.necator.htm

http://www.asturnatura.com/fotografia/setas-hongos/lactarius-turpis-fr-1/5700.html
Comentarios (1) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 07-02-2010 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Cystoderma amianthinum f. rugosoreticulatum [Lorins] Sm. & Sing.)
Dentro sección de especies que inda non atopamos no Val de Barcala incluímos esta de nome un tanto complicado: a Cystoderma amianthinum f. rugosoreticulatum.

Trátase dun cogomelo dunha bonita cor laranxa, que presenta o pe con unha especie de vaina da mesma cor e con un sombreiro con estrías ou venas moi características.

Foi identificada como tal no foro de micoloxía.net, e non debe ser moi común en Galicia porque non aparece citada nin no libro de Marcote, nin no de Marisa Castro.

Atopouse en Baiona, no roteiro dos petroglifos.
Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 14-01-2010 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Stropharia aeruginosa (Curtis: Fr) Quél.
Outra das especies que aínda non atopamos no Val de Barcala é esta fermosa Stropharia aeruginosa, que destaca por esa cor verde azulada que é pouco común no mundo dos cogomelos.

Ë unha seta de pequeno tamaño pero de gran beleza.

Os exemplares que podedes ver foron atopados por dous socios de sendeiriña, na Ruta dos petroglifos de Baiona e na zona do Bierzo.

Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 14-12-2009 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Nova sección
Inauguramos hoxe esta nova sección dentro do blog, adicada a todas aquelas especies que, aínda que nos gustaría, non tivemos oportunidade de atopar no Val de Barcala, ben sexa pola súa rareza, ou por atoparse noutros hábitats ou en climas diferentes ó noso.

Se algún dos socios ou algunha outra persoa atopara algunha destas especies no noso Val, non dubiden en poñerse en contacto con nós para incluila na fotoblogoteca.

Esta primeira especie foi atopada no Courel, en novembro deste ano, e trátase dun Clavariadelphus pistillaris (Fries) Donk. O seu nome vulgar nalgúns libros é As de Bastos, polo seu claro parecido con ese pao da baralla.

Aparentemente podería parecernos un gasteromycete pero as esporas non se encontran no interior, senón que o himenio recobre toda a seta.

Deixamos uns enlaces por se queredes saber algo máis sobre ela.

http://www.amanitacesarea.com/clavariadelphus-pistillaris.html

http://www.micologia.net/gallery2/main.php?g2_itemId=45640
Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 12-12-2009 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis