Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mochila-bandolera para escapadas ó monte





Xa podedes renovar as vosas cotas de socio/a de Sendeiriña.


Este ano, para todos aqueles que o fagan, temos de agasallo, esta pequena mochila-bandolera, na que podedes gardar a guía que regalamos fai dous anos, e o gorro para a auga do ano pasado. E inda quedaría sitio para un pequeno bocadillo e algo de bebida.

Ademáis ten un bolsillo pequeno para levar a navalla, e un compartimento para o móbil. Hai dúas cores para elixir, laranxa ou verde pistacho. E co logo da Asociación!!!


Igual non apañamos moitos cogomelos, pero imos ir super-fashion polo monte, con este complemento. Non agardedes máis, e correde a renovar a cota!!


Comentarios (0) - Categoría: Papeleos e outras burocracias - Publicado o 01-10-2012 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo para renovación de cotas.
Xa está aberto o prazo para que renovedes a vosa subscripción como socios de Sendeiriña. Recordade que son só 10 euros e ademáis este ano recibiredes co pago unha pequena guía de cogomelos que non é moi extensa pero é ideal para levar ó monte polo seu reducido tamaño.

Tódolos novos socios tamén recibirán este pequeno obsequio.

Só tedes que pasarvos por Garsport (na Rúa da Cachurra, fronte a Caixa Galicia) facer o pago e deixar os vosos datos.

Non o deixedes pasar, o prazo remata no mes de novembro e as Guías son limitadas.


Comentarios (0) - Categoría: Papeleos e outras burocracias - Publicado o 03-11-2010 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xa podes formar parte de Sendeiriña
Deixamos aquí unha folla de inscripción para tódos aqueles interesados en formar parte da Asociación.

É preciso tamén que nos fagades chegar unha foto (para o carné de socio) e os 10 euros de cota anual (aínda non temos número de conta polo que estes terán que ser entregados á nosa tesoureira polo método tradicional, esto é: en man.)

http://spreadsheets.google.com/ccc?key=0AgX3MWPwCC1_dGh4WERVNWJxdkY0V3dzRUxEbTFTdUE&hl=es

O enlace é de GoogleDocs, para acceder debedes ter conta en gmail. A folla cuberta podedes enviala a sendeirina@yahoo.es. Lembrade que temos problemas coa letra ñ na rede e o enderezo é coa letra n.
Comentarios (0) - Categoría: Papeleos e outras burocracias - Publicado o 20-10-2009 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis