Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para identificar
Certo é que temos o blog algo abandoado. A ver se como propósito do 2015 volvemos darlle algo de vida.

Imos empezar por deixar estas fotiños dalgo que quedou sen identificar e non nos damos achegado nin ó xénero.

De cogomelo no aparcamento


Só atopamos tres exemplares. Medraban nun aparcamento de terra, practicamente enriba do asfalto.

De cogomelo no aparcamento


O sombreiro do exemplar máis grande medía aproximadamente 6 cm.

De cogomelo no aparcamento


De cogomelo no aparcamento


De cogomelo no aparcamento


Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 28-12-2014 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar (V)

E que me decides destas outras con este sombreito tipo bruxa?






















Tampouco temos datos do hábitat, sentímolo...


Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 15-12-2011 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar (IV)




Igual no anterior cromo puxémolo un pouco difícil. A ver se este é un pouquiño máis fácil.

Non temos datos do hábitat, porque foi o típico cogomelo que alguén levaba na cesta e que apareceu ó final dunha saída.

A saída foi pola zona da Selva Negra, preto de Santiago.

O pé é dunha intensa cor amarela "fosforita" moi chamativa, pero o realmente chamativo e o sombreiro con esa especie de estrías... Un cogomelo deses de decir: "Cousa bonita chico!"






Unha fotiño máis do pé... que preciosidade!


Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 15-12-2011 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar (II)

Neste caso non nos atrevemos nin co xénero. Esa cor violeta e nacendo sobre madeira, fai recordar un Ascocoryne sarcoides pero non se parece moito ás fotos que temos na fotoblogoteca.

Son cogomelos son de moi pequeno tamaño, o máis grande non mide nin 1 centímetro de diámetro, teñen unha especie de pseudopé como pode apreciarse nas fotos. A textura en un pouco xelatinosa.

No Tarrelos do ano 2010, Oscar Requejo, publicaba o achado dunha especie que tamén se pode parecer, unha Ombrophila violacea, pero tamén di que se podería confundir a nivel macroscópico cos xéneros, Neobulgaria, Cudoniella ou Ascocoryne.

En fin, desto si temos mostra e de feito están fructificando na terraza, sobre un poste de madeira. Farémoslle un seguimento a ver como evolucionan.






Comentarios (2) - Categoría: Identificacións - Publicado o 09-12-2011 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar

Imos empezar por este cogomelo que un dos nosos socios trouxo para a exposición.
O exemplar estaba aínda pechado e fixádevos que nacían do mesmo pe outros máis pequenos. Recordades o refrán: "Sete nun pé, choupín malo é". Ademáis, a base ten un bulbo moi marcado.

Como tiñamos curiosidade por saber o que sería, fomos nos días seguintes ó lugar de recollida e sacamos algunha foto máis. É un sitio onde hai moitos restos vexetais e ata unha pequena escombreira. Atopamos uns 8 exemplares e o tamaño dos sombreiros dos máis grandes, rondaban os 15 cm.


Sabemos o que non é, pero non sabemos con seguridade o que pode ser. Precisamos axuda!




Comentarios (2) - Categoría: Identificacións - Publicado o 07-12-2011 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar


É certo que temos o blog un pouco abandoado. Pero é que non se pode estar a todo. Os días, en época micolóxica, deberían durar 4 horas máis.

Iremos poñendo algunha cousiña que fomos encontrando.

Para empezar este cogomelo achegado por un socio recollido nunha carballeira nun toco dunha árbore mórta. Moi enterrado e como vedes cun pe enorme, de 26 cm. de longo.

Témolo sen identificar. Acéptanse suxerencias.



Comentarios (5) - Categoría: Identificacións - Publicado o 25-11-2011 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cogomelo de maceta



Hoxe deixamos conta no noso blog deste pequeno, poderiamos dicir, diminuto cogomelo que medraba nunha maceta.

A súa vida foi efímera, case o tempo de sacar a foto, en cuestión de horas desapareceu por completo.

Non temos máis datos, alguén se atreve coa identificación....







De Seta de terraza
Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 10-07-2011 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Precisamos axuda
En decembro do ano pasado e en plena ola de frío atopamos estes exemplares, seguramente pertencentes ó xénero Amanita, pero que non damos identificado.

Eran de cor branco, e dicimos eran, porque non nos quedamos con ningún exemplar, nin tampouco temos máis datos que a proba fotográfica que vedes.

O peculiar destes exemplares é o pe tan sinuoso, e a volva que se desfai con facilidade e que deixou restos tamén no sombreiro. Como vedes son exemplares moi novos o anel cubre as lamelas.

A ver se alguén nos pode botar un cable para a súa identificación.

Graciñas.

Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 12-01-2011 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Coprinopsis romagnesiana (Singer) Redheas, Vilgays &Moncalvo


Revisando o material deste outono, atopámonos con esta foto sacada na parroquia de San Vicente da Baña, duns exemplares que nun primeiro momento identificamos como Coprinus atramentarius (agora Coprinopsis atramentaria) pero que se vos fixades ten unhas escamas de cor parda no sombreiro que fan pensar que quizais se trate dunha Coprinopsis romagnesiana, unha especie antes considerada como unha variedade do Coprinus atramentarius.

Trátase dunha desas especies que é comestible, pero que é tóxica se se consome con bebidas alcohólicas. Que adoita aparecer nas beiras de camiños, nos xardíns. Os nosos exemplares foron atopados nun camiño con recheo de escombro, compartindo hábitat con exemplares xa moi pasados de Coprinus comatus.

Os sombreiros son de pequeno tamaño, de cor gris, e recubertos de escamas pardas, sobre todo no medio.

Non tiñan olor especial e non chegamos a probalos. Pero foi a primeira vez que o encontrábamos no Val de Barcala.

Deixámosvos un enlace para aqueles que queirades saber algo máis desta especie:


http://micologia.biz/setas/Coprinopsis-romagnesiana.php

De Pola Baña e San Cibran


Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 27-12-2010 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Unha especie ben rara
Mirade que cousiña máis bonita atopamos!! e o mellor de todo é que foi no Val de Barcala. Dunha bonita cor encarnada e con tonos laranxas, de pequeno tamaño; o sombreiro de uns tres centímetros e un pequeno mamelón que lle da un aspecto de sombreiro chino.

O que máis chama a atención é o seu pe tan longo como se fora unha raiz... Non tiña ningún olor característico, e foi recollida nunha carballeira na que tamén había algo de castiñeiros e piñeiro, vamos que estaba no que chamamos habitualmente bosque mixto.

Encontramos unha especie no libro de Marcel Bon que se nos parece bastante, podería ser unha Phaeocollybia christinae (Fr.) Heim. Aínda que debería ter un olor a rábanos e deberíamos tela encontrado en piñeirais polo que non nos convence...

En fin, igual é non é esta pero é unha prima irmán. En calquera caso, parecenos chulísima, a ver de a damos identificado.



De Para identificar
Comentarios (2) - Categoría: Identificacións - Publicado o 09-12-2010 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar


Deixamos unhas fotos deste cogomelo por se alguén nos pode botar unha man, xa que é un pouquiño difícil para nós.

Foi atopado na provincia de Zamora, entre carballos, con algo de Jaras (neste momento non nos acordamos como se di en galego) e algo de aciñeiras.

Nun principio pensamos que se parecía moito a unha especie que vimos este ano en Lugo na Exposición da Sociedade Micolóxica Lucus, pero despois estudiando un pouco o tema chegamos á conclusión de que non, porque a esporada debería ser branca,...

Este cogomelo que se nos parece bastante sería un Leucocortinarius bulbiger,... No novo número de Tarrelos ven un artigo precisamente sobre esta especie e dise que é unha especie moi rara. Pois ben, descartado este raro Leucocortinarius, que podería ser?

Pois seguramente un Cortinarius. E dentro do infinito mundo dos Cortinarius parecenos que podería estar preto de Cortinarius multiformis,... anque ó mellor é moito aventurar e quizais non sexa este pero quizais sexa un primo irmán que se lle pareza... En conclusión ó único que podemos afirmar con seguridade é que se trata dun cogomelo!!

Van tamén algunhas fotiños do micro, anque cos nosos medios limitados cremos que non van ser de moita axuda.

Acéptanse suxerencias. Grazas

Abaixo deixamos a foto da Exposición de Lugo para comparar.

De Exposición lugo
Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 28-11-2010 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Posible Lepiota


Un socio de Sendeiriña atopou estes pequenos cogomelos medrando da súa horta.

Non os temos identificados pero pensamos que podería tratarse de algunha especie do xénero Lepiota, desas que poderían confundirse coas Macrolepiotas e que son moi perigosas por ser moi venenosas, algunhas tanto como a temida Amanita phalloides... Pero a verdade é que non estamos certos do que pode ser. E mentres nos entretemos buscando nos libros e discutindo sobre as diferentes posibilidades de identificación vai empezando o outono e empezamos a soñar coas maravillosas horas que nos esperan no monte...

Un saúdo a todos e se alguén pode aportar algunha opinión será ben recibida.

Comentarios (2) - Categoría: Identificacións - Publicado o 06-10-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar



Deixamos esta especie para ver se alguén nos pode botar unha man polo menos no xénero.

Medrando sobre madeira de eucalipto. O exemplar máis grande mide aproximadamente uns 10 cm. Ó darlle a volta, a parte pegada á madeira ten unha textura semellante ó veludo, de cor parda oscura, con unha especie de círculos concentricos de diferentes tonalidades.

Necesitamos algunha pista...
Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 11-05-2010 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Un posible Hypoxylon
Mentres seguimos agardando a explosión micolóxica que moitos auguran, poñemos unha foto desta especie que atopamos medrando enriba dunha arbore caída, posiblemente un carballo.

Seguramente se trate do xénero Hypoxylon, pero chegar á especie xa é outro cantar. Podería tratarse de Hypoxylon multiforme. En micologia.net incluso nos dín que podería incluso ser H. coharens. Pero hai moitas outras que se parecen, como H. fragiforme ou H. fuscum.

En calquera caso, trátase dun ascomiceto e segundo as indicacións de micologia.net, se quixeramos ver as esporas ó ,non sería suficiente con rascar un pouco a superficie senón que como esta clase de ascomicetes protexen o seu himenio cunha parte dura que é esteril, habería que abrilo e coller o contido interior para colocalo no micro.

En fin, cousas novas que se aprenden tódolos días...



Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 25-04-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Helvella sp.
No xardín da casa da presidenta de Sendeiriña atopamos estas pequenas Helvellas que identificamos como Helvella queletii Bres.

Pasámolas polo microscopio cos poucos medios cos que contamos e deixamos unha fotiño do que se ve. As esporas son hialinas, elipticas, lisas pero deberían ter unha grosa gútula central e non parece que sexa así. Quizais o exemplar que examinamos aínda non estea maduro e por eso non se aprecie ben.

É unha especie rara segundo se di no libro de Cogomelos de Galicia, polo que de confirmarse que é esta, sería un importante achado no Val de Barcala.

Seguiremos investigando...

Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 06-04-2010 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis