Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os cogomelos non son "rex nulis"
E non o dicimos nós, dío o conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez.

Por este motivo non se pode poñer ningún cobro pola súa recolleita, nin establecer ningún tipo de regulación.

Así o ven de dicir con motivo da preparación do borrador da nova Lei de Montes, que pronto verá a luz.

Deixamos a nota de prensa para que lle botedes un ollo:

Medio Rural non vai cobrar por recoller cogomelos nin establecerá carnets de seteiros
A Xunta lembra que a inmensa maioría dos montes en Galicia son de propiedade privada

Santiago, 1 de marzo de 2010.- A Consellería do Medio Rural non vai cobrar por recoller cogomelos nos montes, nin ten previsto establecer algún tipo de identificación ou carnet para os afeccionados á micoloxía que recollan estes fungos. Tampouco está prevista no borrador da nova Lei de Montes que prepara este Departamento referencia concreta algunha ao respecto.

Medio Rural quere aclarar estes extremos sobre a base de que a inmensa maior parte dos montes galegos son de propiedade particular e, xa que logo, a Xunta no pode aplicar cobro ningún en terreos que son privados.

A Consellería que dirixe Samuel Juárez quere insistir no feito de que os cogomelos dun determinado terreo forestal son propiedade do dono do monte. O seu carácter non pode equipararse ás pezas de caza ou pesca, que teñen a condición xurídica de res nulis, é dicir, non son, en puridade, propiedade de ningúen ata que son cobradas polos cazadores ou pescadores. Nese caso a Administración regula ambas actividades por razóns, basicamente, de sustentabilidade dos recursos. No que atinxe ás setas, estas son propiedade do dono do monte desde que xurden sobre o terreo, e polo tanto non ten sentido falar de cobrar ou aplicar unha regulación expresa.

En todo caso, o borrador de Lei de Montes que prepara a Xunta terá en conta que os cogomelos son un recurso forestal de certa importancia en determinadas zonas de Galicia, e como tal merecerá a debida atención no texto legal, en relación co aproveitamento xeral do monte, pero sempre partindo desa condición de propiedade privada do mesmo.

Diferente a outras comunidades
Por último, a Consellería do Medio Rural advirte que a situación da propiedade do monte en Galicia é sensiblemente diferente a doutras comunidades autónomas de España, nas que o carácter público abarca áreas moito máis amplas do terreo forestal, fronte a un predominio case total (por riba do 90%) da propiedade privada, no caso de Galicia.

http://www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar2536.html
Comentarios (0) - Categoría: Normativa - Publicado o 26-03-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
O tamaño é importante
Na maoiría dos cursos e nas guías de cogomelos, fanse senmpre advertencias sobre os accesorios que debe levar un bo apañador de setas. Unha cesta de mimbre, nunca bolsas de plástico, botas, un bastón, unha lupa,... e por suposto unha navalla.

Un micólogo que nos encontramos este ano en Ferrol decía que era indispensable levar un "cuentahilos" e un silbato, xa que os móviles non sempre teñen cobertura e hai moitas posibilidades de perderse no monte.

Pero o que ás veces se nos olvida é que ese elemento imprescindible que é a navalla pode ser considerada como unha arma, é se supera uns límites en canto ás súas medidas, poderíamos ser multados.

Deixamos un enlace sobre o Regulamento de armas vixente que é do ano 1993 (Real Decreto 137/1993 de 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas)
A normativa ven a dicir que se prohibe a tenencia e uso de navallas automáticas e as non automáticas cando a súa folla exceda de 11 cm, medidos dende o reborde ou tope do mango ata o extremo. E ollo!!! Poderíamos ser sancionados polo SEPRONA!!!

Polo tanto aínda que encontremos boletus do tamaño dun cabalo hai que cortalo cunha navalliña pequena,... nada de andar polo monte con armas perigosas!!!

E por se alguén non quere ler a normativa enteira, deixamos unhas fotos indicativas de como podemos ou non saír ó monte...
Comentarios (0) - Categoría: Normativa - Publicado o 18-12-2009 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Normativa sobre comercialización de setas para uso alimentario
Ustylago maydis, especie silvestre comercializableEn xaneiro de 2009, publicouse no BOE un Real Decreto sobre a comercialización de setas para uso alimentario.

Recóllense uns listados de setas silvestres (58) e cultivadas (34) que se poden comercializar, así como aquelas que previamente teñen que tratarse antes da súa comercialización (2). Tamén se recolle un listado de setas venenosas ou tóxicas, ou sospeitosas de selo e que evidentemente non se poden comercializar(77 especies e 11 xéneros completos).

No Decreto tamén se establecen uns requisitos que deben cumprir as empresas para garantir a seguridade dos productos que ofrecen ó consumidor, en canto á identificación, á conservación, a etiquetaxe,etc... e tamén un listado de infraccíóns e sancións administrativas en caso de imcumplimento.

Chama a atención algunha das setas que se pode comercializar, por exemplo a Ustilago maydis, que en algúns países como en México é moi apreciada, pero aquí en Galicia polo menos o coñecido como "caruncho do millo" non creo que tivera moito éxito nas tendas

A Tricholoma equestre, aparece no listado de setas tóxicas, pero non é unha novidade xa que o seu consumo xa quedara prohibido pola Orde SCO/3303/2006 de 23 de outubro.

Aquí queda un enlace do Decreto, por se encontramos un filón de algunha destas especies e se nos ocorre a idea de comercializala.
Comentarios (0) - Categoría: Normativa - Publicado o 12-09-2009 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis