|
|
|
Un bichiño |
|
Mirade que cousa máis curiosa atopamos nunha das últimas saídas que fixemos!
Ainda que nas fotos pareza xigante, o bichiño non mide máis de un centímetro de largo, e está totalmente parasitado por algo que ten toda a pinta de ser un fungo. Non sabemos se o fungo matou o bicho ou se simplemente medrou nel una vez que xa estaba morto... De calquera xeito é una cousa ben interesante!
Outro cantar xa sería saber a especie de bicho e o fungo concreto... ten que haber algún experto que ha de sábelo,... a ver se con un pouco de sorte...
|
|
|
|
É tempo de boletus... |
|
 A pesar do frío e da xeada... é tempo de boletus!! |
|
|
|
Aprendendo a desaprender... |
|
 Levamos unha temporada, na que estamos aprendendo cousas pero á forza de desaprender.
Referímonos a eses casos nos que tiñamos aprendido que unha especie era tal ou cual, e resulta que ven alguén e di: Non non é esa, e esta outra!
E cáesenos aquela crenza que tiñamos, e confirmamos que na micoloxía, como en xeral na vida, nunca debemos dar todo por sabido. Unhas veces aprendemos cousas novas e outra desaprendemos aquelas que pensabamos que sabíamos con seguridade.
Pois isto mesmo nos pasou con este bichiño da última nova que puxeramos no blog sobre o tema das fumigacións. Ese pequeno gorgullo que ataca o Eucalipto.
Indícanos Moncho Pato, que hai un erro sobre o nome desta especie, que ademáis se repite pola rede. Non é un Gonipterus scutellatus , como nós lle chamamos e como se di e se repite en moitas páxinas na internet, senón un Gonipterus platensis.
O primeiro, o Gonipterus scutellatus nunca saiu de Australia e o pobre está levando tódalas culpas, sen telas. O que temos en Galicia, é o Gonipterus platensis que tanto dano causa no Eucalipto e que se vai de guay porque ningúen fala del.
Deixámosvos o enlace no que se explica a confusión de nomes:
http://faunayflora.blogspot.com.es/2012/05/ya-podemos-llamarlo-por-su-nombre.html
Agradecemos a Moncho Pato a información, e recomendamos moito, moito, pero moito, que visitedes a súa páxina, porque non ten desperdicio. As galerías de fotos de insectos son impresionantes. E as de cogomelos simplemente preciosas.
Deixámosvos un enlace.
http://www.faunayflora.blogspot.com.es/
(Para os que vos gusten os Hygrocybe as fotos son chulísimas) |
|
|
|
Carreretas a 20 euros |
|

E logo, que veñen sendo as Carreretas?? pois como podedes apreciar na foto, son as nosas Sendeiriñas de toda a vida!
A foto está sacada en Barcelona, no mercado da Boquería, e non van baratas, a 20 euros/quilo. Aínda que pensandoo ben, para xuntar un quilo e co traballo que da apañalas tampouco son tan caras.
Agradecementos a J.M. Costa por pasarnos a foto.
|
|
|
|
Sorpresa en Mondoñedo!! |
|
 Hoxe en Mondoñedo... Pensei que abríramos unha sucursal e non me enterara!! |
|
|
|
Milimétricas |
|

Podemos velas porque nacen en conxunto, porque ver un só exemplar destas miniaturas sería case un milagre.
Foron identificadas no foro de micologia.net como Comatricha nigra (Pers.) J. Schröt. , e agradecemos a axuda porque no campo dos mixomicetos andamos un pouco perdidos...
Recordade que non falamos de basidiomicetos nin ascomicetos, é máis, hai algúns autores que nin sequera consideran que esto poida estar dentro do mundo micetal, vamos que non serían nin sequera fungos...
Polémicas a parte, son moi bonitos pero son moi pero moi pequenos, e moi difíciles de fotofrafiar, perdoade que as fotos estén algo movidas.
Foron atopados medrando sobre madeira de eucalipto apilada á beira dunha estrada na parroquia de Zas, polo que é un cromo máis dos que atopamos no Val.
Deixamos un enlace para os que queirades saber algo máis desta especie, ou ver algunhas destas fotos chulísimas que encontramos pola arañeira:
http://www.fotonatura.org/galerias/micologia/378723/
http://www.flickr.com/photos/txapelaundi/5309079742/
http://www.bioinfo.org.uk/html/t2100.htm
|
|
|
|
O que avisa... |
|
 Xa o di o refrán: "O que avisa non é traidor", e se fai falla poñer carteis para avisar, póñense e listo!!
|
|
|
|
Últimas novas sobre cogomelos na TVG |
|
Cada vez que chega o outono proliferan as novas nos xornais e na televisión sobre a chegada dos cogomelos. Hai veces que nos recomendan precaución, outras ensinannos cogomelos xigantes ou de tamaño desproporcionado, e tamén ás veces por desgraza, fálannos de graves intoxicacións que enturbian o maravilloso mundo da micoloxía.
Deixámosvos uns exemplos das últimas novas que apareceron recentemente na TVG, con especial referencia á primeira delas, na que saen os compañeiros da Asociación Micolóxica Lucus, e aparece Xosé Castro, ó que aproveitamos para mandarlle un agarimoso saúdo por se nos le.
Parece ser que en Arteixo atoparon uns cogomelos xigantes de máis de 1 metro de diámetro,... o que chama a atención é a cantidade deles que aparecen na mesma leira... pero ou se aprecia mal ou en vez de diámetro igual quixeron dicir perímetro non?
COGOMELOS XIGANTE EN ARTEIXO
OS MICOLOGOS RECOMENDAN PRECAUCIÓN
|
|
|
|
Hábitat asfáltico |
|
 Non é que os cogomelos aparezan en lugares extranos, é que somos nós os que invadimos os seus hábitats, e por iso ás veces recórdannos que eles estaban alí primeiro.
É o caso deste cogomelo que atopamos na Rúa Sercedo en pleno casco de Negreira, medrando sobre o asfalto. Había outros 4 exemplares ó seu lado pero non sobreviviron neste hábitat tan hostil.
Posiblemente se trate dun Coprinus atramentarius, unha especie que é comestible pero que resulta tóxica se se consome con bebidas alcohólicas. |
|
|
|
Nunca te deitarás sen saber unha cousa máis... |
|

Navegando pola rede atopámonos cunha sorprendente páxina dunha empresa de Zaragoza, chamada Brezo Setas S.L.
Esta empresa adícase á liofilización de cogomelos. E que ven sendo esta cousa tan rara da liofilización?
Pois ven sendo algo así, como deshidratar os cogomelos pero sen que estes perdan a súa forma nin a súa cor. Empréganse determinados parámetros de sublimación, pasando de estado sólido ó gaseoso sen pasar polo líquido. Esto é o que se nos di na páxina web... realmente interesante!
É un sistema que esta empresa ten patentado e que ten por finalidade ofrecer eses produtos a sociedades micolóxicas, museos, exposiciones,coleccionistas, etc...
Deixamos o enlace para que visitedes esta páxina e unha foto dunha Amanita vaginata para que vexades o resultado...
http://www.brezosetas.es/empresa.htm |
|
|
|
Chega a neve ó Val de Barcala |
|
A neve chegou este ano ó Val de Barcala, e xa había ben tempo que non a viamos por estas latitudes...
Parece díficil que algún cogomelo resista estas xélidas baixadas do termómetro, xa que sempre nos ensinaron que prefiren temperaturas suaves,... pero o mundo dos fungos nunca deixa de sorprendernos e de internet collemos prestada esta curiosa imaxe. Unhas macrolepiotas, (posiblemente Macrolepiota procera)nacendo do medio do xeo. Realmente incrible!!!
Dentro de pouco imos ter que ir pensando en mercar uns esquís como parte do equipo do apañador de setas... |
|
|
|
Non é unha montaxe...ou si? |
|
Xa que son datas de non sair moito ó monte, aproveitamos para poñer algunha curiosidade micolóxica das gardadas no baul. Esta en concreto está sacada na provincia de Lugo, en concreto no concello de Abadín, alá polo ano 2004.
Nunha zona de pinar con gando salvaxe, atopamos estas Russulas, unha a cabaloo da outra. Aínda que non é fácil atopalas deste xeito, parece ser que neste xénero non é raro esta curiosidade micolóxica.
Investigaremos a que se debe. |
|
|
|
4 intoxicados na Estrada por Amanita phalloides |
|
Aínda que pareza incrible, tódolos anos aparece algún caso de intoxicación por Amanita phalloides. Neste caso no concello da Estrada; por sorte non houbo que lamentar mortes e parece que todo quedou nun susto...
|
|
|
|
Un cogomelo de máis de 5 quilos de peso |
|
Case tódolos anos aparece no telexornal unha nova coma esta, a de alguén que atopa un cogomelo xigante... Seguramente se trate dunha Langermannia gigantea (Batsch.: Pers.)Rostk. unha especie que precisamente é facil de recoñecer polo seu tamaño. É comestible cando é nova, xa que despois ablándase e ten un sabor e un olor desagradable.
Aínda que no video se di que mide 1,44 de diámetro,... refírese ó perímetro, porque con 1,44 de diámetro o señor non a ía dar collido...
|
|
|
|
Euromillón micolóxico |
|
Ter a oportunidade de coñecer un micólogo que lle poña o nome a unha nova especie é algo que non pasa tódolos días.
Ter a oportunidade de escoitar unha conferencia del sobre o xénero do que é especialista é unha auténtica sorte.
Encontrar a seta que leva o seu nome é unha fortuna, sobre todo tendo en conta que a seta aparece tan só uns días ó ano e despois desaparece e non hai posibilidade de vela noutras épocas.
Pero ir ó monte, co micologo en cuestión e encontrar a seta en cuestión é algo así como que che toque o euromillón micolóxicamente falando.
Pois esto é o que vedes na foto. Jaime Blanco Dios, sostén na súa mán un Leucocoprinus castroi Blanco Dios, especie descrita por el por primeira vez e á que lle puxo ese nome en homenaxe á Marisa Castro.
Se queredes coñecer máis desta especie póñovos este enlace da Universidade de Vigo:
http://webs.uvigo.es/micoloxia/leucocoprinus-castroi.htm
Pois o dito, que esto micolóxicamente falando debe ser o máis parecido a que che toque o euromillón... que sorte tivemos!! |
|
|
|
|
|
|