Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Parte meteorolóxico


Xa falta pouco,... xa nos nosos ollos se empeza a ver un brillo especial... Tanta espera, ten que merecer a pena...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2011 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Adiada a Exposición de Sendeiriña
Aínda que intentamos ser optimistas, a realidade manda, e a realidade é que todo está tan seco que é imposible que para o próximo domingo atopemos algo que expoñer.

Polo tanto ADÍANSE AS DÚAS EXPOSICIÓNS DE SENDEIRIÑA, previstas para o domingo 23 e o luns 24. E adíase tamén a saída do sábado 22.

As novas datas, para as que esperamos poder contar coa axuda das altas instancias metereolóxicas son os días 13 e 14 de novembro co mesmo horario e lugares. A saída para a preparación da exposición será polo tanto o 12 de novembro.

Crucemos todos os dedos e poñamos velas e limosnas ós santos todos e se fai falta saír en procesión saímos...

Deixámos os enlaces dos álbumes das exposicións dos últimos anos para ir quentando motores... non desesperedes!!

http://www.blogoteca.com/sendeirinha/index.php?gal=2719


http://www.blogoteca.com/sendeirinha/index.php?gal=3209
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2011 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Sendeiriña na prensa
O pasado venres 7 de outubro a prensa fíxose eco das actividades outonais de Sendeiriña.

Podedes velo facendo clik neste enlace.

No xornal non puxeron foto ningunha pero aproveitamos para poñervos este exemplar recollido a principios do mes pasado, a ver se serve para conxurar ós deuses da choiva e chove dunha vez!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-10-2011 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Leucocoprinus castroi no Val de Barcala
Menuda sorpresa que levamos cando atopamos isto:



Unha especie tan bonita e delicada tiña que ser algo importante!! E efectivamente, despois de confirmalo co propio descubridor do cogomelo, podemos dicir que se trata dun Leucocoprinus castroi Blanco-Dios.

Ata en catro sitios diferentes o atopamos estes días. Infórmanos Blanco-Dios, que ó ser unha especie saprófita pode atoparse tanto en carballeiras como en piñeirais e así o puidemos comprobar.

Por se non vos lembrades esta especie atopáramola no Encontro do Arco Atlántico de Ferrol (pica aquí para lembralo)e xa daquela nos parecera todo un acontecemento, así que estamos encantados de telo atopado agora preto da casa.

Deixámosvos un enlace para os que queirades ampliar as vosas guías con esta nova especie para a ciencia.

http://revistes.iec.cat/index.php/RCMic/article/viewFile/3658/49652
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-09-2011 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Boletais ó poder!!
Estes días no Val de Barcala pódese falar dunha auténtica "explosión micolóxica".

Se tivéchedes a sorte de facer algunha mini ou maxi escapada ó monte, veríades que os cogomelos non se fixeron de rogar e irromperon con forza neste inicio de temporada. As choivas de fai semanas e as altas temperaturas, fan que as condicións de humidade sexan favorables, así que o monte é un paraíso neste momento para os amantes da micoloxía.

En especial estes días, os Boletais parece que se puxeron dacordo para sair, e bótanse ós camiños, ás corredoiras, e ata ós prados... Levantan o musgo para facerse un sitio, (coma o da foto) ou fanse ver á beira da estrada desafiando o asfalto.

Poderíamos colgar centos de fotos, e poñerlle os dentes largos a aqueles que non poideron ir ó monte, pero de momento imos aprazalo...

O que queremos é ensinarvos dúas especies atopadas durante a última fin de semana, que non é a primeira vez que se atopan no Val, pero que tampouco son das máis habituais.




A primeira delas é un Gyroporus cyanescens (Bull.:Fr) Quél. O nome común sería Camaleón azul, e é que ó corte toma unha intensa cor azul-violácea. Tamén se caracteriza esta especie por ter un pe moi cavernoso. Tanto, que o exemplar que collemos para a foto parteuse por este motivo.



É unha especie considerada por algúns como excelente comestible, pero nalgúns manuais dise que é unha especie rara polo que se desaconsella a súa recolecta. Atopamos 6 exemplares en total, e, salvo o da foto, o resto foron indultados.

A segunda especie da que vos queremos falar é un Boletus calopus Pers. O nome vulgar é Andoa amarga; non é unha especie tóxica pero o seu sabor tan amargo, fai que non sexa comestible.

A cor do sombreiro, podería facernos pensar no temido B. satanas, pero o Boletus calopus diferénciase perfectamente por ter un retículo branco marcado no pe, e sobre todo por que os poros son de cor marelo, mentres que son vermellos ou alaranxados no B. satanas.



A carne azulea ó corte, pero fixádevos que o pé so azulea no ápice, na base toma tonos roxizos ou ocres.

Xa vedes, estes días o monte é un paraíso, non deixedes de aproveitar, que o outono logo pasa...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-09-2011 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
As primeiras phalloides do ano!!





Poderá haber moitos cogomelos o resto do ano, pero cando aparecen as primeiras phalloides é como se déramos o "pistoletazo" de saída.

Elas son as raíñas, e é como se ó atopalas xa soubéramos que o espectáculo vai comezar; como se elas deran permiso para que tódolos demáis cogomelos empecen a asomarse... -Xa podedes saír! Veña, xa é o momento!!

As fotos que vedes son desta mañá, e con elas, e sendo un pouco optimistas, imos dar por inaugurada a temporada ou pre-temporada no Val de Barcala do outono 2011.

Este ano a cousa empeza cedo e promete!!! Crucemos os dedos para que non se torza.










Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2011 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso fotográfico micolóxico





Os compañeiros da Agrupación Micolóxica de Vilagarcía A Cantarela envíanos as bases para a participación nun concurso fotográfico que organizan tódolos anos. Deixámos mostra do cartel coa foto gañadora do ano pasado e tamén as bases por se algúen quere animarse a participar.











Para máis información tamén podedes visitar a súa web: www.cantarela.org



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2011 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Últimos días!!
AVISO URXENTE!!!

Recordade que o prazo para a inscrición do Congreso de Cantabria remata o 31 deste mes! A partir desa data o prezo increméntase nun 20%.


Máis información: http://www.somican.es/VI%20Encuentro%20Internacional.pdf
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2011 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Algunhas cousiñas que se poden ver estes días no Val de Barcala

Mentres que por terras lucenses xa atoparon os primeiros exemplares de Amanita Cesarea da temporada, (desexamos que non sexan os últimos) no Val de Barcala non tivemos esa sorte (non perdemos a esperanza eh!!!)

Poren, nas últimas saídas atopamos dúas especies, que nada teñen que ver con tan preciado manxar, pero que tampouco se ven tódolos días e que son moi bonitas é fotoxénicas; unha delas aínda non a tiñamos na fotoblogoteca polo que foi toda unha sorpresa.

A primeira, un Laetiporus sulphureus (Bull.: Fr.) Murrill, portada do libro de Marisa Castro "Guía dos cogomelos comúns de Galicia". É unha especie que parasita frondosas, os exemplares da foto en concreto medraban sobre un carballo. Cando é nova é unha especie cunha fermosísima cor laranxa. (seguramente a cor moi parecida a unha Amanita caesarea, pero como nunca vimos unha en vivo e en directo, non podemos comparar...)



Trátase dunha especie que pode resultar algo tóxica en cru e cando é vella, pero comestible se está ben cociñada. Non a probamos e dá a impresión de que vai acadar unha gran dimensión, así que a deixamos medrar...


E tamén estes días atopamos outra especie de gran tamaño. Se fai uns días poñiamos unha foto dunha Sparassis crispa, medrando ó pe dun piñeiro, hoxe tócalle a unha prima irmá,unha Sparassis brevipesKrombh.

A foto é do día 17 de agosto, o exemplar nacía ó pe dun toco dunha árbore, posiblemente dun carballo.




No libro Cogomelos de Galicia, dise que é unha especie rara, polo que é unha sorte podela atopar no noso Val.


Seguimos buscando a Amanita caesarea, non desesperedes!!!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2011 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cogomelos de verán


Mes de Agosto, despois dunha primavera seca,... no Telexornal xa empezan a falar de problemas de abastecemento... e non hai previsión de chuvia!

As expectativas non son boas micolóxicamente falando, pero non perdamos a esperanza, non nos olvidemos de que tamén existen cogomelos de verán, e un paseo polo monte sempre pode depararnos algunha sorpresa.

A foto é do pasado domingo (07/08/2011), ó pe dun piñeiro (bastante gordo por certo). Os exemplares superan os 20 cm. de ancho, un deles estaba arrincado e colocámolo para a foto.

Trátase dunha Sparassis crispa (Wulfen) Fr., tamén coñecida como Seta Coliflor unha especie que temos encontrado no outono e que é bastante habitual no noso Val.

Para máis información sobre este cogomelo podedes premer neste enlace:

http://www.fungipedia.es/clasificacion-orden/basidiomycota/cantharellales/509-sparassis-crispa.html

En canto á comestibilidade hai diferentes e moi variadas opinións, para algúns unha delicatessen e para outros non recomendable por poder producir efectos laxantes... Nalgunha web consideran que é unha especie ideal para deshidratar. En calquera caso habería que limpala moi pero que moi ben salvo que nos guste mastigar terra.

E agora veñen as curiosidades sobre esta especie. No outono soen aparecer novas na prensa sobre cogomelos enormes, descomunais, de record, e esta especie soe ser unha das protagonistas, cando realmente o normal é que o seu tamaño e peso sexan grandes!!

Deixamos un exemplo, do ano pasado,

http://www.antena3.com/noticias/sociedad/seta-record-sierra-madrilena_2010111100065.html#


O título da noticia sorprende:

"UNA "COLMENILLA" DE TRES KILOS Y MEDIO"

Una seta de récord en la sierra madrileña
Casi tres kilos y medio de seta 'colmenilla', aproximadamente diez veces más que un ejemplar normal. La ha encontrado un vecino de San
Agustín del Guadalix."


Menos mal, que temos medios gráficos para saír do noso asombro. O que o periodista identifica como "colmenilla", realmente é un exemplar de Sparassis crispa, bastante grande pero dende logo non para entrar no libro do guinness.









Más vídeos en Antena3


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-08-2011 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Nunca chove a gusto de todos
É certo, temos o blog un pouco abandoado!... e poderíamos poñer a desculpa de que estamos no mes de Agosto e estamos na praia, pero con este mapa do tempo quen nos ía crer???

Non se fala doutra cousa! Que en Galicia o verán só dura un día, que só temos dúas estacións, que os do Sur teñen moita sorte...

E igual parece que os amantes da micoloxía estariamos moi contentos con este tempo... Pero as chuvias foron tan escasas que nin sequera micolóxicamente foron proveitosas.

En fin, que nunca chove a gusto de todos, pero xa que ten que facer mal tempo, podía chover un pouquiño máis!!!

O único que ten de positivo este tempo é que apenas se oe falar de incendios e isto si é algo do que debemos alegrarnos.

Deixamos a predicción para a próxima semana.








Como podedes ver, o domingo van caer dúas gotas de auga contadas e o resto da semana nada de nada... Seguiremos agardando...






Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2011 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos facebook!!!
Xa podedes seguirnos tamén no facebook. Non tedes máis que buscarnos por Asociación Micolóxica Sendeiriña, ou pinchar neste enlace.

http://www.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-Micol%C3%B3xica-Sendeiri%C3%B1a/211595012194027
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-05-2011 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Xa empezan a asomar as orellas
Mentras na Semana Santa os cofrades suspiraban por non poder sacar as procesións polo mal tempo e a choiva, os afeccionados a micoloxía frotábamonos as mans. Esas chuvias foron de ouro para os cogomelos que agora empezan a asomar as orellas.

Fixemos unha mini-saída ó monte e deixamosvos un pequeno informe fotográfico do que xa pode empezar a atoparse polo Val de Barcala. Amanitas, algún Pluteus, Russulas, e tamén algunha cousiña que botar na tixola. Este ano promete ser un bo ano de Cantharellas e senón mirade díametro dos pes dos que vos poñemos na presentación.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-05-2011 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Museo da Trufa... en proxecto
De momento é só un proxecto, pero deixámosvos esta nova que se publicaba no Diario de León sobre a construcción dun museo da trufa e dos hongo na zona do Bierzo.

Como será a sensación de ser unha trufa e ser encontrada por un can? Pois esa é unha das cousas que nos vai ensinar este museo.

A ver, ser vai adiante e temos unha disculpa perfecta para facer unha excursionciña.


El Museo de la Trufa brota en Berlanga ( Diario de León - 24/04/2011 )

El Museo de la Trufa brota en Berlanga

El Ayuntamiento licita el proyecto del edificio de exposiciones y la plantación para el cultivo del hongo

Han sido necesarios cuatro años para que su «cultivo» diera frutos. Pero al fin el Ayuntamiento de Berlanga dispone ya de todos los parabienes administrativos y económicos para que el Museo de la Trufa y los Hongos ocupe un lugar destacado dentro de los alicientes turísticos del municipio y quién sabe también si en el porvenir económico de esta zona del Bierzo tan ligada al carbón; entre Fabero y Toreno.

El consistorio dispone desde hace varias semanas del proyecto técnico definitivo para la ejecución de las obras, que se costearán con los fondos Miner que gestiona la Junta de Castilla y León. Y en estos momentos se ha cursado ya invitación a cuatro empresas para que presenten ofertas para poder empezar los trabajos en un horizonte que según las condiciones de la Administración autonómica para los proyectos singulares que se financian con dinero para la diversificación de las cuencas no puede ir más allá del mes de noviembre de este año.

«El Museo de la Trufa y los Hongos será un edificio singular, moderno y del siglo XXI, pero con la pretensión de estar perfectamente integrado en la trama de la localidad de Berlanga», expone en términos generales la arquitecta que ha redactado el proyecto, Sara González, entre los gestos de asentimiento y satisfacción del alcalde, César Álvarez.

El nuevo centro surgirá en el centro del pueblo de la pequeña aula que existía dedicada al castaño. A la planta actual de 250 metros se unirá una segunda, con lo que la sede museística dispondrá de casi 500 metros cuadrados en los que los visitantes podrán asistir a audiovisuales sobre los hongos, las setas y especialmente las trufas, y también a exposiciones didácticas.

El diseño contempla también una caja cerrada en el epicentro de la sala -"un cubo sensitivo-" a través de la que el público podrá percibir distintos olores evocadores de las distintas especies de hongos que existen, incluso sensaciones como la humedad o la temperatura.


Eficiencia. La inversión que se realizará ascenderá a 250.000 euros. El edificio central será una construcción energéticamente sostenible para abaratar costes de mantenimiento. Con caldera de biomasa para el sistema de calefacción y placas solares para la climatización estival y unos ventiladores que trasladarán el aire frío de los sótanos. El acceso principal al edificio se realizará a través de la planta primera, mediante un pequeña plaza. En el interior los visitantes o amantes de la trufa y sus «hermanos» disfrutarán de un completo sistema expositivo, compuesto por paneles informativos, elementos interactivos -"ordenadores o lupas-" y pantallas audiovisuales. Entre ella se espera que llame la atención la que bajo cubierta proyectará «La trufa bajo tierra».


Plantaciones y degustaciones. «Los visitantes tendrán la sensación de ser descubiertos bajo tierra por un perro buscador de trufa que hunde su hocico sobre nuestras cabezas, para encontrarnos», anticipa la arquitecta autora del diseño.

En el exterior el proyecto prevé además el acondicionamiento de una plantación de encina micrrorrizada, de 2.000 metros de superficie, dotada de un sistema de goteo, idónea para el crecimiento de la trufa. Desde colegios a aficionados a las setas hasta hipotéticos emprendedores podrán seguir de este modo demostraciones acerca de la localización de estos codiciados hongos , mediante perros buscadores de trufa y contemplar como éstas se desarrollan asociadas a las encinas micorrizadas.

También, anuncia el alcalde de Berlanga, será posible asistir a degustaciones realizadas por varios cocineros de la zona que participan en este proyecto desde sus inicios, tanto de setas, como de productos cocinados con trufas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-04-2011 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Oasis micolóxico (3ª parte)

Que non vos convencían as nosas últimas proposicións de Oasis micolóxicos?? pois aquí chega unha nova proposta, pero esta si que é a derradeira!! Máis xa non podemos facer!!

Se estamos cansados de levantar paus, buscar en todo tipo de excrementos entre as herbas, e andar quilómetros sen atopar nada interesante,... dende Sendeiriña propoñemosvos un novo "Oasis micolóxico", este non nos convence moito, é bastante máis aburrido que os outros dous.
Pero iso si, podedes ter a seguridade de que ides atopar cousas ás que chantarlle o dente. Trátase duns lugares con carteis luminosos e todos cheos de estanteirías, e moi preto das vosas casas, son hábitats ós que chamamos froiteirías, ás veces son hábitats mixtos e daquela chamámoslles supermercados... e alí podemos encontrar unha variedade que realmente pode chamarnos a atención, ata trufas!!

Deixámosvos algunhas das especies que podedes atopar nestes Oasis, a foto de abaixo pertence a unha recollida de Pleurotus eryngii De Candolle.:Fries) Quélet.(un regalo feito á nosa presidenta, polo que non podemos decirvos a localización exacta do hábitat)

E á dereita uns exemplares da famosa seta de ostra, ou Pleurotus ostreatus (Jacq.) P. Kumm. , moi abundante en calquera hábitat, micorriza, estanteirías, caixas da froita, bandexas de pvc, botes de cristal e ata latas!!!

Non nos digades que non volo poñemos fácil,... o que non atope cogomelos con estas nosas recomendacións non ten disculpa que vala.

De Pleurotus eryngii comprados


Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2011 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis