Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

E iso dos Luns micolóxicos que ven sendo?



Tódolos luns dende o 3 de outubro ó 5 de novembro, no último andar da Casa da Cultura de Negreira, ás 20:30, temos luns micolóxicos. O que se ofrece nesta actividade, é un servizo de identificación e clasificación de especies aberto a calquera persoa que se achegue.

Este ano, como novidade intentaremos tamén facer alguna práctica de microscopía para iniciarnos neste fermoso mundo.

Se estades interesados en participar só tendes que acudir cada luns ó local de Sendeiriña.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2016 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
Ampliado prazo do Sendeiriña Prix

AMPLIADO PRAZO DO SENDEIRIÑA PRIX!! Tedes ata o 10 de decembro para procurar os cogomelos seleccionados!





Sendeiriña Prix


OBXECTIVO.- O “Sendeiriña PRIX” e unha actividade organizada pola “Asociación Micolóxica Senderiña Nicraria Tamara” que ten por obxectivo fomentar a micofilia e a fotografía micolóxica.

OBXECTO: Trátase de un concurso, no que os participantes terán que atopar as 6 especies de cogomelos que se propoñan, antes da data sinalada.

BASES


PARTICIPANTES: Pode participar no “Sendeiriña Prix” calquera persoa, ainda que non sexa membro da Asociación.

Os cogomelos que será preciso atopar para esta edición son:

- Amanita muscaria. (En calquera das súas variedades)
- Marasmius oreades (A sendeiriña non podía faltar no noso listado)
- Sparassi crispa (Cogomelo coliflor)
- Laccaria amethystina
- Clathrus archeri
- Gliophorus psittacinus
, (antes Hygrocybe psittacina)


- Para acreditar que un participante atopou un cogomelo é preciso como mínimo, sacar dúas fotos, unha do cogomelo no que poida apreciarse claramente as súas características identificativas e outra na que se vexa ó participante é ó cogomelo.

- As fotos deben ser de este ano,do período comprendido entre o 08/10/2016 ó 10/12/2016

- Para participar no Sendeiriña Prix, as fotos deben subirse o facebook de Sendeiriña ou ó grupo de Whasspat creado ó efecto. Calquera que o solicite pode pedir a inclusión en este grupo escribindo un correo a senderina@yahoo.es e facilitando un número de teléfono.

PRAZO: A data límite para atopar os cogomelos é o 10/12/2016. Farase entrega dos premios na Cea de Fin de temporada a celebrar no Restaurante O Rueiro.

PREMIOS*:


- Para o que atope 4 especies, un lote de revistas Tarrelos.
- Para o que atope 5 especies, un lote de Tarrelos e un lote de productos Sendeiriña, que inclúe mochila, gorro, braga e chaleco.
- Para o que atope as 6 especies, un lote de Tarrelos, un lote de productos Sendeiriña e o convite da cea de Sendeiriña no Restaurante o Rueiro.

*Se houbera varios participantes que atoparan o mesmo número de especies, o premio sortearase entre eles.

Non serán válidas aquelas fotografías que pola súa calidade impidan identificar claramente o cogomelo proposto. En caso de dúbida, poderase consultar con un asesor externo á Asociación.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2016 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Corre a renovar a túa cota!

Lembrade que xa está aberto o prazo para o pago das cotas de socio do ano 2016. Para todos aqueles que o fagades e para os novos socios, Sendeiriña agasallaravos con este pequeño cesto.

Trátase dun cesto feito de xeito totalmente artesanal, e que ademáis está homologado para o cumprimento da normativa actual sobre aproveitamentos micolóxicos, para que non vos pasedes dos dous quilos que marca o Decreto.

Corre a renovar a túa cota!! Que se rematan!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2016 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Sendeiriña Prix

Comeza a temporada outonal, e como non todo vai ser comer, dende Sendeiriña queremos propoñervos un concurso para que rebusquedes nas vosas guías e vos tiredes ó monte cámara en man, á procura dos cogomelos escollidos.

O concurso chámase "Sendeiriña PRIX" e as bases podedes lelas á continuación:




Sendeiriña Prix


OBXECTIVO.- O “Sendeiriña PRIX” e unha actividade organizada pola “Asociación Micolóxica Senderiña Nicraria Tamara” que ten por obxectivo fomentar a micofilia e a fotografía micolóxica.

OBXECTO: Trátase de un concurso, no que os participantes terán que atopar as 6 especies de cogomelos que se propoñan, antes da data sinalada.

BASES


PARTICIPANTES: Pode participar no “Sendeiriña Prix” calquera persoa, ainda que non sexa membro da Asociación.

Os cogomelos que será preciso atopar para esta edición son:

- Amanita muscaria. (En calquera das súas variedades)
- Marasmius oreades (A sendeiriña non podía faltar no noso listado)
- Sparassi crispa (Cogomelo coliflor)
- Laccaria amethystina
- Clathrus archeri
- Gliophorus psittacinus
, (antes Hygrocybe psittacina)


- Para acreditar que un participante atopou un cogomelo é preciso como mínimo, sacar dúas fotos, unha do cogomelo no que poida apreciarse claramente as súas características identificativas e outra na que se vexa ó participante é ó cogomelo.

- As fotos deben ser de este ano,do período comprendido entre o 08/10/2016 ó 03/12/2016

- Para participar no Sendeiriña Prix, as fotos deben subirse o facebook de Sendeiriña ou ó grupo de Whasspat creado ó efecto. Calquera que o solicite pode pedir a inclusión en este grupo escribindo un correo a senderina@yahoo.es e facilitando un número de teléfono.

PRAZO: A data límite para atopar os cogomelos é o 03/12/2016. Farase entrega dos premios na Cea de Fin de temporada a celebrar no Restaurante O Rueiro.

PREMIOS*:


- Para o que atope 4 especies, un lote de revistas Tarrelos.
- Para o que atope 5 especies, un lote de Tarrelos e un lote de productos Sendeiriña, que inclúe mochila, gorro, braga e chaleco.
- Para o que atope as 6 especies, un lote de Tarrelos, un lote de productos Sendeiriña e o convite da cea de Sendeiriña no Restaurante o Rueiro.

*Se houbera varios participantes que atoparan o mesmo número de especies, o premio sortearase entre eles.

Non serán válidas aquelas fotografías que pola súa calidade impidan identificar claramente o cogomelo proposto. En caso de dúbida, poderase consultar con un asesor externo á Asociación.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2016 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Saída de Sendeiriña


Aínda que teñamos showcooking o sábado, lembrade que o domingo día 15 pola mañán temos saída. Coma sempre ás 10:00 partimos do aparcamento que hai diante da Casa da Cultura de Negreira. Imos ir a un sitio de preto e contamos estar de volta ás 13:00.



Aproveitamos o aviso, para ensinarvos unha foto que nos fixo chegar un socio, co seguinte comentario: "O que nos podemos perder por non facer unha extracción coidadosa..."



Non podemos estar máis dacordo!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2015 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Saída e exposición
Este sábado 7 de novembro temos saída de Sendeiriña para recollida de exemplares para o domingo. Marchamos ás 10:00 de diante da Casa da Cultura e estaremos todo o día polo que compre que levedes bocadillo. Se somos moita xente faremos varios grupos e decidiremos nese momento repartirnos en hábitats diferentes.

Temos feito un grupo de Whatsapp para estar en contacto e non repetir especies, se queredes participar na recollida, clasificación, etc... non tendes máis que mandar un correo a sendeirina@yahoo.es co voso móvil para que vos engadamos ó grupo.

Coma sempre deixamosvos unhas recomendacións para a recollida:


1.- Os cogomelos deberan recollerse enteiros. Con moito coidado e sen escrabellar na terra métese o coitelo ou a navalla e con un xiro de pulso despréndese o cogomelo. Recordade: EXTRACCIÓN COIDADOSA!! Evitarase arrincar parte do micelio e por suposto usar rastrillos ou alterar o entorno no que se encontre o cogomelo.



2.- Collerase só un ou dous exemplares de cada especie, escollendo aquelas que se encontren en mellor estado, podendo ser un exemplar novo e outro maduro. Aínda que encontredes moitos exemplares dunha mesma especie, o espazo que temos para a exposición é limitado polo que non poderán poñerse todos.



3.- Evitarase coller aqueles cogomelos que xa estean pasados, parasitados ou os que non se encontren enteiros. Esto é importantísimo!!! É mellor que traiades menos cogomelos pero os que cheguen en bo estado. Os cogomelos pasados ou en mal estado é moito mellor deixalos no monte e que sigan cumplindo coa súa función ecolóxica. Recordade que a exposición pretende ser un espazo didáctico polo que os cogomelos deben ser representativos da especie, presentar as características básicas e que estas se aprecien ben.


4.- Para a recollida nunca deberán usarse bolsas de plástico. Os cogomelos son moi delicados, dentro da bolsa estragaríanse. Se alguén ten unha caixa con separadores sería ideal para aquelas especies que son pequenas e que se metemos na cesta serían aplastadas por outras. Levar un anaco de papel de aluminio tamén é moi práctico, e con este sistema e con un pouco de auga os cogomelos poden conservarse varios días na neveira.


5.- Tódolos cogomelos que se descarten e que finalmente non sexan expostos, deberán ser devoltos ó monte, evitando tiralos nos contedores do lixo.


6.- Recomendamos tamén que como en calquera saída, non vaiades sós ó monte e que se o facedes levedes con vós un teléfono móbil deixando indicacións do sitio ó que tendes pensado ir.

E por suposto para os que non poidades vir axudar, e queredes visitar a exposición, estaremos o domingo de 10:00 a 14:00 diante da Casa da Cultura de Negreira.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2015 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Exposicion SMLucus




















Este ano coincidimos en datas case todos, e os de Lucus tamén!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2015 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Cee






















Espectacular o cartaz de este ano dos de Pan de Raposo!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2015 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Feira de Cogomelos nas Pontes

Empezan os días fortes de actividade micolóxica, de aquí nun mes, esto vai ser non parar...

Deixamos o cartaz da Feira de Cogomelos das Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2015 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Posible Amanita ochraceomaculata

Levabamos moito tempo sen publicar ningún cogomelo, e non é porque este ano estea sendo malo, é por falta de tempo! Pero este luns, no obradoiro micolóxico, un socio de Sendeiriña trouxo uns exemplares de Amanita que nos fliparon e alá fomos a sacarlle uns retratos.

Identificámola como Amanita ochraceomaculata, xa que coincide bastante ben coa descripción que aparece no libro 500 Cogomelos do Litoral Atlántico e Noroeste Peninsular. Despois de moitas dúbidas coa cor, chegamos a conclusión de que se trata dun gris topo; e con esas placas brancas e manchadas de ocre non se nos ocorre ningunha outra, pero aceptamos aportacións.

En calquera caso é un cogomelo ben bonito que deu moito que falar estes días no Val de Barcala.


Amanita ochraceomaculata
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2015 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Revisando as cacharelas do San Xoan


É o momento de revisar as cacharelas de San Xoan... Un hábitat ben interesante para atopar cousiñas.

Posiblemente Pyronema domesticum (Sowerby) Sacc.. Atopada nos restos da fogueira de San Xoan en Ceilán, no Concello de A Baña.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-08-2015 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de palitroquear

É tempo de palitroquear, (en sentido friquimicolóxico, darlle volta ós palitroques) ás veces aparecen sorpresas como estas... alguén parece que cosera un anaco de veludo nesta poliña de castiñeiro... Terana coerulea (Lam.) Kuntze


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2015 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Últimas subidas á fotoblogoteca
Andamos poñendo orde e limpeza no blog. Xa sabedes ano novo, propósitos novos.
Deixamos as últimas fotos que fomos subindo a fotoblogoteca, tamén actualizamos algúns nomes de cogomelos de fotos que estaban desactualizadas.

Un saúdo.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2015 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Humor Davila

Xa se sabe, cada día aparecen novas especies!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2015 07:52
# Ligazón permanente a este artigo
Boas festas a todos































Dende Sendeiriña queremos desexarvos para o 2015 todo o mellor, e que este sexa un ano cargado de moitos e moi interesantes cogomelos .
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2014 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis