Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo blog de cociña micolóxica
Dende Ourense, chéganos unha invitación para que visitemos este blog sobre Cociña de Cogomelos, a cargo de Conchi Zuñiga, socia da Asociación "Os Cogordos".

Merluza ó forno con cogomelos, sopa de sendeiriñas, ovos de codorniz trufados sobre cama de crema de calabacín,... son algunhas das delicatessen que podemos encontrar nesta novidosa páxina... e só de ver as fotos faisenos a boca auga.

Deixámosvos o enlace e tomade nota porque algunhas destas receitas imos ter que probalas...

http://www.cocinandosetas.com/

De fotos e debuxos do blog
Comentarios (1) - Categoría: Gastronomía - Publicado o 24-01-2011 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
XVI Feira de Cogomelos de Xermade
Ainda que xa van pola XVI edición en Sendeiriña non coñecemos esta Feira, e encantaríanos saber máis dela, así que se alguén a coñece que non dubide en informarnos e contarnos en que consiste.

É este sábado día 23 de outubro no concello de Xermade, na provincia de Lugo. Nestas datas non damos abasto, entre tantas actividades!!

Deixamosvos tamén un enlace da nova que sae no xornal.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


http://elprogreso.galiciae.com/nova/65046.html
Comentarios (0) - Categoría: Gastronomía - Publicado o 23-10-2010 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Cogomelos con ameixas
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Unha combinación de sabores de mar e monte...
Comentarios (0) - Categoría: Gastronomía - Publicado o 18-03-2010 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Nova categoría: GASTRONOMÍA

Xa algúns a viñan botando en falta, así que queda inaugurada esta nova categoría adicada á Gastronomía micolóxica.
E facémolo cunha receta de licor de Cantharellus cibarius que collemos doutro blog que apareceu fai pouco na blogoteca e que aproveitamos para deixar o enlace e visitedes.

http://www.blogoteca.com/trasapistadaamanita/index.php

A receta é a seguinte:

Ingredientes:

- 250 g de Cantharellus Cibarius
- 1/2 litro de augardente
- 350 g de azucre
- 1/2 litro de viño branco
- canela en rama ó gusto.


Preparación:

Nun recipiente de cristal mestúranse os cogomelos ben limpos, pero non mollados, co azucre e cúbrese esta mestura ca augardente. Engádese a canela e tápase. Deixamos que macere, remexendo de cando en vez, durante doce semanas.
Transcorrido o tempo coamos a augardente ata que quede sen impurezas e engadimos o viño. Deixamos repousar tres semanas e xa o podemos saborear.
Comentarios (0) - Categoría: Gastronomía - Publicado o 13-03-2010 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis