Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un bichiño
Mirade que cousa máis curiosa atopamos nunha das últimas saídas que fixemos!

Ainda que nas fotos pareza xigante, o bichiño non mide máis de un centímetro de largo, e está totalmente parasitado por algo que ten toda a pinta de ser un fungo. Non sabemos se o fungo matou o bicho ou se simplemente medrou nel una vez que xa estaba morto... De calquera xeito é una cousa ben interesante!

Outro cantar xa sería saber a especie de bicho e o fungo concreto... ten que haber algún experto que ha de sábelo,... a ver se con un pouco de sorte...


Comentarios (2) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 22-02-2015 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Micolucus













Os incansables compañeiros da Sociedade Micolóxica Lucus veñen de sacar o primeiro número da súa revista micolóxica que deron en chamar MICOLUCUS.

Xa pode descargarse en formato pdf, aínda que se alguén quere a revista en papel, tamén pode solicitala mediante email a inscripciones@smlucus.org

Non podemos deixar de felicitalos por esta nova iniciativa, e recomendarvos a lectura en detalle da publicación que non ten desperdicio!!



Deixámosvos o enlace AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 10-02-2015 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de palitroquear

É tempo de palitroquear, (en sentido friquimicolóxico, darlle volta ós palitroques) ás veces aparecen sorpresas como estas... alguén parece que cosera un anaco de veludo nesta poliña de castiñeiro... Terana coerulea (Lam.) Kuntze


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2015 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Últimas subidas á fotoblogoteca
Andamos poñendo orde e limpeza no blog. Xa sabedes ano novo, propósitos novos.
Deixamos as últimas fotos que fomos subindo a fotoblogoteca, tamén actualizamos algúns nomes de cogomelos de fotos que estaban desactualizadas.

Un saúdo.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2015 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Humor Davila

Xa se sabe, cada día aparecen novas especies!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2015 07:52
# Ligazón permanente a este artigo
Boas festas a todos































Dende Sendeiriña queremos desexarvos para o 2015 todo o mellor, e que este sexa un ano cargado de moitos e moi interesantes cogomelos .
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2014 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar
Certo é que temos o blog algo abandoado. A ver se como propósito do 2015 volvemos darlle algo de vida.

Imos empezar por deixar estas fotiños dalgo que quedou sen identificar e non nos damos achegado nin ó xénero.

De cogomelo no aparcamento


Só atopamos tres exemplares. Medraban nun aparcamento de terra, practicamente enriba do asfalto.

De cogomelo no aparcamento


O sombreiro do exemplar máis grande medía aproximadamente 6 cm.

De cogomelo no aparcamento


De cogomelo no aparcamento


De cogomelo no aparcamento


Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 28-12-2014 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición Sendeiriña 2014
Non foi fácil que a Exposición deste ano saíra adiante. Dousenos por pensar que quizais debería haber algún micólogo de guardia para casos de urxencia, anque o certo é que nesas datas todo o mundo está moi ocupado...

Habería que dar as grazas a moita xente, ós compañeiros de Lucus, por acordarse sempre de nós e enviarnos cousiñas super interesantes que doutro xeito nunca se verían no Val de Barcala, (e a Cristina por traelas dende tan lonxe). A Alberto e Ruben polo traballo de traer as bases de céspede que tanto traballo lles deu este ano. A tódolos que aportaron cogomelos este ano,en especial, a Montse,a Vicente e as súas nenas e a todos os que saíron o sábado para botar unha man... Á outra Cristina por facernos unha excelente reportaxe fotográfica!!

Pero sen dúbida este ano sen hai moito que agradecer a Miguel e Raquel, por estar en un e en mil sitios ó mesmo tempo, por ser desa xente que vale para un roto e un descosido, sen eles non se tivera podido expoñer. Mil centos de grazas!!


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2014 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
O Xénero Cantharellus en Galicia






Lembrade que hoxe venres 21 temos conferencia no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira, a cargo de Jaime Blanco Dios sobre "O Xénero Cantharellus en Galicia".

Non vola perdades!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 21-11-2014 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia e obradoiro este sábado



Este sábado día 15 de novembro, temos conferencia de Sendeiriña a cargo de J.M Costa sobre Discomycetes, será as 8:30 no Auditorio novo da Casa da Cultura de Negreira.


Un pouco antes teremos o obradoiro gastronómico a cargo de Suso Puñal, tamén vai ser na casa da cultura, ás 19:00 horas. Lembrade que para o obradoiro debedes anotarvos enviando un correo a sendeirina@yahoo.es (é un obradoiro gratuíto para socios e costa 3 euros para non socios)



E moito antes, pola maña, temos saída ó monte. Partimos ás 10:00 de diante da casa da Cultura e contamos estar de volta a eso das 13:00 horas.


Deixamos unha fotiño dun Discomycete atopado no Val de Barcala.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 14-11-2014 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Saída e conferencia este sábado










Lembrade que este sábado día 8 de novembro, temos saída de Sendeiriña, ás 10:00 partimos de diante da Casa da Cultura de Negreira e contamos estar de volta sobre as 13:00 horas.

Xa pola tardiña, ás 20:30 teremos a primeira conferencia deste ano a cargo de Luis Tomé, sobre o novo Decreto sobre aproveitamentos forestais. Non faltedes.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2014 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición Sendeiriña 2014
Achégase a exposición de Sendeiriña deste ano e coma sempre queremos deixar unhas recomentacións para tódos os que queiran vir botar unha man.


1.- Os cogomelos deberan recollerse enteiros. Con moito coidado e sen escrabellar na terra métese o coitelo ou a navalla e con un xiro de pulso despréndese o cogomelo. Recordade: EXTRACCIÓN COIDADOSA!! Evitarase arrincar parte do micelio e por suposto usar rastrillos ou alterar o entorno no que se encontre o cogomelo.



2.- Collerase só un ou dous exemplares de cada especie, escollendo aquelas que se encontren en mellor estado, podendo ser un exemplar novo e outro maduro. Aínda que encontredes moitos exemplares dunha mesma especie, o espazo que temos para a exposición é limitado polo que non poderán poñerse todos.



3.- Evitarase coller aqueles cogomelos que xa estean pasados, parasitados ou os que non se encontren enteiros. Esto é importantísimo!!! É mellor que traiades menos cogomelos pero os que cheguen en bo estado. Os cogomelos pasados ou en mal estado é moito mellor deixalos no monte e que sigan cumplindo coa súa función ecolóxica. Recordade que a exposición pretende ser un espazo didáctico polo que os cogomelos deben ser representativos da especie, presentar as características básicas e que estas se aprecien ben.


4.- Para a recollida nunca deberán usarse bolsas de plástico. Os cogomelos son moi delicados, dentro da bolsa estragaríanse. Se alguén ten unha caixa con separadores sería ideal para aquelas especies que son pequenas e que se metemos na cesta serían aplastadas por outras. Levar un anaco de papel de aluminio tamén é moi práctico, e con este sistema e con un pouco de auga os cogomelos poden conservarse varios días na neveira.


5.- Tódolos cogomelos que se descarten e que finalmente non sexan expostos, deberán ser devoltos ó monte, evitando tiralos nos contedores do lixo.


6.- Recomendamos tamén que como en calquera saída, non vaiades sós ó monte e que se o facedes levedes con vós un teléfono móbil deixando indicacións do sitio ó que tendes pensado ir.

Este ano para minimizar o impacto ecolóxico, imos intentar coordinarnos a través do WHATSAPP; con esta idea fixemos un grupo no que imos ir poñendo o que se vaia atopando e que estea ben para expoñer e así evitar duplicidades. Aqueles que queirades participar tedes que enviar unha mensaxe a sendeirina@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2014 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2014 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Micolóxicas en Vilagarcía
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2014 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADAS MICOLÓXICAS NA COSTA DA MORTE
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 16-10-2014 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis