Onde está a imposición?
A posibilidade de equilibrar minimamente a balanza, garantindo o dereito a comunicarse en galego alí onde se exclúe, é descrito polos sectores máis inmobilistas da sociedade como “imposición”. Trátase dunha mentira, dun discurso cínico e irracional, aínda que reiterado mil veces e desde lugares de inmenso poder. Así, o oprimido na realidade faise ver como opresor.
En cantas ocasións non temos que padecer as persoas que queremos vivir en galego os efectos dese perverso discurso? Permitídeme que vos conte algo que me aconteceu hai poucos días. Coido que é un bo exemplo do contraste que hai entre o discurso de “la imposición del gallego” e a triste verdade da negación de dereitos lingüísticos.
Tiven de presentar unha denuncia perante a Policía Nacional na comisaría de Santiago. Cando me tocou a vez, solicitei que a denuncia, que eu asinaría, estivese en galego. “No puede ser. El programa no nos lo permite”. Eu insisto e o funcionario que me respondeu chama a outro: “Nosotros no tenemos por qué entender el gallego. Si quiere, preséntela por escrito, si no se la recogeremos en castellano”.
Expliqueille que o galego era lingua cooficial, que eu agardara a miña quenda como calquera outro veciño e como tal quería ser atendido. Por falar en galego non somos cidadáns de segunda que teñamos de facernos os nosos propios formularios.
O segundo funcionario víase incómodo pola resposta e repetiu: “Nosotros no tenemos por qué entender el gallego”, ao que lle retruquei: “Perdoe, mais eu non falo galego para molestar, fáloo porque é a miña lingua, e a Administración ten de garantirme ese dereito.”
O primeiro funcionario transixe e dime que, aínda que el non teña por que saber galego, si está disposto a transcribir o que eu lle diga, mais requere a autorización, para o cal deciden chamar aos seus superiores. 45 minutos de reloxio tardou en chegar a resposta, indicando que eu tiña, efectivamente, ese dereito.
Conseguín que a parte que eu declaraba fose en galego, mais todo o resto foi en español: cabeceira e final do escrito, dereitos do denunciante, atención oral... Castigóuseme con 45 minutos de agarda que non tería de sofrer se claudicase do meu dereito, como se ven obrigados a facer a maioría dos falantes de galego, que deben presentar as súas declaracións traducidas por persoal que “non ten por que entendelos”.
Cando asinei a miña denuncia, o funcionario non puido resistirse: “A mí, el gallego, sin imposiciones”.
Um artigo de Carlos Callón.
A prol da Independência
Zizurkil é a povoaçom na que vivem meus tios e um dos meus primos de Euskal Herria, e à entrada hai este letreiro que reza 'Zizurkil independentziaren alde', o que quer dizer 'Zizurkil a prol da independência'.
Sacamos estas fotos eu mais meu primo, Pita (Antonio), que é o que nomeo sempre nos artigos nos que digo que me vou de caralhada com meu primo, hehe.
Eu
Pita
Galiza a prol da Independência!!!
El nacimiento de la nación española
Pasó sin pena ni gloria la celebración el viernes 2 de mayo del bicentario de lo que algunos consideran el nacimiento de la nación española y el inicio de una guerra contra los franceses que ha sido bautizada como la guerra de la independencia. Fue más importante saber si Rajoy y Esperanza Aguirre se saludaban, que los discursos y los actos que bajo el lema de “Un pueblo, una Nación” organizó la Comunidad de Madrid.
Comunidad de Madrid que no existía como aspiración en los años ochenta y que el entonces presidente Calvo Sotelo propició con los socialistas para ir aguando las demandas de autogobierno de vascos y catalanes. ¿La capital de España una autonomía?. ¡Por favor! Era la exclamación mayoritaria de los madrileños aquellos años ochenta. Madrid ya tenía sus funcionarios, sus ministerios, sus museos, sus empresas estatales, sus embajadas, sus ferias de muestras y suficiente financiación con todo ello para ir a demandar esa vulgaridad autonómica. De hecho los castellanos les dijeron a los madrileños en Toledo que se buscaran la vida por su cuenta pues si Madrid formaba parte de Castilla les iba a aguar su pequeño poder y allí se fueron los Barranco y los Leguina a improvisar una Autonomía y a encargar un himno tipo Chiki-chiki y una bandera que parecía diseñada por Ho Chi Minh. Pasado el tiempo ya son un pueblo y una nación en si mismos y una plataforma de poder fantástica para el PP y para las peleas entre Gallardón y Esperanza Aguirre.
De ahí que la festividad del dos de mayo la haya visto la mayoría de la población como la celebración de un invento reaccionario ya que la modernidad no era precisamente la que personificaban el rey Carlos IV, su valido Godoy ni el malvado de Fernando VII, sino el hermano de Napoleón al que denigraron llamando Pepe Botella cuando el hombre debía ser abstemio.
Pero es el nacimiento de una Nación. Es lo que ahora nos dicen. Quiere decir que España, el estado español tiene doscientos años, que no es para tanto. No son los quinientos que nos repiten, sino 200 y fue cuando se quedaron sin los Borbones.
Sesenta y tres años después Sabino Arana dijo aquello de que “Euzkadi es la Patria de los vascos” y esos grandes pensadores hispanos se ríen de que aquello fue una invención. ¿Por qué es una invención Euzkadi y no el grito de un alcalde en Móstoles muy poco antes?.
Alfonso Sastre comentaba hace poco en una entrevista que “el tabú de la unidad de España existe y que España no es una unidad de destino en lo universal como decía Primo de Rivera, sino una asociación histórica formada de un modo problemático y no muy acertada en muchas ocasiones a través de bodas”.
España como tal estado nace en contraposición de los franceses. Eso es lo que nos dicen los historiadores de dos de mayo. ¿Por qué Euzkadi no puede nacer en contraposición de la traición de Bergara?.
O exterminio do campesiñado
Se o poder político non impediu, primeiro, nen atallou, até agora, ese proceso exterminador, non foi por falla de diagnoses, pronósticos e terapias enunciadas e postas ao seu dispor dende o seo da sociedade civil galega. Diagnoses acertadas da patoloxía socioeconómica do sistema agrario labrego, elaboradas no ámbito das ciencias sociais polo pensamento galeguista dende ben antes de que se encetase a destrución -que non modernización- dese sistema e que o campesiñado galego fose abocado a un proceso de extinción. Pronósticos abesulladores da previsíbel evolución do conflito de clase e de culturas entre o campesiñado indíxena e o capitalismo colonial nesta periferia fisterrán peninsuar e europea. Terapias de posíbel e necesaria aplicación polas elites dirixentes e o poder político para sandar o maltreito corpo social labrego, rexenerar as estruturas e fontes enerxéticas da economía agraria e abrirlle o camiño ao desenvolvemento endóxeno e autocentrado do mundo rural galego. Non foi, repito, por non disporen a clase dirixente e o poder político do noso país de cadros diagnósticos solventes, prognoses certeiras e terapias acaidas de probada eficacia noutras latitudes de fasquía socieconómica agraria análoga á nosa.
Non, non foi por nada diso. Foi por treizón e deserción. Unha clase dirixente que reiteradamente atreizoóu á xente do común labrega. Un poder político que reiteradamente desertou da fundamental obriga contraida cos cidadáns labregos que o elixiran para representárenos na defensa dos seus dereitos e intereses. Nen a clase dirixente foi lúcida e solidaria verbo do país e do común cidadán: foi estúpidamente pitoña e insolidaria. Nen o poder político cumpliu o contrato de fideicomiso asinado cos eleitores: esgazouno para non molestar ao poder económico depredador da economía labrega.
Se o poder non impediu nen atallou o proceso de exterminio dos labregos tampouco foi por pasividade do campesiñado. Non val ese tópico como coartada: a clase labrega loitou arreo pola sua emancipación ao longo da nosa historia. Primeiro, hai máis de cinco séculos xa, contra os magnates feudais tanto civís coma eclesiásticos. Logo, durante douscentos anos, contra os donos da terra, foristas e señores medianeiros: ao cabo o movemento agrarista conqueriu, en 1926, non a abolición, mais cando menos a redención dos foros -pagada cos cartos dos que emigraran e o endebedamento dos que ficaran acó. Despois, durante a República, co liderado do Partido Galeguista, a aposta pola Frente Popular e a masiva votación do Estatuto do 36 "para que acabe esta vergoña" -como reclamaba o cartaz de Castelao da vaca coas manxadoiras na Galiza e os tetos munxidos en Madrid. Máis logo, baixo a tiranía do franquismo, coa cobertura paisana ao maquis antifascista, con epopeias como a de Castrelo de Miño, coa constitución clandestina das Comisións Labregas e co comezo da loita contra a infame, e infamante, "cuota empresarial" agraria -imposta pola forza aos mesmos cidadáns labregos que os banqueiros, os economistas do réxime e os señoritos do sindicato vertical alcuñaban de pailáns e acusaban de careceren de "esprito empresarial". Ainda virían, no enguedello fraudulento da chamada transición, líderes coma Moncho Valcárcel, o cura de Sésamo -difamado nas listas negras do 23F coa falaz acusación de ter un arsenal de armas na sua sacristía- e xestas como a das Encrobas contra a expoliación das terras onde hoxe se queima o lixo de toda a Galiza urbán -agás o que mora en despachos oficiáis. E finalmente, xa en "democracía" constitucional, a protesta labrega contra as condicións de ingreso no Mercado Común Europeo, "ruina do povo galego", e o comenzo das loitas en auto-defensa fronte á PAC, as cotas e prezos do leite e demáis pauliñas aturadas en premio por convirtírmonos en europeus de carné -que ainda duran, poisque nen sequer o cambio climático famoso mudou en nada o de cair pedra de saraiba arreo sobre as costas dos labregos galegos neste exterminador proceso de extinción como clase, como cultura e,ao cabo, como povo. É que xa esquencimos tudo isto? É que o Bloque actual esquenceuno tamén il? É que o esquenceron os antigos combatentes das Labregas, hoxe en postos apendiculares da Administración autonómica, que arremeten contra os gandeiros que se arrepoñen fronte ao capital invasor que os extermina? Sabido é que a ideloxía ultraliberal, esa metamorfose presente do fascismo, ten eliminado do escenario sociopolítico a noción mesma de conflito social: reconvírtea en cuestión de orde pública. Pura e simplesmente. A disidencia criminalízase, a autodefensa das clases explotadas e expoliadas convírtese nun ataque ás institucións políticas, o exercizo dos dereitos esmagados nunha agresión á autoridade dos gobernos. Vai o poder autonómico galego botarse a camiñar por ese vieiro choído, vaise convirtir en espolique do apátrida capital industrial e financeiro que expolía ao campesiñado galego?
Os labregos galegos non están a arrepoñerse ainda contra o goberno da Xunta: só reclaman dil que os defenda dos lobos e xabarins que, coa dentamia e os fuciños do capital depredador, andan a destragar a sua facenda. Son iles, os labregos, os seres humáns, os paisáns, os cidadáns galegos -non as alimañas do poder económico forasteiro. Son iles os exterminados -non a fera exterminadora. A custión é abruptamente simples e diáfanamente dilemática: cómprelle ao goberno escoller, decidir ao servizo de quen está, se dos cidadáns agredidos ou do malandro agresor. E non é un problema sectorial que atinxa só a un departamento do goberno: é unha cuestión de Estado galega, un asunto de dignidade política, de dereitos cidadáns, de intereses sociais colectivos, que implica e compromete á Xunta como goberno ao completo -e portanto, en primeira liña de fogo, ao seu Presidente. Non val pasarse a pelota de uns a outros. Porque non é unha pelota: é a cabeza sanguenta do campesiñado malferido. Do campesiñado que defenderon outrora Rosalía, Basilio, Bóveda, Castelao, e tamén Moncho Valcárcel e as Labregas. Que o nacionalismo galego de hoxe ten que seguir a defender. Sen vacilacións, sen arrodeos. O poder está para exercelo, non para ser presa dil.
Obrigádesme a recordárvolo, compañeiros e compañeiras concidadáns meus: se falla o aparello de estado do poder político, terá que termar do choio a nación, con Estado ou sen il. E a nación somos nós, todos nós, sexamos ou non labregas e labregos: somosvolo nós, ou sexa, os cidadáns, é dicir, o povo civil e socialmente vertebrado e orgaizado nunha rede solidaria de democracia participativa horizontal. Eis o noso reto. Eis a nosa forza. Eis o envite no que compre comprometérmonos todos a apostar.
Um artigo de Xosé Manuel Beiras.
Premios Antilingua Galega
Dende Galicia Profunda nos decidimos a crear a I Edición dos Premios Antilingua Galega. Para sinalar que é o que, dende o noso punto de vista, se está a facer mal, quen son os colectivos ou persoas que tiran para atrás o esforzo e a labor de moitas persoas a prol do galego. Queremos expresar o noso rexeitamento ante actitudes pouco tolerantes, ante manifestacións e declaracións que o único que provocan é que o galego continúe agonizando, carente de prestixio e de pulos que garantan a súa recuperación.
Trátase duns premios simbólicos nos que queremos que participen todos os galego-falantes, todos aqueles que aman a lingua e que senten como, dun ou doutro xeito, se está a atentar contra as súas raíces, contra a súa cultura e contra unha historia moi importante de Galicia.
Queremos que teñan continuidade no tempo ata o momento no que non sexa necesario sinalar a ninguén, cando o respecto e a plena recuperación da lingua galega sexa unha realidade.
E como se trata da I Edición, desta vez imos establecer tres categorías históricas. Dende Galicia Profunda propoñemos unha serie de candidatos. O que queremos é que participes e votes polo teu, estea ou non nestas listaxes.
A VOTAR!!