Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Ardores guerreiros
Galiza é un lugar apacíbel que non merece reeditar os tempos do Exército Guerrilheiro.

O máis semellante a Franco trinta anos despois da súa morte non son as parellas da Garda Civil, senón aqueles que tratan de imporse aos máis coa violencia ou fan apoloxía dela. ETA, por suposto. Franquistas non son só os nostálxicos dun rexíme moi lonxano, senón tamén os que defenden dictadores como Castro. Tódolos que amedoñentan aos máis para dobregalos teñen algo de franquistas, aínda que se fagan chamar independentistas, libertadores ou revolucionarios. Ademáis tamén Franco se presentou como un redentor con mostacho, capa e lapelas de pel de armiño.

O gran tema de conversa sobre a democracia con Franco moribundo era: ¿Poderían votar os militares? A conclusión á que chegaba a meirande parte da xente era que non. Porque viñan de medrar nun réxime no que o exército -sinónimo históricamente de forza e violencia- era o Estado. E o Estado non se vota a sí mesmo. Matar, por suposto, poñer unha mochila bomba ou, sinxelamente, intimidar aos que non pensan igual son tres camiños franquistas, porque tamén usan o recurso da forza e a violencia.

Galiza é trinta anos despois de Franco un lugar apacíbel. Unha sociedade tolerante e madura, que fixo unha mostra exemplar de cómo se asume unha transición política democrática, na que se foi Fraga e entrou Touriño. Un lugar no que caben todos, e que non merece reeditá-la ameaza dos tempos do Exército Guerrilheiro con grupos de mozos independentistas que flirtean coa violencia ou a practican con cócteles molotov, reventando caixeiros ou boicoteando a aquelas persoas que, previamente, converteron en símbolos da suposta represión que padece este apacíbel país. Actos de intimidación que, no seu argot, denominan co eufemismo de axitación social.

O arseal dos independentistas atopado en Portugal é unha mostra do que non queremos. Non queremos que a nosa independenza sexa adquirida por mor de sangue de persoas inocentes. O feito de que se atopen arseais en Portugal pódese comparar cós que se atopan en Franza que son da ETA. Coñezo xente que estivo no Exército Guerrilheiro, non hei dicir quen en internet; e sempre din que tiveron a sorte de saír dese mundo e atopar outras afeccións, xa que de non ser así agora sería probábel que estivesen no cárcere.

Galiza non precisa un foco de ardor guerreiro entre as forzas da orde e as organizacións independentistas. Éstas aliméntanse do victimismo para xustificá-la axitación social ou as bombas. O importante do asunto non parece que sexa apuntarse tantos con detencións, senón aplicar con xustiza o Código Penal a tódolos que usen a forza para impoñer as súas ideas aos máis.
Comentários (5) - Secçom: Reflexions - Publicado o 22-09-2006 13:13
# Ligaçom permanente a este artigo
Galiza Celta, a ciencia confírmao
Os celtas que colonizaron Gran Bretaña procedían de Galiza


A ciencia xenética veu a verificar a lenda de Ith. Que o fillo de Breogán entreviu Irlanda dende a torre de Hércules e deu lugar á súa posterior colonización podería ser algo máis que un mito, segundo os resultados dun estudo que analizou o ADN de 10.000 británicos e que apunta a que os celtas que se converteron na tribo dominante nas illas procedían da península Ibérica. Bryan Sykes, profesor de xenética humana na Universidade de Oxford, dirixiu o estudo e publica esta semana as súas conclusións no libro Blood of the isles. A súa teoría é que fai 6.000 anos estes habitantes da península desenvolveron embarcacións capaces de cruzar o océano e chegaron ás illas británicas. O territorio xa estaba habitado, pero estas persoas foron asimiladas nunha tribo celta maior.

Sykes explicou onte a este diario que os celtas chegados dende as costas peninsulares provirían do noroeste e o norte, «moito máis probable que do Mediterráneo». A pegada xenética máis común nos británicos leva a marca daqueles migradores; a continuación, as máis estendidas son as de tribos escandinavas. Isto significa que, ao contrario do que se pensaba, a orixe dos celtas británicos non se acha en Europa central, senón no noroeste da península Ibérica.

Sorpresa

As investigacións de Sykes apuntan, ademais, a que os ingleses comparten a pegada celta na mesma medida que irlandeses e escoceses, algo que seguramente sorprenderá en Inglaterra, que sempre se viu como un pobo saxón. Sykes é consciente de que agora existe un rexurdir do celta como «oposto a inglés», pero tamén advirte de que «Irlanda e Escocia non poden exercer o monopolio sobre esta cuestión». Os datos obtidos polo estudo constatan a presenza da pegada celta «en toda Gran Bretaña».


«As lendas de tradición celta teñen as súas raíces na realidade»


Bryan Sykes, coñecido por investigacións anteriores como As sete fillas de Eva , retratou grazas á xenética a orixe dos celtas británicos, que sitúa nas costas norteñas da península Ibérica. Aínda que a súa investigación ten unha base científica, o profesor oxoniense tamén coñece as lendas que vinculan Galiza coas illas británicas: «Países como Irlanda contan cunha sólida tradición celta con vínculos a España, como a historia de Mil Espane, e que seguramente ten as súas raíces na realidade».

- De feito, Mil Espane viaxou a Irlanda para vingarse da morte de Ith, quen avistou Irlanda dende A Coruña.
- Si, coñezo esa historia e que dende a torre de Hércules era posible divisar Irlanda nunha clara tarde de inverno. Obviamente, é imposible que desde España se vexa Irlanda, pero os feitos de fai moitos anos, como as migracións, fóronse transformando pola tradición popular até orixinar mitos e lendas.

- ¿Por que os ingleses como pobo non se recoñecían nunha orixe celta?
- Os ingleses tamén comparten un importante compoñente celta, a pesar de que se sostivo a súa orixe saxoa con raíces xermánicas, que os diferenzaba de escoceses e irlandeses. Isto débese a un mito do século XIX que se pode rastrexar até Idade Media cando había un interese, xerado por Enrique VIII, de afastar a Inglaterra do catolicismo. Antes diso sempre se creu que os habitantes das illas eran «vellos británicos», é dicir, os que xa se atopaban aquí antes da chegada dos romanos.

- ¿Por qué non se investiguo até agora?
- Realizamo-la primeira proba exhaustiva de ADN, que antes non sería posible por falla de medios, que nos indica que a pegada xenética dos celtas británicos é moito máis similar á das xentes do norte da Península Ibérica do que se pensaba, e non tanto á de Europa central.

- ¿Coñece Galiza?
- Si, visitei Compostela, aínda que non A Coruña. Tamén percorrín a costa norte dende Bilbao a Santander e recordo que ao ver a todas esas persoas louras e de ollos azuis pensaba que ben podería ter estado en Dublín.

- Tampouco existen moitas diferenzas xeográficas entre ámbolos lugares.
- Son paisaxes moi similares. Estou seguro de que se sentiron moi cómodos cando chegaron ás illas británicas.
Comentários (14) - Secçom: Cultura - Publicado o 22-09-2006 12:43
# Ligaçom permanente a este artigo
A Telegaita
Este texto que vou a poñer a continuación publiqueino hai tempo no meu outro blog (http://galegoman.spaces.live.com/) e trouxo discusión longa. Aprobeito agora que a TVG cambiou de logo (por fin) e que semella que veñen novos tempos para republicalo. Mesmo se linkeou no Chuza! e houbo bastantes críticas. De xeito que, antes de botarvos a ler, aviso pra navegantes: Se non tendes senso do humor, non o leades.

A TVG ou Telegaita é unha compañía de televisión de gran prestixio e con programas de indubidábel calidade. A súa fundación foi aló polo ano 1670 a.C., alguns séculos antes da aparición dos televisores. Mentres tanto, adicábanse a prepará-los guións que conformarían as 235 tempadas de Pratos Combinados. É unha canle que se pode sintonizar en Galiza, España, Portugal, Arxentina e Tuvalu Ulterior.

Programas estrela

- Luar: Programa destinado á xuventude que se emite tódalas noites dos venres ininterrompidamente dende 1939, cando Franco chegou ó poder. Entre os seus contidos atópanse: baile de vellos, gaita tocada por vellos, vellos que cantan, tres vellos contando chistes e chamadas a casas de vellos.

- Pratos Combinados: Serie pioneira do humor intelixente. Os seus protagonistas son Miro Pereira, un Homer Simpson de Galiza e o seu cuñado Morris, un anano con gafas. O argumento é o seguinte: Miro e Morris teñen un plan pra estafar aos seus amigos, sorprendentemente vailles ben, alguén ó final descúbreos e rematan fregando os pratos mentres os seus amigos comen empanada e rín. Esta fórmula funciona dende fai 10
anos
.

- O Show dos Tonechos: Trátase dun programa cultural que reflexa a sociedade galega dende una perspectiva intelectual. Os seus presentadores son Tonecho e Tucho, dous expertos da socioloxía galega. De cando en vez alguén remata cunha tarta na cara.

- Xabarín Club: O programa infantil, o mellor da cadea. Foi famoso por Bola de Dragón (cuias traduccións nas cantigas eran do máis fieis á orixinal), Doraemon (ten un peto máxico) e Arale (famoso o seu episodio da Bosta de vaca, Merda de can e Merdiña de paxaro). Tamén se lle atribúe como o impulsor do Rock Bravú nos 90, é dicir, unha especie de Bola de Cristal pero version "cajonaconaquetepariu", desgraciadamente, ó Porco Bravo só o viamos os nenos, e cantigas como Carmiña Vacaloura, Churras, Churras, Churras pero que ghalo é ou Ahí ven Tristón o Mangallón non transcenderon máis aló dos recreos.

- Supermartes: Foi un programa innovador onde os haxa. Antes de que existise Boris, na Telegaita xa tiñamos un presentador con máis pluma que a Galiña Caponata, o inefable SuperPiñeiro un mutante un pouco máis alto que Torrebruno e que tamén amenizaba as tardes aos galegos dende a Radio Galega. A pesar do seu nome non sempre se emitíu os martes. Récord absoluto de tempadas en antena das canles de Televisión en España. Comezou a emitirse fai dous séculos e tiveron que vir os sociatas pra cancelá-la súa emisión.

- En Xogo: é o clásico deportivo por excelencia. O seu parcialismo é obxeto de estudo na Universidade de Harvard. En Coruña cren que apoia aos de Vigo, en Vigo cren que apoia aos de Coruña e o certo é que son máis merengues que Deus. Cabe dicir que o comentarista dos partidos do Celta foi violado de pequeno por un cachalote e por iso fala cun ton de voz moi extrano.

- Zapping Comando: Programa orixinal onde os haxa, onde tódolos actores secundarios das series da TVG fan parodias doutras cadeas, inclusive a súa, inda que pareza que o teñas visto nalgún programa (ex: Homo Zapping) son totalmente innovadores polo que calquera comparación sería unha burda imitacion.

- O Doutor Who (ler O Doutor Ju): serie mítica dos comezos da Telegaita na que un fulano británico de rizos (pode que un parente de Bisbal), con abrigo e bufanda se adicaba ás viaxes entre dimensións utilizando unha cabina de teléfonos. Nesas dimensións atopábase a monstrosos mutantes con cabezas de spaghetti que cuspían blandiblú por tódolos seus poros.

- Perdelo Todo: Programa novo pertencente á "limpeza" que está a facé-lo PSOE en Galiza pra borrar todo o que cheiraba a gañán. Neste programa, sabendo que só van a concursos da TVG rapaces de entre 19 e 28 anos ou de entre 50 e 75 años, todos pertencentes a zonas rurais, ou, no seu defecto, rururbanas (cidades pero en mini, en plan Xinzo de Limia), pois este concurso trata de fallá-las preguntas, polo que estos ghañáns só teñen que respostar ben ó seu xeito. É destacábel o presentador, un saltimbanqui que se cré simpático que naceu en Vigo ou na Coruña, debido ó seu acento pouco arraigado.

- Cifras e Letras: Programa aparecido coa chegada ó poder da coalición de nacionalistas e socialistas (nacionalsocialistas, ergo, nazis) no que o 99,9% dos participantes son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. O outro 0,1 son xubilados. Este concurso serve para meter sutilmente as novas palabras do galego normativizado grazas a dous "mestres": unha con apariencia de fráxil señorita na que se agocha unha verdadeira ninfómana e un señor un pouco modosiño que intenta por tódolos seus medios cepillarse á súa compañeira, algo que nunca logrará, e menos cós seus chistes coa gracia no cú. Destacábel que o presentador viñera representar en Libro de Familia o papel de camareiro-salseiro-rumbeiro-emigrante retornado.

Outros datos

No logo da TVG, podemos apreciá-la presenza do PP... Na cor azul e a silueta da gaivota... ¿non?

Momentos clásicos. Dialogos memorábeis nas películas:

- "¿Cómo?¿Fodiches nela?": Dille o coleguiña a Michael Douglas en Instinto Básico.

- "Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas": Harvey Keitel aos matóns de Pulp Fiction.

- "A rañala, raparigo": O mítico "Sayonara Baby" de Terminator, versión "Jalisia profunda".

- "Para vencer a Austin Powers témoslle que lle roubar o seu... mollo": O Doutor Maligno, xunto có seu Minieu, pra roubarlle o "mojo" a Austin Powers.

- "¿Gustaríache comerme a perrecha?": Juliette Lewis a Tarantino nunha inolvidábel escea de Aberto até o amencer, en coxunto, unha das mellores adaptacións de guión ó galego de tódolos tempos.

- "És un pimpín Son Goku": O super guerreiro Vexeta ao seu super enemigo Son Goku.

- Dí a lenda urbana que en Pulp Fiction existe a frase "Coidado con esa rapariga que estudiou no Peleteiro" (Pele pra os amigos; non confirmado).

Otros momentos memorábeis

- "Papá macho paso de todo tiu": Esta frase, pertencente a Tucho do Show dos Tonechos, foi o vocablo máis repetido por toda a xuventude das areas rurais no 2005, e probábelmente até o 2050. Cabe destacar que ademáis de repetí-lo vocablo esfózanse por poñé-la voz do actor, e no 80% dos casos consígueno.

- "Me cagho na cona que te pariu Ghayoso, hai xente que ten que traballar mañá, carallo" Paisano tras recibir unha chamada do Gayoso de Luar ás 12 da noite.

- "Detesto a miña pixa" Un paciente da serie Nip/tuck (traducida intelixentemente ó galego como Quita e Pon) quéixase do tamaño do seu pene.

- Os comentaristas dos partidos de fútbol da TVG son unha fonte inagotábel de grandes frases: "Vaia ano o de Baiano".

"Palabros" inventados pola TVG e que ninguén máis utiliza

- Padiolas: díse das camillas utilizadas no fútbol.

- Parabéns: díse da felicitación polas razóns que sexa.

- Sobranceiros: díse dos antepasados de alguén.

- Alacante: díse da cidade da Comunidade Valenciana.

- Cecais: din os comentaristas deportivos no canto de quizáis.

- Grazas: expresión de agradecemento en Xunteiro (lingua oficial da Xunta e a TVG), de recente creación; en portugués dise "obrigado", e en galego, castrapo, castelán, chapurrado, curuñés e vighés dise "gracias".

- Calquera nome estranxeiro, como "Kloifer" (Kluivert), "Kokí" (Cocu- leer "co cú"), "Flavio Conseisón" (Flavio Conseição), "Luisón" (Luizão), "Cuman/Coeman/Coiman" (Koeman), "Seidorf/Sedorf/Seadorf/Sidorf" (Seedorf) , "Fan Jal"(Van Gaal) ou "Fran de Bur"(Frank de Boer).
Comentários (10) - Secçom: Humor - Publicado o 21-09-2006 15:39
# Ligaçom permanente a este artigo
O Godello conquista os EEUU
GodelloMontenovo. Ficade con este nome. Trátase dun viño xa famoso nos EE.UU. A prestixiosa revista especializada norteamericana Wine & Spirits concedeulle o Excepcional Value -Valor Excepcional- pola súa relación calidade-prezo. Este caldo valdeorrés, elaborado exclusivamente coa variedade de uva autóctona Godello, recibíu 91 puntos e foi o viño mellor valorado nunha cata a cegas na que participaban 587 caldos de todo o mundo. Deles, 170 foron recomendados, e só unha dúcia recibiron a mención de Valor Excepcional. O Montenovo foi o único español que mereceu tal distinción. E é que en Galiza hai viticultura máis aló dos albariños e ribeiros. O Montenovo só é un exemplo do éxito que está a acadá-lo viño valdeorrés nos Estados Unidos, especialmente os brancos de variedade Godello. O potencial desta uva autóctona, ligado ó especial clima de transición da comarca e os seus solos de pizarra, dota dun carácter único ós viños desta zona.

A presenza dos viños de Valdeorras nos Estados Unidos é xa unha realidade. A adega ValdeSil, elaboradora do Montenovo, produce 200.000 litros ó ano e a metade van destinados ó mercado norteamericano. O pasado mes de abril Guillermo Prada, xerente de ValdeSil, viaxou a Nova York, Chicago e Boston, onde presentóu os seus viños a sumilleres e xornalistas especializados. Pero ValdeSil non é a única, unha decea de adegas da comarca teñen conquistado o mercado norteamericano e iso é bó para todo o sector porque, como explica Prada, "Valdeorras converteuse na zona de moda en branco nos Estados Unidos". O segredo do éxito de ValdeSil reside non só na elaboración dos viños, senón tamén nun novo xeito de xestioná-las empresas familiares buscando a súa profesionalización. "Temos o mellor dos dous modelos", explica o seu xerente. Guillermo Prada ten só 35 anos e rodeouse dun equipo novo e emprendedor. El formouse específicamente a pesares de seren o heredeiro dunha inmensa tradición iniciada polos seus bisavós a finais do século XIX. De feito, a xoia da coroa de ValdeSil son uns viñedos plantados no ano 1885, cando aínda ninguén confiaba no potecial da variedade godello. Das súas vetustas vides obtense o viño Pezas da Portela.
Comentários (3) - Secçom: Gastronomía - Publicado o 21-09-2006 15:18
# Ligaçom permanente a este artigo
"Galiza forma a moitos mozos para a exportación"
Mariño, un dos once españois invitados a dar unha conferencia no Congreso Internacional de Matemáticos, foi rexeitado como profesor de Física en Santiago

Vaqueiros, camisola e zapatillas. Así se enfrontou onte Marcos Mariño ó numeroso público que acudíu a escoitá-la súa disertación no marco do Congreso Internacional de Matemáticos.

Experto na abstrusa Teoría de Cordas, nacionalista e de esquerdas, exerce de galego, como amosa o texto da súa camisola (I love polvo, faga o favor de pasarme o sal), pero non foi profeta na súa terra.

Tras doutorarse en Santiago, completou a súa formación en Yale, Rutgers e Harvard, e actualmente traballa no departamento de Física do CERN de Xenebra e no de Matemáticas do Instituto Superior Técnico de Lisboa.

É un dos once españois que teñen o privilexio de pronunciar unha conferencia no congreso.

- Chama a atención que alguén cun currículo como o seu non teña cabida en Santiago
- Irse fóra de España para facer investigación é moi bó, o problema é voltar. Fálase da fuga de cerebros porque os tentan noutros lugares, pero ás veces é o contrario, a xente quere voltar ó seu país e non lle deixan. Eu presenteime a unha plaza de mestre titular de Física en Santiago no 1999 e non ma deron. No 2003 pensei en repetilo, pero non o fixen, porque me chegaron sinais de que non ma ían dar.

- ¿Cales son os motivos?
- Hai persoas no departamento de Santiago que pensan que a liña de investigación na que eu traballo, a teoría de cordas, non é interesante e non a queren fomentar. Non se atende aos méritos dos candidatos, as plazas están dadas de antemán e consideran un desafío se te presentas sen que te tivesen chamado. Por iso me puxeron na lista negra.

- Pero debe ser importante cando a vostede o convidaron a dar a súa conferencia. ¿En qué consiste a Teoría de Cordas?
- É a única teoría que fai compatíbeis a forza da gravidade que describíu Einstein coa física cuántica. Normalmente os científicos ven as partículas como puntos que non teñen dimensións, pero a Teoría de Cordas véas como círculos pechados, como cordas. Isto fai que, milagreiramente a teoría da gravidade e as leis da física cuántica casen. O problema é que aínda non se verificou experimentalmente dun xeito claro.

- É dicir, que o que a comunidade científica considera moi relevante desprézase en Santiago
- Non é moi corrente que alguén doctorado alí, ao que se lle ofreceu un postdoutorado en Harvard e estudou en Yale e Rutgers, que son a élite nos EE.UU., non acade un posto de traballo en Santiago, que sexa máis doado logralo en Harvard que nunha universidade española.

- ¿Desperdicia Galiza aos seus talentos científicos?
- Galiza fixo un enorme esforzo por formar xente que non atopa traballo alí. Pasamos do nivel de subdesenvolvemento 1 ó nivel de subdesenvolvemento 2: Galiza forma moitos mozos para a exportación. Hai un fluxo de xente, deceas de miles de mozos, que non atopan traballo en Galiza. Producíuse unha perversión que consiste en educar a moita xente sen ter un tecido productivo, económico e cultural que se integre.
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 19-09-2006 16:10
# Ligaçom permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.