Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Turgalicia, ¿dígame?
TurgaliciaGaliza é, cada vez máis, un destino turístico. Existen dous tipos de persoas que visitan países... os turistas e os viaxeiros.


Eu considérome un viaxeiro, pois antes de viaxar infórmome de todo o que poida sobre o lugar que vou visitar e gústame visitar as poboacións na súa esencia, procurando alonxarme das zonas turísiticas masificadas (con excepción de visitas culturais imprescindíbeis).

Os turistas son esos tipos que poñen unha camisa de flores e unhas vermudas, unhas chanclas con carpíns subidos polas canillas, untan o fuciño en crema, levan colgada do pescózo a cámara de fotos, buscan nos bares cervexas do seu país de orixe e van sempre en grupo guiados por un tipo que leva o mapa e dirixe a "expedición".

Son estes últimos os que en vez de preguntar aos paisanos do pobo por lugares ou cousas ou bares ou o que sexa (como eu fago), acuden ás oficinas de turismo e surxen situacións como estas:

- ¿Dónde está Estrada?
(uns madrileños que o vían escrito en tódolos carteis das estradas dende que entraran en Galiza)

- ¿Cómo hacéis para que el techo se abra y se vean las estrellas?
(turista no planetario da Casa das Ciencias da Coruña)

- Ah, ¿pero en España se utilizan euros?
(un inglés nunha oficina de turismo de Vigo)

- Por favor, ¿me puede dar un plano de la ciudad en el que sólo vengan iglesias y parroquias?
(turista en Ferrol)

- Bueno, pero ¿las focas cuándo van a hacer el espectáculo?
(na Casa dos Peixes da Coruña)

- ¿Qué les pasa a los tiburones? ¿Están embarazados?
(sinalando ó órgano xenital na Casa dos Peixes)

Chamadas telefónicas a TurGalicia:

- Turgalicia, buenos días, le atiende el operador 1.
- Hola, buenos días, busco habitaciones para pasar unos días en la costa de Asturias.
- Sí, pero usted está llamando a TurGALICIA.
- Ya, ¿y qué?

- Turgalicia, buenas tardes, le atiende Ana.
- ¿Quéeee? ¿Sor Galicia?
- No, no, habla usted con Turgalicia, dígame...
- Ay, nooo, ¡me he equivocado!

- Turgalicia, buenos días, le atiende el operador X.
- Mire, yo le quería preguntar por las subvenciones para arreglar una fachada de un edificio de pisos de varios vecinos.
- Disculpe, pero está usted hablando con la central de reservas de turismo rural. Si es tan amable, tome nota del teléfono de la centralita de la Xunta, aunque deberá usted llamar por la mañana...
- Sí, anoto, dígame.
- Anote, 981 54 54 00
- ¿Me ha dicho usted, 981 54 54 00?
- Sí, eso es.
- Y mire... ¿me puede usted adelantar algo?
- Lo siento señora, pero no le puedo ayudar porque no es competencia nuestra.
- Vale, vale, gracias ¿eh?
Comentários (4) - Secçom: Humor - Publicado o 30-08-2006 13:12
# Ligaçom permanente a este artigo
A lingua de todos
Lingua galegaA língua é o cemento co que constrúen os literatos. E os nosos escritores teñen a obriga de empregá-lo galego normativo. É lóxico, mais ocasiona un problema creativo: esa lingua non ten un espello masivo na rúa.

O galego real está mesturado co castelán, cos neoloxismos e cos anglicismos (por non falar dos lusismos que tanto abundan na rede). Poñendo a orella en calquera conversa do pobo, escóitanse barbaridades como dicir "ayer" no canto de "onte", "viernes" no canto de "venres" ou "abuelo" no canto de "avó" (imaxinade que en castelán a xente dixese "grandfather").

Non existe labrego que fale de "lapas", termo que tanto engaiola nestes días a xornalistas e políticos; no campo din "lume". E son moitos os que din "lapas" no canto de "faíscas" (ou "charamelas"), cousa que non ten senso.
Falta o primeiro galegofalante de toda a vida que diga "grazas", insólito invento que xamais lles escoitei ós meus avós, descoñecedores doutra lingua alén do galego.

O claro fracaso da política de normalización lingüística do Fraguismo (mellor dito, da non política), e a forza do castelán, fan que o galego de probeta e o galego da rúa non rematen por xuntarse. Danse situacións así de curiosas: cando un novo galegofalante (eu, por exemplo) chega a unha vila cativa e ponse a falar no bar co seu excelente normativo, os paisanos respóstanlle en castelán (castrapo, pero tendendo ó castelán), porque non o recoñecen como un dos seus.

O problema literario da separación entre lingua culta e popular haino en tódolas linguas. Pero no noso caso canta: nas novas novelas galegas até as personaxes do lumpen falan como mestres de filoloxía ou locutores da TVG (algúns, que a outros nótaselles a leguas que só usan o galego no traballo), rateiros de pouca monta falando como literatos... ¡non pega nin con cianocrilato! O resultado é artificial, e ás veces, estraga por completo as obras, que se volven pouco cribles. ¿Solución? Difícil. Agardar que xurda algún xenio de orella fina, capaz de reinventá-lo galego literario do século XXI para achegalo á vida.

Converter unha lingua en liturxia permite mantela un tempo... pero non nos enganemos: o galego rematará como o gaélico se non prende nos rapaces e nos despachos. É preciso que o fale o rapaz no botellón e o avogado no restaurante.


(Recoméndovos que visitedes os álbumes de fotos que teño no meu outro blog, teño aquí embaixo as ligazóns. Se non vos funcionan a dirección do blog é http://galegoman.spaces.live.com/photos/
En concreto os que se titulan Os humoristas e a lingua e O galego no espello)
O galego no espello
Os humoristas e a lingua
Comentários (4) - Secçom: Língua - Publicado o 29-08-2006 21:30
# Ligaçom permanente a este artigo
Supergalegos
Nazón FénixEntre finais do século XIX e o arranque do XX, un millón de galegos escaparon dunha Galiza sen futuro. Non eran uns paspáns: deixa-la túa parroquia, embalá-las túas dúas mudas nunha maleta de cartón e embarcarte a América esixe unha carraxe tremenda. Moitos callaron na epopeia da emigración (que ten pendente un gran libro e a súa película). Dende o outro confín, amosaron que o problema de Galiza non estaba nos cerebros nin nos corazóns, senón nunha política que nos tiña arrumbado no atraso e a rendición, porque España, como agora, primaba a súa metade oriental.

Cando un país que índa hoxe só ten 2,9 millóns de habitantes perde a un millón de veciños, quédase exagüe. Os mellores foronse e atrás deixaron miseria, ignorancia, a bota feudal e sobre todo: medo. A pobreza, o servilismo ante o señor e a nula educación - traducida en superstición - tallaron a personalidade do campesiño galego.

Mitificado polo primeiro nacionalismo, o noso campesiñado era laborioso e dono dunha tradición valiosa; pero tamén era apoucado e individualista até o mezquiño. Ahí foi nado un prototipo, o galego que nin sube nin baixa. E como hai que consolarse, a personalidade evasiva, filla do medo, pasou a chamarse astucia. Pero un país incapaz de arriscar e armar proxectos colectivos non pita.

Hoxe emerxe outro perfil de galego. No canto de de ficar no medio da escaleira, móvea. Mariñeiros da Costa da Morte deron un paso ao fronte e salvaron as vidas de 51 emigrantes no Mediterráneo. Unha leción de moral. No Tour, un mozo de Mos vestía de amarelo. "¿Vai a aguantar?", pregúntábanlle. O galego do tópico tería dito: "É difícil, qué dúbida cabe". Pereiro respostou así: "Teño o maillot. Agora que mo quiten".

Xa non pedimos axuda, sabemos que temos que saír do paso por nós mesmos. Os mariñeiros loitaron en primeira liña contra o negro do mar, e as xentes loitaron en primeira liña contra a negrura que deixa o lume. Loitamos co que temos, por pouco que sexa. Agora non pedimos ó goberno que nos rexenere os montes... somos os cidadáns os que vamos a sementar herba e evitá-la escorrentía das cinsas. Pra poder rexurdir delas como facía a mítica ave... ¡Galiza, Nazón Fénix!

Galiza arranca. E dará sorpresas.
Comentários (1) - Secçom: Sociedade - Publicado o 29-08-2006 12:09
# Ligaçom permanente a este artigo
Para todo o demáis... MasterCard
Feijoo xogando ós bombeiros
Velaquí ó presidente do PP de Galiza xogando a apagá-lo lume.

Durante a vaga de incendios que arrasou Galiza este verán había mesmo nenos de oito anos dándolles con ramallas ás pequenas faíscas que quedaban trá-lo lume que apagaban os adultos. A diferencia era que eses cativiños estaban a loitar con lume de verdade. Esta imaxe é un insulto a tódalas xentes que loitaron bravías contra o lume.
Comentários (0) - Secçom: Sociedade - Publicado o 29-08-2006 11:30
# Ligaçom permanente a este artigo
¡¡Me cagho no blog!!
¡¡Mecagho no mundo!! ¡A blogoteca esta non me deixa poñer a imaxes! Levo todo o día pelexando có chisme este pra poñer tres fotos cós seus respectivos artigos e só levo posto un dos artigos... ¡pois agora enfádome e non respiro! :O)
Comentários (2) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 28-08-2006 21:14
# Ligaçom permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.