Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Cinema europeo
Existe unha tendenza, que non sei de ónde carallo ven, a considerá-lo europeo coma algo frío.

Entre outras moitas cousas, o cinema europeo considérase elitista, minoritario e carente de espectacularidade; é por iso polo que dende a Comisión Europea nos lanzan esta mensaxe que trata de desmitificá-lo cinema europeo (ou de cómo o que diferenza o cinema europeo do americano, indio, xaponés,... é o alto contido de esceas sexuais):

Os amantes dos filmes adorarán isto!
Comentários (0) - Secçom: Indefinível - Publicado o 05-07-2007 19:39
# Ligaçom permanente a este artigo
As galician as english
Comentários (2) - Secçom: Humor - Publicado o 04-07-2007 17:41
# Ligaçom permanente a este artigo
A Chave do Mundo
Dicía Manuel María que ?o idioma é a chave con que abrimos o mundo?, unha metáfora perfecta que ilustra que a través da nosa lingua coñecemos o mundo e o representamos, que pertencemos a un pobo que creou este idioma, que vén ser así a mellor ferramenta, senón a única, para instalarnos na vida.

Océano por medio, a miles de quilómetros de distancia, Gioconda Belli láiase unha e outra vez de ter perdido o idioma dos seus devanceiros. O poema que comeza ?Oín a lingua dos meus antepasados en soños...? aparece en dous dos seus libros, dando forma ao desarraigo provocado polos conquistadores, os mesmos que ?nos obrigaron a usas as súas palabras / a vestir a súas roupas./ Obrigáronnos a adorar o Deus / que eles mesmos crucificaran?. Belli reférese aos mesmos españois que alí e aquí obedecían á consigna de que ?a lingua é a compañeira do Imperio?, sentenza que foi abandeirada até as últimas consecuencias.

Mais aquí a lingua sobreviviu, sobreviviu grazas á pobreza imposta ao pobo, un pobo agochado que transportou a través de xeracións e xeracións un legado precioso, máis que o ouro inca: este idioma e a súa cultura. Ás veces creo que esa mesma pobreza foi a que nos protexeu, pois non souberon ver a potencialidade dun pobo ?servilizado? (?sodes uns imperalistas fracasados?, diría Castelao).

Con todo, as rancias ideas que sostiveron o Imperio, ondean hoxe nas mans dos que nos negan. Os que nos negan cando saen á rúa para defender ?la unidad de España?, esa que nunca existiu, senón foi no laboratorio da súa filosofía, ou para defender a pervivencia dunha lingua non ameazada, a española, a mesma lingua que foi usada como obxecto bélico, como instrumento de represión.

Volvendo a Manuel María, a nosa chave ábrenos a porta a un mundo que nada ten a ver con esoutro en que algúns aínda viven, porque a nosa chave abre a porta a unha casa en que a lingua de seu foi pisoteada e aldraxada, foi podada das xeracións máis novas para deseñar individuos listos para a emigración e a obediencia. Non eran razóns lingüísticas as que nos tiraron a lingua, era a imposición dun modelo político alleo que buscaba borrar a nosa identidade.

E tampouco hoxe pode haber razóns lingüísticas, só se me ocorre que se busque crear debate político, argumentar un ataque máis contra o goberno. E aquí chegamos á contradición, ou á hipocrisía, pois quen hoxe rexeita o Decreto que vén de se publicar, presentou e colaborou na aprobación do Plan Xeral que dá lugar a este Decreto. O Partido Popular, en tan só dous anos e medio, esqueceu a súa posición, e di que o Decreto vai máis aló do que o Plan Xeral estabelece. Por deformación profesional poñeríalle como tarefa a lectura comparada dos dous documentos, mais creo que non é necesario, penso que os coñecen, só que agora, como declaraba o seu portavoz, eles non teñen que sustentar un goberno.

Eu, filla de pais mutilados na lingua, neta de avós que temeron aprenderlle a nosa lingua aos seus fillos, reclamo o meu dereito ao idioma, o meu dereito a contar cunha ferramenta legal que me permita exixir para o meu fillo a aprendizaxe na lingua que durante anos se me ocultou. Defendo o seu dereito a educarse coñecendo o seu idioma propio, a dotarse de todas as palabras necesarias para abrir este mundo, para situarse nel, para amalo e defendelo, para medrar e vivir, para ser.

Un artigo de Marta Dacosta
Comentários (0) - Secçom: Reflexions - Publicado o 04-07-2007 17:38
# Ligaçom permanente a este artigo
Neve
Moloume este vídeo e deume por poñelo aquí... sen máis.

Ruxe Ruxe - Neve
Comentários (0) - Secçom: Música - Publicado o 04-07-2007 17:22
# Ligaçom permanente a este artigo
Suso for comentarista!!
De cando en vez convén autobombarse un pouco, que tamén se autosube un a autoestima...

A verdade é que flipei cando vin que un comentario meu era o mellor valorado de menéame... e máis se temos en conta que cando comento aí acostuman a bombardearme a base de votos negativos por non profesar coas súas ideas centralistas de Viva España y viva el español(*)!!

(*)chámanlle así á língua castelá

P.D.- Por se nas vindeiras horas cambia a clasificación, é o comentario #6 de aquí.
E já posto... colei mais um vídeo em galego que chegou a portada (olho á URL).
Comentários (10) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 01-07-2007 02:17
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0