Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Entrevista a Mario Maceiras
Tan gallego como el gallego é unha páxina web creada recentemente contra o galego no ensino. Mario Maceiras fai unha parodia dela no sitio Tan gallego como el gazpacho. Nesa páxina e nesta entrevista asume con retranca a defensa do español e a erradicación do galego.

Que pretende a súa páxina?
Demostrar que os galegos somos tan españois coma os que máis e que hai que poñerlle fin á irracionalidade de resucitar unha lingua morta.

Teño un amigo que di que o galego non é unha lingua morta, senón unha lingua zombi.
Seu amigo leva moita razón, se ben polo menos os zombis disque camiñan por aí. O galego é un elemento residual da evolución, como pode ser o óso palomo ou as mamilas nos homes. Trátase dunha lingua en estado vexetativo á que só resta darlle o golpe de graza. Temos que rematar definitivamente co galego, todo o demais só supón alongar innecesariamente a súa agonía.

A páxina non será unha parodia?
Iso é o que queren facer pensar os amigos da ETA. Non trato de ridiculizar a ninguén, só pretendo lembrarlles aos galegos quen segue a ser o auténtico inimigo. Hai lectores que si se decataron das boas e xenerosas intencións da páxina.

O medidor de audiencias Alexa indica que a súa páxina ten o triplo de visitas que ?Tan gallego como el gallego?.
Iso sucedeu porque a nosa páxina amiga ?Tan gallego como el gallego? centrouse unicamente na recollida de sinaturas contra o decreto de normalización do galego. Eu traballo cun obxectivo máis amplo: a imposición do español na rexión galega.

A todo isto, esta entrevista publicarase en galego. Non terá inconveniente?
Con vostedes vou facer unha excepción. O importante é darlle difusión a esta iniciativa, aínda que para iso haxa que empregar unha lingua morta, ou zombi. Por min como se a publica en quechua. Ademais pode que así algún galegofalante a entenda e entre en razón, quen sabe.

Esta páxina perpetrouna vostede só ou con axuda de alguén?
Os traballos de deseño e contidos son meus, mais concibinos despois de ver varias páxinas. Eu só canalizo moitas ideas que hai aboiando por aí. Iso si, nalgúns casos deille a volta á tortilla (española).

Quer cambiar o himno galego e a bandeira.
É lóxico que o himno dunha rexión española estea en español, e eu teño unha proposta. Con respecto á bandeira, hai que mudar esa bandeira argallada hai cen anos polos equivalentes aos amigos da ETA de hoxe por unha de consenso que amose a integración da rexión galega na nación española. Que mellor que unha rojigualda cun escudo galego no centro, por aquilo de contentar os separatistas!

De todas formas, a súa páxina xa recibiu ataques informáticos, supoño que por parte dos nacionalistas.
Efectivamente estou no punto de mira dos separatistas, pero o que máis me doe son os ataques que recibín da páxina amiga ?Tan gallego como el gallego? acusándome deliberadamente de ser unha parodia da súa web. O que lles amola é que eu chego até onde eles nunca se atreverían a facelo en público. Porén, o éxito de cada quen está aí.

Que me di do PP? Acúsao de ser amigo da ETA por defender o galego.
Durante moito tempo exerceron como tal, negociando programas ?normalizadores? cos inimigos de España, polo que podemos consideralos tranquilamente amigos da ETA, aínda que estando no goberno tentaban disimiular incumprindo sistematicamente os seus propios proxectos. Agora desmarcáronse por fin do consenso e xa non andan con ambigüidades, participan abertamente da cruzada contra o galego, como ten que ser. Carautas fóra.

Pensa que falar galego é pecado?
Tanto como pecado... non sei, mais cada quen asumirá as consecuencias dos seus actos no alén. O que si sei é que resulta pernicioso para as xeracións vindeiras. A moitos cústalles asumir idioma e cultura española, as mortes de touros, o faralaes, o gazpacho... pero con contribucións como "Tan gallego como el gallego" ou a miña poderemos ir substituíndo o galego por unha lingua máis viva, culta, melodiosa e apta para os negocios. Refírome ao español, faltaría máis.
Comentários (7) - Secçom: Humor - Publicado o 11-07-2007 19:50
# Ligaçom permanente a este artigo
Alianza de civilizacións
Porque nós, a humanidade, sómo-la única e verdadeira superpotencia global; porque aqueles que temos outro xeito de vé-lo mundo queremos facer del un fogar no que vivir e non un campo de batalla no que morrer; porque posuímo-lo inmenso poder da minoría reflexiva, infinitamente máis poderoso que o dos aparvamentos maioritarios... porque non queremos loitar contra os nosos veciños, senón convivir con eles e coñecernos mutuamente.

NON ao choque de civilizacións!!
Comentários (0) - Secçom: Denúncia - Publicado o 11-07-2007 19:35
# Ligaçom permanente a este artigo
Simpsonsmanía
Ista é a imaxe que máis se achegaría a min se fose unha personaxe dos Simpsons... logo dun tempo fedellando non din feito nada máis "realista".

Coido que hoxendía todo o mundo coñece as aventuras desta peculiar familia. Eu mesmo me sei de memoria algúns capítulos e aínda así non se chegan a facer excesivamente cansinos.

Saíu hai pouco o filme sobre as súas aventuras, e xunto con el unha páxina na internet adicada ó mundo dos Simpsons... recoméndovos que vos pasedes por ela xa que está realmente entretida, ten xogos variados e mesmo se pode crear un a súa propia personaxe "simpsoniana" coma a miña.

E, velaquí o trailer da película:

The Simpsons
Comentários (0) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 11-07-2007 19:12
# Ligaçom permanente a este artigo
Português como segunda lingua
O presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL), Alexandre Banhos, escribíu esta carta dirixida ao persoal docente, especialmente ao profesorado de lingua.


Caro professorado:

Para a sua consideraçom polo professorado do centro e de jeito especial para o professorado de língua galega.

Como vocês saberam, no novo curriculum do língua portuensino secundário vai haver umha segunda língua estrangeira; e a introduçom dessa segunda língua estrangeira vem determinada no âmbito da Uniom Europeia por uma recomendaçom legislativa formulada por meio dumha directiva aprovada inicialmente como simples recomendaçom no ano 1992, a que com posterioridade foi matizada por diversos Conselhos de Ministros da Uniom Europeia, mas que ligou definitivamente a reforma da sua introduçom a reforma do ensino universitário -Bolonha- e ao cumprimento da agenda europeia do conhecimento aprovada em Lisboa em Março de 2000.

A directiva europeia com grande sabedoria e bom senso, recomenda de jeito especial, que nom se pode centrar a oferta do ensino das línguas europeias naquela(s) língua(s) que se está a converter em instrumento privilegiado da comunicaçom, senom que os estados devem realizar um especial esforço no conhecimento em todas as suas zonas, e ainda mais se estam a funcionar fortes laços transfronteiriços, da língua vizinha mais próxima geograficamente.

O Conselho da AGAL, na sua reuniom ordinária celebrada ontem, acordou por unanimidade dirigir-se aos centros educativos do nosso pais e encorajá-los a demandar como segunda língua estrangeira a língua portuguesa.

Desde o respeito que temos a todas as posições que honestamente se manifestar sobre o galego independentemente da visom que do mesmo manifestem, nós nom fazemos a presente para discutirmos a natureza das falas da Galiza em relaçom com a língua portuguesa, nem da possibilidade de estarmos no mundo trajados praticamente de galegos, e sim para lembrarmos a importância propedêutica do ensino do português para os galegos para ajudar a rachar o processo inconsciente porém real, que faz perceber ao castelhano como língua de correcçom da nossa língua galega, e que independentemente da nossa olhada e achega ao português nom há de deixar-nos de ser útil.

Tampouco queria cansa-los lembrando-lhes que é uma língua importante internacional, com mais falantes que o francês, oficial dos organismos internacionais e da nossa Uniom Europeia; que é a quinta língua do mundo de mais utilizaçom na internet, segundo os últimos dados dos organismos a ver com a web, por cima da língua castelhana da que estou seguro haverá pessoas que enfatizarám sobre a sua importância internacional ainda que desconheçam que esse elemento tam representativo como som as wikipédias do uso das língua e os recursos a elas ligados, a correspondente ao castelhano tem neste momento quase que cinquenta mil artigos menos que a portuguesa.

Porém a reclamaçom da língua portuguesa nom é tam simples como a de qualquer outra língua que disponha de pessoas com título habilitante para darem aulas da mesma, nem na nossa comunidade autónoma existe uma posiçom a respeito da directiva europeia como a que tem o governo da Estremadura espanhola, senom que leva o esforço de que pessoas pertencentes ao claustro desse centro se ofereçam como professorado de português, o que nom deveria pôr especiais dificuldades ao professorado de língua galega, grande parte dele licenciado em galego-português e com estudos sobre esta língua, e/ou outro professorado com conhecimento suficiente para dar as aulas de português.

É por isso polo que encorajamos o claustro e os professores de língua galega a serem firmes na defesa desta oportunidade de incorporarmos a língua portuguesa ao nosso sistema de ensino, como segunda língua estrangeira.

Quero ademais lembrar, que as Escolas Oficiais de Línguas da Comunidade Autónoma da Galiza, ofertam formaçom especial e acelerada na língua portuguesa, destinada ao professorado que se candidatar para dar estas aulas.

A nossa Associaçom tenhem-na vocês ao seu dispor em todos aqueles aspectos a ver com levar avante esta iniciativa e para qualquer cousa que achem do seu interesse tanto na nossa página web: www.agal-gz.org, como neste endereço da minha pessoa na condiçom de Presidente da AGAL

Os meus mais cálidos saúdos

O Presidente da AGAL

Alexandre Banhos
Comentários (0) - Secçom: Língua - Publicado o 11-07-2007 18:27
# Ligaçom permanente a este artigo
Nace Causa Galiza
Causa Galiza nace co obxectivo de aglutinar nunha única marca a todos os colectivos, persoas, organizacións políticas e sociais e defenden o dereito de autodeterminación do país. Defínese como "unha entidade social, ampla e de esquerda" que nace co obxectivo de denunciar a insuficiencia do marco autonómico e constitucional para resolver os problemas do país.

A súa intención é situarse por riba da atomización da esquerda independentista e ofrecer unha resposta política non marxinal. De igual xeito, outro dos seus obxectivos é superar o ?conflito normativo?. Entre os integrantes do grupo figuran Braulio Amaro, que asume as funcións de voceiro, e Antón Álvarez, integrante da Comisión de Medios.

Causa GZ presentarase este sábado ás doce do mediodía na entrada da Igrexa de San Martiño Pinario, en Compostela. Esta presentación é o resultado dun proceso de debate e conversas iniciado o pasado 3 de marzo. No acto farase público o documento organizativo acordado, así coma un manifesto da entidade. De igual xeito, Causa GZ presentará o sábado os actos que ten previsto organizar para o 25 de xullo.
Comentários (0) - Secçom: Política - Publicado o 11-07-2007 18:13
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0