Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Punto e seguido

Disque todo o que comeza remata, e este proxecto meu non había ser menos. Facer un blog levoume a coñecer moita xente de moi diversos lugares: Galiza, Brasil, Portugal, Euskal Herria, Italia,... Permitíume espallar ideas, tanto as miñas como as doutra xente, a todo o mundo; fíxenas viaxar. Viaxar... sempre me gustou viaxar e coñecer novas xentes, culturas e xeitos de vé-la vida; eu trocaría ese lema de rebeldía de 'live fast, die young' polo de 'live travelling, die knowing'.

Quédame aínda moito por dicir, pero tamén me quedan moitas cousas por facer. É unha especie de controversia entre contar e facer, e coido que o mellor é vivir para poder contar. Lémbrome agora dicindo isto dunhas declaracións de Arnaldo Otegi: "pensamos que o día en que en Azkoitia ou en Zubieta se coma en hamburgueserías, e se oia música rock americana, e todo o mundo vista roupa americana, e deixe de falar a súa lingua para falar inglés e todo o mundo esteña, no canto de estar contemplando os montes, funcionando con internet... pois para nós ese será un mundo tan aburrido, tan aburrido, que non pagará a pena vivir".

Nunca fun demasiado bo en canto ó tema das despedidas... debe ser que no meu maxín son incapaz de asimilá-la verba "adeus" e acostumo a trocala por "deica vernos". Un adeus é un punto final, e para min tódolos puntos son punto e seguido.

Voltarei por aquí? Non sei... pode que si e pode que non... deixo tódalas portas abertas. Como xa lle dixen á Randeeira na súa despedida, concibo o tempo, o mundo, o todo en xeral, de xeito circular, esférico para sermos máis exactos; de xeito que un inicio sempre é un final, e un final sempre é un principio, e non teñen por qué coincidir nun mesmo punto... os extremos sempre se tocan, pero é que nunha esfera todos son extremos e tódolos finais son comezos á súa vez.

De todas cantas ideas teño deixado aquí rexistradas, hai unha que considero que paga a pena especialmente, que inclúe a todo o mundo, que é un anceio universal; é por iso que non quixera dicir "deica vernos", sen dicila unha vez máis:

Sempre cara adiante,
sempre en positivo.
Comentários (18) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 16-07-2007 20:46
# Ligaçom permanente a este artigo
Stop Censura
Esta cantiga adicáronlla grupos como Boikot, S.A., Berri Txarrak, Barricada ou Las Niñas (entre outros) a eses hipócritas que cren que a súa é a única opinión válida, aos que censuran concertos de grupos musicais con burdas excusas namentres deixan que se fagan macroconcertos de grupos de ideoloxía nacionalsocialista nos seus feudos. Esos que van de vítimas e só recoñecen as "súas" vítimas. Esos censores nostálxicos, que saloucan lembrando a morte de Franco.

Esta cantiga adícolla eu, persoalmente, ós feixistas que pretenden censurar a quen non cre as mesmas patrañas ca eles, adícolla á cada-vez-máis-feixista AVT, ó PP e a toda esa panda do Foro de la Familia, Hazte Oír,... en fin, a tódolos nostálxicos da bandeira do "moucho".


Boikot - Stop Censura


Stop criminalización! censura!
Stop criminalización! basura!
Stop criminalización! censura!
¿Dónde está la libertad de expresión?

Acoplados, metidos todos en el mismo saco,
aguantando mentiras y manipulaciones;
no escuchas, no entiendes, no sabes, no comprendes...
sólo lo que sale de tus putos cojones!

Eres un valiente, valiente hipocresia!
Dentro de tus lista no hay terroristas,
sólo personas que van a defenderse
cantando luchando con uñas y dientes.
No nos cierren la boca, asociaciones de censores,
no respeten el derecho de las libres opiniones
prohibiendo y torturando en épocas pasadas,
épocas oscuras ahora recordadas!

Hitzen munduan mugitzen gara aske izan nahian,
kaiolan libre garela ezin onartuz.*

Stop criminalización...

La protesta es un arma, es la mejor defensa.
También denunciamos cantando y tocando,
ahí es donde duele que se expresen las verdades.
La censura otra vez 50 años mas tarde,
ahora hacen de jueces las asociaciones
aplicando sus leyes a las difamaciones.

Despues los justicieros se reúnen reventando
actos culturales; su mitin es un asco!!
Sin musica no voy y menos a otra parte,
son maneras de vivir, vivir asi es un arte;
sus extremos si provocan y parecen protegidos
quien esta detrás? Por quienes son dirigidos?

Hitzen munduan mugitzen gara aske izan nahian,
kaiolan libre garela ezin onartuz.

Stop criminalización...

Mientras tanto recordad: prohibiran las reuniones,
los conciertos, la cultura en general...
Pero si siguen disparando, que nunca nos señalen
aunque somos su objetivo no nos vamos callar!
Esta canción no es una bala, aunque te esta
apuntando las palabras nunca matan,
a ver si sabeis diferenciar!!!

Hitzen munduan mugitzen gara aske izan nahian,
kaiolan libre garela ezin onartuz.

Stop criminalización...


*Movémonos no mundo da palabra querendo ser ceibes, non podemos aceptar que somos livres en gaiolas.
Comentários (1) - Secçom: Música - Publicado o 15-07-2007 22:45
# Ligaçom permanente a este artigo
O PP contra Muguruza
Agora resulta que aos mestres da hipocrisía tamén lles molesta que Fermin Muguruza cante no festival Linguas Vivas... os motivos que esgrimen son os de sempre, mais o que eu penso é que como estes coitados homiños non entenden euskara deben crer que cada vez que pronuncie eta (e) está a referirse E.T.A. (Euskadi Ta Askatasuna). Pode que sexa iso, ou pode que lles moleste que figure no cartel dun festival que ten por nome "Linguas Vivas", e para esta xente as únicas linguas vivas que hai no mundo son o castelán e o inglés... cousa curiosa, pois a meirande parte deles non teñen nen puta idea de inglés; é máis, nin sequera saben falar castelán, aínda que tampouco se dignan a falar galego... deste xeito crean un idioma chapurreado, mestura de galego e castelán con anglicismos polo medio, que cren superior a calquera outro... que fodidamente puta é a iñorancia!!

Din de Fermin Muguruza que insta á violencia e non sei cantas merdas máis. Para estes individuos só hai unhas vítimas, as súas, e uns asasinos, os outros; din que en Euskal Herria se ameaza aos amantes da fabula española, pero non lles importa que na España se ameace ós que non cren nesa fábula. Non lles importa que Fermin Muguruza reciba cada día no seu correo electrónico ameazas que rezan: "Te mataremos, ya matamos a un Muguruza y tú serás el segundo". Impórtalles un carallo a morte de Josu Muguruza, porque el non é unha das SÚAS vítimas. Só son uns falsos hipócritas...

A esta xentiña impórtalles demasiado o que pase na zona de Euskal Herria que teñen colonizada, non queren que se perda o poder de metrópole e por iso cada vez que se manifesta alguén discordante coas súas ideas queren calalo, censuralo, ilegalizalo... non protestan, non, porque os falanxistas ameacen con "pasar" de novo".

Hoxe e sempre:
O povo falará
El poble parlarà
Herriak du hitza


En fin... non sei nin por que escoito as parvadas que din estes nostálxicos do nacionalcatolicismo... coido que me é mellor desconectar facendo unha viaxe mental a Bilbo:

Fermin Muguruza - Bilbo
Comentários (2) - Secçom: Denúncia - Publicado o 14-07-2007 11:35
# Ligaçom permanente a este artigo
A Igrexa contra o condón
A postura da Igrexa Católica, ás ordes do Papa de Roma que se escuda no seu Estado e se arrodea dos membros da Curia Vaticana, con respecto ó uso do preservativo é coñecida por todos.

Son os meirandes hipócritas da Historia... predican humildade e pobre mentres eles fachendean das súas riquezas, predican vida e morte dignas mentres condean a millóns de persoas no mundo a unha existencia penosa. A súa postura en contra de poñer un anaco de goma na pirola pra botar un polvo está levando a África á autodestrucción... familias que non son quen de alimentar aos seus fillos, fillos que nacen coa SIDA, SIDA que deixa nenos orfos.

Eu sempre digo que a mellor, máis brutal e certeira crítica é unha brincadeira... e quen mellor que os Monty Python pra facer unha brincadeira?

Todo esperma é sagrado
Comentários (2) - Secçom: Denúncia - Publicado o 12-07-2007 13:53
# Ligaçom permanente a este artigo
Vaya Semanita vs. Renault Megane
O programa da ETB2 Vaya Semanita é, sen dúbida, xunto co de Polònia da TV3, do mellorciño que hai en canto a humor en tódalas televisións do Estado.

Non hai máis que vé-la súa última promoción, na que parodian o famoso vídeo do Renault Megane:

Renault Megane


Vaya Semanita
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 12-07-2007 13:17
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.