Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Pra bom entendedor um emoticon já basta
Unha pequena reflexión humorística sobre os novos xeitos de ligar da nosa sociedade, hehe. A quén non lle pasou nunca cousa algunha semellante? E o máis importante... por qué os tipos se enfadan con quen quere ligar coa súa moza no canto de facelo coa súa moza por estar a flirtear??

Mensagem Instantânea
Comentários (1) - Secçom: Humor - Publicado o 30-06-2007 17:25
# Ligaçom permanente a este artigo
Heil Hitler??
Non puiden evitar pendurar este vídeo no blog... Decátome de que estiven todo un verán escoitando unha cantiga dun grupo neonazi xermano... e mesmo me chegou a gustar e todo!!

Dicídeme agora se non houbo ninguén máis que a estivese a escoitar unha e outra vez na radio, chiringuitos, bares, pubs, discotecas e demáis locais durante todo o verán pasado:

Vorwärts über Leichen / Volverá


Vía Menéame.
Comentários (4) - Secçom: Humor - Publicado o 30-06-2007 16:24
# Ligaçom permanente a este artigo
Cousas do YouTube...
Vaia carallo!! Os paisanos do YouTube canceláronme a miña conta disque por violá-lo copyright... unha que eu considero esos dereitos moi relativos, e outra, a máis fodida, que o vídeo que fixo que me pechasen a conta foi este... que xa ten collóns que te eliminen a conta por isto!

En fin... que despois de varios intentos errados de reactivala decidín crear outra. Non me deixaba usá-lo mesmo nome, así que despois duns trinta e algo nomes rexeitados, supoño que por ser xa existentes, aquí vou a volver a pendurá-los vídeos que tiña. Desculpas a toda a xente que se vise afectada por isto.
Comentários (5) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 30-06-2007 15:32
# Ligaçom permanente a este artigo
Gracias Tío Sam
Andaba eu pola rede meneando cando din con esta nova. Resulta que agora España é un dos países que máis odia ós USA e pasa así a compartir opinión con países coma Irak ou Afganistán. Eu a verdade é que non entendo o porqué desta situazón... coa cantidade de cousas que lle debemos ós USA!! Se mesmo, cito palabras textuais que me dixo alguén nunha conversa hai tempo, “se non fose polos Estados Unidos botábansenos enriba os moros co de Perejil”; dúas cousas que non comprendo eu é o porqué unhas illas que están na costa africana pertencen a España (Europa) e que ten que ver o touciño coa velocidade... claro que sempre se pode xustificar que a relación depende do rápido que vaia o porco, e así podemos xustificar canto nos pete.

En fin... que eu creo que ós USA témoslle que dá-las grazas por moitas cousas:

DJ Makei & Snatas - Gracias Tío Sam
Comentários (1) - Secçom: Denúncia - Publicado o 29-06-2007 20:30
# Ligaçom permanente a este artigo
Asturies ye diferent
Vivimos en una pirámide tiránica
los de abajo siguen abajo por rutina mecánica...
[...]
es realmente desconcertante
que un presidente de León permita que lleguemos a esta situación.
[...]
que bonita está tu Asturias... que pena que llueva!
ya, bueno... creo que lo del verde, el agua y todo eso que llueva conlleva...
[...]
tienen que inventar otra verdad
y colocarla dentro de nosotros... y a ver si cuela;
y no pasa ná... que ahora todos los de aquí son de clase media...
las prejubilaciones de sus padres hacen que lo crean.
[...]
cuando acabas la carrera te tienes que pirar fuera
por mil euros de mierda pa la cartera.


Dark la eMe - Asturies ye diferent
Comentários (0) - Secçom: Música - Publicado o 29-06-2007 20:20
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.