Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Duvidando...
Manhã, eleiçons ao parlamento galego... Que fazer?

Optar por um soberanismo desunido...

Nós-UP


FPG


Ou por um galeguismo moderado de centro-esquerda, mas unido e com capacidade eleitoral de frenar a Frijol?

BNG
Comentários (3) - Secçom: Política - Publicado o 28-02-2009 17:07
# Ligaçom permanente a este artigo
Galicia bilingüe ou Galicia monolingüe en castelán?
Desde hai tempo estamos a asistir con abraio a un conxunto de opinións tallantes e sen apoio científico de ningún tipo: que o castelán está en perigo de desaparición en Galicia perante a presión e o asoballamento do galego. Todo o mundo opina, a prol ou en contra desta afirmación, pero ninguén cita os estudos sociolingüísticos que sobre o tema existen en Galicia.

A lingüística galega acadou un desenvolvemento moi importante nestes vinte e cinco ou trinta últimos anos. Unha das disciplinas lingüísticas máis desenvolvidas foi posiblemente a Sociolingüística. Entre os anos 1994-1996 o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega publicou os tres volumes do Mapa Sociolingüístico de Galicia, onde se presenta a situación do galego e do castelán en Galicia. De acordo con estes datos, entre os menores de 20 anos, o 45,9% é castelanfalante inicial, mentres que na cidade esta porcentaxe ascende a un 65%. Eu non vexo por ningures a desaparición do castelán de Galicia. Por outra banda, o ensino universitario en galego só acada un 16%, sendo máis habitual nas carreiras de letras que nas de ciencias ou xurídicas.

Segundo o devandito Mapa Sociolingüístico de Galicia, a porcentaxe de pais que falan cos seus fillos en galego anda arredor do 30%, co que descende perigosamente a transmisión interxeracional do galego. Os sociolingüistas consideran que cando unha lingua acada o límite do 30% na transmisión interxeracional corre grave risco de desaparición. E aínda din que o galego asoballa o castelán…

No outono de 2008 a sección de Lingua do Consello da Cultura Galega publicou un estudo que analiza a evolución do uso do galego entre 1992 (ano dos últimos datos achegados polo Mapa Sociolingüístico) e 2003: A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Os datos demostran que o avance do castelán sobre o galego non se deteu nestes once anos, senón que aumentou.

Deste xeito se en 1992 o uso do galego era do 2,97 sobre 4, en 2003, malia todo o asoballamento que sofre o castelán segundo Galicia Bilingüe, o PP e UpyD, baixa ao 2,89. Nos núcleos de poboación de máis de 50 000 habitantes descende do 2,23 ao 2,19. Segundo este mesmo estudo, no sector de poboación menor de 16 anos ten o galego como lingua inicial ou aprende a falar en galego na casa espontaneamente un 30%.

En Vigo, a maior cidade de Galicia, só o 8,9 usa como lingua habitual sempre o galego, mentres que o 47,7 emprega só o castelán. Onde está, xa que logo, a persecución lingüística do castelán? Se alguén necesita protección é o galego e se, por outra banda, alguén non está precisamente en perigo de desaparición nin en situación de asoballamento é o o castelán.

Neste outono publicaron o Consello da Cultura Galega e o ICE da Universidade de Santiago outro estudo sociolingüístico de grande interese, Situación do ensino da lingua e literatura galega na educación secundaria obrigatoria, onde se reflicte que só o 21% dos alumnos da ESO teñen como lingua inicial o galego. Esta porcentaxe ascende nos colexios privados (fundamentalmente urbanos) ata un 90%. Resulta abraiante a afirmación da persecución do castelán cando na clase de galego só o 56,6% dos alumnos se dirixe en galego ao profesor, facéndoo o resto en castelán. Non esquezamos que estamos a falar da clase de lingua e literatura galegas e non da de matemáticas, historia… U-la famosa persecución? Entre os alumnos de galego só o 23,3 % usan entre eles o galego.

Por outra banda, un recente estudo do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo sinala que apenas se cumpre o decreto do emprego do galego no ensino non universitario nun 25% dos centros de ensino de Vigo.

Así mesmo a situación legal do galego é claramente subordinada á do castelán, desde o momento en que a Constitución establece para o galego só o dereito a coñecelo, mentres que para o castelán estipula o deber e o dereito de coñecelo. Quen queira ter unha información de primeira man e unha boa síntese das relacións castelán-galego debe comezar por ler un libro publicado neste verán que esclarece todo isto de xeito ameno e rigoroso: A represión lingüística en Galiza no século XX, de María Pilar Freitas Juvino.

Cómpre salientar que os que sinalan que o castelán está en perigo en Galicia son os sucesores das elites decimonónicas que coidaban que a integración plena no Estado español centralista de xeito que se asumise a súa cultura e a lingua castelá, esquecendo o galego, suporía o progreso para Galicia ao entrar nun ámbito económico e cultural superior. Manuel Veiga no seu fermoso libro O pacto galego na construción de España demostra ben este comportamento das elites económicas galegas na Restauración e o seu fracaso, que non trouxo progreso, senón atraso. O argumento a prol do castelán era que esa lingua e esa cultura abrían ao mundo, porque o castelán era a ciencia, o progreso e o comercio. Hoxe o argumento é practicamente o mesmo, pero o castelán debe prevalecer sobre o galego por mor da famosa globalización. Onde antes se dicía progreso, agora din globalización.

Non obstante, isto non deixa de ser un paponismo castelanista –tomo a expresión de Xosé Ramón Pena-, pois a lingua da globalización e da ciencia non é evidentemente o castelán, senón o inglés. Eu se tiver que escoller, elixiría, por isto, o emprego do galego e do inglés como linguas vehiculares no ensino e o uso do castelán só na clase de lingua e literatura castelá, pois é tanta a súa presenza nos medios de comunicación, no lecer e no mundo urbano que coa clase de lingua e literatura castelá abonda para facerse con esta lingua. E non esquezamos que se aceptamos a globalización, tamén cómpre asumir que nun mundo globalizado é necesario manter a propia identidade e o mellor medio de conservar unha identidade de noso nun mundo globalizado é a lingua propia, no noso caso, o galego.

En fin, non quero cansar pero ben viría que institucións científicas como as Facultades de Filoloxía Galega, Consello de Cultura ou a propia Real Academia Galega desen nestes días unha opinión autorizada sobre o tema e que calen os afeccionados a sociolingüistas de Galicia Bilingüe, o PP, El Mundo e tantos outros. De paso, a Real Academia Galega podía tamén excluír da listaxe de académicos correspondentes a Francisco Franco Bahamonde, pois dá noxo ver ese nome na páxina web desta institución.

Para rematar, eu creo que o ataque de Galicia Bilingüe, o PP e todo o nacionalismo españolista contra o galego nestes momentos é algo que, fronte ao pesimismo que nos poden traer os estudos sociolingüísticos, nos fai ser optimistas. Coidaban que o galego desaparecería, como alguén prognosticou, cando chegase o século XXI, mais seguimos a estar aquí e cada día hai máis xente que lles planta cara. Ademais comeza a ser útil saber galego para acceder a determinados postos de traballo. Mentres só fose unha lingua literaria, tolérabano (como a política viguesa que di que a súa neta le contos en galego), mais cando o seu coñecemento é útil para acceder a determinados postos, especialmente na Administración, pon en perigo os privilexios que tiñan de sempre os castelanfalantes, só polo feito de selo nun Estado supercentralista como o de Franco. Iso xa é outra cousa.

Por outra banda, eu son da opinión de que non debemos caer na provocación de manifestacións e contramanifestacións, senón debater con argumentos e cifras para demostrar que se hai alguén asoballado, eses somos os de sempre. E aínda máis, dentro de quince dias hai eleccións e eu non sei a quen votarei, pero polo menos sei a quen tratarei de botar do poder para que non lexisle contra o galego. Nunha democracia, as urnas son a mellor manifestación e esperemos que o día 1 gañe o galego e que perdan os seus inimigos.


Comentários (2) - Secçom: Língua - Publicado o 12-02-2009 23:34
# Ligaçom permanente a este artigo
Espanha difama e manipula
Bom, o prometido é dívida. Isto é apenas umha ampliaçom do artigo sobre a contramanifestaçom contra os vil-lingües espanholistas.

Resulta que o canal de televisom espanhol laSexta realizou umha crónica totalmente manipulada dos feitos, difamando contra o movimento ridiculista e contra todos os que realizaram contra-protestas pacíficas. Nom aguardava menos dum média espanhol... mas a desproporcionada manipulaçom chamou-me a atençom:

laSexta relaciona ridiculismo com barbarie


Toda esta merda soltaram dumha manifestaçom que se baseou em carregar espanhóis à Galiza para fazer vulto. Gente de partidos tam democráticos como vem sendo a Falange Española, de las JONS ou Auténtica. Esses som os "demócratas indefensos que defendían el bilingüismo".

Na reportagem de A Nosa Terra pode-se ver perfeitamente que o velho que saiu em todos os média espanhóis como vítima foi em realidade verdugo, quem agiu primeiro:

Vídeo-reportagem dos eventos do 8-F em Compostela


Enfim. Com isto dou por concluído o tema... nom sem antes dar as graças a SuperPiñeiro por nom calar:

SuperPiñeiro quita-lhe a máscara a Galicia Bilingüe
Comentários (0) - Secçom: Denúncia - Publicado o 12-02-2009 22:44
# Ligaçom permanente a este artigo
Go on home spanish soldiers!!
Pensava que com fazer a crónica da manifestaçom já era suficiente... mas a maquinaria de manipulaçom espanhola nom tem freio.

Hoje nom tenho tenho nem ganas de escrever, mas manhã faço umha continuaçom mostrando o lixo que cuspe a caverna espanhola.

E agora deixo-vos com umha fermosa cançom que dedico a toda a borralha espanhola:

Liscade prà casa, soldados espanhois!!
Comentários (0) - Secçom: Denúncia - Publicado o 10-02-2009 23:39
# Ligaçom permanente a este artigo
Fei, Tou e Quin situam a Galiza no mapa
Seeeenhooorass e senhooooresss já estám aqui as eleiçons! E com elas chegam os Galicreques.

Os pequerrechos estám aprendendo na Galescola a situar a CAG no mapa:

O Puzzle
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 09-02-2009 20:28
# Ligaçom permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.