Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Viva a Selección Española!!
De todos é sabido que en moitos lugares do Estado a mal chamada "Selección Nacional" (de cal das nazóns do Estado??) non desperta precisamente paixóns.

Persoalemente apoio ó meu Deportiviño e á miña Selección Nacional,... tamén desperta en min algunha simpatía a Selección Portuguesa ou a Brasileira, mais prometo que no vindeiro mundial hei de ir a defender a morte as cores da "Selección Nacional":

"Rojo es el color del equipo español,
Roja será nuestra fiesta,
Todo al Rojo nuestra apuesta.
Rojo es el color que tiñe mi corazón"


Avante "Selección"!!
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 25-02-2007 18:35
# Ligaçom permanente a este artigo
Queixumes dos Pinos
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso clan.
Non deas a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Teus fillos vagorosos
en que honor soo late,
a intrépido combate
dispondo o peito van;
se, por ti mesma, libre
de indigna servidume
e de oprobioso alcume,
rexión de Breogán.

Á nobre Lusitania
os brazos tende amigos,
ós eidos ben antigos
con un punxente afán;
e cumpre as vaguedades
dos teus soantes pinos
duns máxicos destinos,
¡oh, grei de Breogán!

Amor da terra verde,
da verde terra nosa,
acende a raza briosa
de Ousinde e de Froxán;
que aló nos seus garridos
xustillos, mal constreitos,
os doces e albos peitos
das fillas de Breogán;

que á nobre prole insinen
fortísimos acentos,
non mólidos concentos
que ás virxes só ben están;
mais os robustos ecos que,
¡oh, patria!, ben recordas
das sonorosas cordas
das arpas de Breogán.

Estima non se alcanza
cun vil xemido brando;
calquer requer rogando
con voz que esquecerán;
mais cun rumor xigante,
subrime e parecido
ao intrépido sonido
das armas de Breogán.

Galegos, sede fortes,
prontos a grandes feitos;
aparellade os peitos
a glorioso afán;
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
luitade plos destinos
dos eidos de Breogán.

Queixumes dos Pinos - Eduardo Pondal


Queixumes dos pinos
Comentários (2) - Secçom: Cultura - Publicado o 25-02-2007 17:38
# Ligaçom permanente a este artigo
Amolado
Hoxe ando medio amolado e non remato de saber por qué. Ando dándolles voltas a unhas poucas cousas...

Tiña en mente un artigo caralludo pra escribir onte "contando" cómo foi a noite do xoves (caralluda e rara! XD), pero non o puiden poñer porque este computador é do ano 98, e aínda non existía o USB 2.0, de xeito que non puiden entubá-lo vídeo que teño no disco duro externo. É unha puta merda té-lo portátil escarallado! :/

Onte escribín outro artigo e o tranganillo este bloqueuse mentres publicaba, de xeito que me nego a reescribilo... E hoxe as cousas por aquí andan un pouco do estilo:

-E ónde vas rapás?
Comentários (2) - Secçom: Reflexions - Publicado o 24-02-2007 19:02
# Ligaçom permanente a este artigo
Crébase España
Militares asinan un manifesto contra gais, memoria histórica e reformas estutarias.

"No admitiremos un final deshonroso para nuestra patria (...) la unidad de España, que tantos siglos y sacrificios necesitó para consolidarse, está en serio peligro", recolle o documento. Vai asinado por militares na reserva e parentes doutros en activo, incluídos varios coroneis e capitáns do exército español. Entre outros, o texto cualifica de "gravísimo error" as iniciativas en favor da recuperación da memoria histórica, critica a retirada en Zaragoza dun monumento adicado a Franco e asegura que as ideas defendidas nese manifesto son asumidas por importantes sectores e cadros do exército.

O texto tamén inclúe abundantes referencias relixiosas e denuncia a existencia de "obras de teatro blasfemas, películas insultantes para nuestras conciencias cristianas" ou "tertulias que hacen burla de nuestra fe" e "programas anticristianos".

De paso, quéixanse de que "al ejército lo amordazan de modo anticonstitucional y lo convierten, además de mudo, en un ente sordo y ciego". Engaden ao respecto que calquera grupo "incluídos emigrantes o okupas" teñen medios que "expresen sus aspiraciones o quejas libremente".

"El Estatuto catalán ofrece todos los precedentes para que en un futuro próximo el principado de Cataluña se independice", aseguran, "el mismo camino lleva el futuro Estatuto vasco". "Después llegarán los estatutos gallegos, valencianos, mallorquines, canarios, directamente traducidos del modelo catalán, a los que la derecha se adhiere de forma suicida".

Do manifesto fanse eco en diversas webs de colectivos sociais. O orixinal foi publicado no espazo Infonacional que lle fai espazo ás voces de formacións como a Falanxe ou Fuerza Nueva.


Isto confirma as miñas teorías:

- España é un Estado artificial que necesitou "muchos siglos y sacrificios para consolidarse", ou dito doutra forma, que se fixo a base de oprimir nazóns, persoas e ideas.

- Ás dereitas españolistas non lles convén lembrar que isto foi así, por iso rexeitan a Memoria Histórica.

- O exército segue apoiando o franquismo.

- O nacionalcatolicismo segue vixente no exército español; España é católica... logo non son español.

- Ao exército non lle gusta non sé-lo protagonista, quere que o Estado volva a estar gobernado como un cuartel militar.

- Os Estatutos rematarán por crebar España... VIVA!! VIVA!!

Símbolos Fascistas fóra da Galiza!!

Comentários (8) - Secçom: Política - Publicado o 21-02-2007 19:23
# Ligaçom permanente a este artigo
A pola 3ª República!
Visca Catalunya Lliure!!
Gora Euskal Herria Askatuta!!
Viva Galiza Ceibe!!


"Estamos a recuperá-la vinculación da esquerda cos dereitos democráticos fundamentais, co dereito de Autodeterminazón dos pobos e reivindicando dende Madrid o enfrontamento co mesmo Imperialismo Español que oprime as nacionalidades"

"Non se pode falar de democracia cando estamos cunha Constitución outorgada, consentida, excluínte... que exclúe de xeito específico o dereito á Autodeterminazón no artigo dous e que ten un xeito político e unha xefatura do Estado que foi nomeada por Franco"

"Solidariedade con tódolos pobos que están a reivindicar elixir de xeito ceibe os seus destinos"

"Sen Autodeterminazón a República só é unha galleta seca, un conxunto de normas e procedementos pra o mantemento e reprodución do Statu Quo, do poder constituído"

"Paréceme inconcebíbel que haxa debate sobre este tema. É como tratar de debatir na actualidade se as persoas teñen dereito a decidir con quén casan ou con quén viven... este mesmo dereito levado á colectividade é o dereito á Autodeterminazón"

Manife pola 3ª República en Madrid
Comentários (5) - Secçom: Manifestos - Publicado o 20-02-2007 02:56
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.