Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Benvido 2007!!
Hoxe é día de festa, de xeito que non vou poñer aquí nada máis que isto que hai que santificá-las festas! XD

Remata o 2006, e o balance que fago deste ano que fina é realmente bo, a puta hostia!!! De xeito que só agardo comezá-lo novo ano con bo pé e que sexa igual ou mellor ca este.

Hoxe, ás 00:00 GMT comeza un novo ano para Galiza. As badaladas da Porta do Sol terán soado unha hora antes en tódalas nosas televisións.

Brindo por tódalas xentes deste mundo, pola prosperidade das nazóns, polo fin das guerras inútis, pola cultura, pola liberdade, brindo porque non nos esquezamos de África, nin de Palestina, nin de Cuba... brindo por todos vós e, por suposto, brindo á miña saúde.

Que teñades un gran comezo do 2007, e que ó longo deste novo ano non falten ocasións para celebrar e facer festas e caralladas.

Feliz 2007!!
Comentários (2) - Secçom: Festas - Publicado o 31-12-2006 14:38
# Ligaçom permanente a este artigo
O continente esquecido
De cando en vez me dan viradas e me poño a investigar compulsivamente sobre algún tema na rede (google, youtube, wickycousas)... tanto poden ser fotos nas que se lle vexa a perrecha a algunha famosa como algo sen importancia XD

Mais desta volta a cousa non é de chiste... onte estiven a ver a película O Milagro de Candeal e decateime de que apenas se fala de África (si, xa sei que Candeal é unha favela do Brasil, pero os ritmos de Carlinhos Brown son africanos, aínda que el non o soubese e llo explicase o gran Bebo Valdés). De xeito que decidín, xa que me metín ao tema de Euskal Herria e Palestina, tirarme á piscina sen mirar e comezar a falar de África tamén.

Porque os galegos somos emigrantes... en tódalas partes do mundo hai un galego... e mesmo na Lúa! Que por certo, cántas noites pasei eu de cativo á procura do cabrón do galego que se agocha na lúa! XD

O caso é que un pobo de emigrantes non pode mirar só cara el mesmo, coma se se tratase do embigo do mundo, de xeito que me embarco neste proceso ás cegas e sen saber se poderei facer un traballo minimamente bo ó querer falar de tantas cousas... de tódolos xeitos intentareino.

Comecemos a falar de África, non nos esquezamos de África... Don't give up África:
Comentários (1) - Secçom: África - Publicado o 31-12-2006 02:51
# Ligaçom permanente a este artigo
A Randeeira dixit
Detido un terrorista da ultradereita arxentina que foi xefe de escolta de Fraga

Rodolfo Almirón Sena considerado o xefe da organización terrorista AAA (Alianza Anticomunista Arxentina) foi detido o pasado xoves en Valencia. Rodolfo Almirón, de 70 anos de idade, vivía en España dende 1975. Durante algúns anos e ata 1983 Almirón, presunto autor directo de varios asasinatos, traballou como xefe de seguridade de Manuel Fraga, que naquel entón lideraba a Alianza Popular. O Movimiento de Argentinos en el Exterior presentou unha querela contra Almirón e pediu que se citase na causa, entre outros, a Manuel Fraga e a Alberto Ruiz-Gallardón.

Almirón foi un estreito colaborador de Juan José López Rega, ex ministro do goberno de Isabel Perón. A chamada Triple A cometeu máis 600 asasinatos durante a segunda metade da decada dos 70.

Estarán a investigar escuras tramas os policías coas novas de A Randeeira??
Comentários (2) - Secçom: Notícias - Publicado o 30-12-2006 19:39
# Ligaçom permanente a este artigo
Satanás non quere cambiar de réxime
Satanás está a morrer
Vin esta viñeta mergullándome nos artigos de banda deseñada humorística de La Voz de Galicia e tívome moito chiste.

Aínda non fai moito que o meu tío cubano, que agora está nos Estados Unidos tras pasar uns anos en Galiza e logo en España tras pasalas moi putas para poder saír da illa e sacar á súa familia chamou ao meu pai e lle dixo (léase con acento cubano):
- Satanás se está muriendo!!

XDDDDDDD
Comentários (9) - Secçom: Humor - Publicado o 29-12-2006 20:16
# Ligaçom permanente a este artigo
O mellor do partido
Todos sabedes o resultado do partido de onte, 1-1.
Malia que o deslucíu un pouco a actitude de forte defensa de Ecuador, facendo moitas faltas para impedí-lo xogo rápido de Galiza penso que ambas seleccións xogaron ben e fixeron un partido bonito, agradábel de ver.

Algúns tiveron a sorte de poder velo en Riazor... eu por desaxustes de última hora tiven que velo na casa, non sen menos entusiasmo e apoio. Pero polo feito de velo na casa tiven a oportunidade de escoitar as declaracións de Zura (Ecuador) cando foi trocado, que foron, para min, o mellor do partido.

Cando lle dixo o reporteiro que estaban a xogar moi forte, que se estaban a tomar moi en serio o partido malia ser amistoso, este respostou:

"Para nosotros este es un partido oficial"
Comentários (3) - Secçom: Desportes - Publicado o 29-12-2006 14:32
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.