Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Os bascos vistos polos yankees
Todos sabemos que a visión do mundo que teñen os americanos é moi limitada. É frecuente que sitúen a España en México e chaman mexicano ao castelán entre outros disparates.

Pois imaxinádevos se se propoñen falar de Euskal Herria! Apaga e ímonos!!... Aquí vos traio dous exemplos de cómo cren os americanos (corrección: norteamericanos... corrección: estadounidenses... para non equivocarnos: iankis... estoooo... xa dixen varias veces que non me gusta traducir certas cousas... chamareinos yankees!) que son os bascos.

1º vídeo
Este primeiro vídeo ten lugar (supostamente) en Euskal Herria. Mirándoo decatámonos das seguintes cousas:

- Os bascos adicanse a secuestrar americanos e metelos en cabanos nas montañas... os zulos da ETA como no que estivo Ortega Lara son só unha tapadeira...

- Os bascos acostuman a pasear polo monte en toalla... é algo que non chama a atención en Euskadi.

- Os bascos son descendentes de mexicanos... polo menos iso se deduce dos seus rasgos.

- En Euskal Herria danse moi ben os plátanos, tanto que mesmo fan os teitumes das cabanas con follas desta árbore... tamén é común ver ristras de plátanos a curar penduradas dos alpendres.

- En Euskadi os físicos e os xeólogos adícanse ao mesmo... eu aquí o que penso é que querían que a muller lles fabricase unha bomba atómica pra meter un petardazo en Bilbo e celebrá-la fin do ano, xa sabedes que aos de Bilbo lles gusta facer todo ao grande! hehe

- Aos bascos non lles gusta ducharse con auga quente... van ás montañas e constrúen rudimentarias duchas pra asearse.

- Os euskaldunes son torpes navegantes... iso de que as regatas sexan deporte nacional basco é pura mercadotecnia (márqueting para os "modernos").

McGyver en Euskal Herria



2º vídeo
O segundo vídeo ten lugar en California, un lugar plagadiño de bascos. Cabe destacar a enorme presenza de indios americanos nas "extensas chairas" de California... Este vídeo dá de verdade para moito, ímolo analizar:

- O primeiro é iso dos bascos-franceses... semella que os bascos non poden ser bascos.

- Cabe destacar a infinita variedade de sons que pode acadar un irrintzi (o equivalente basco do aturuxo, que é o berro que se escoita durante todo o vídeo), até o punto de poder formar complexas frases comprensíbeis para se comunicar. Coido que os galegos estamos moi atrasados nisto... deberiamos de perfecioná-lo Aturuxo para acadá-la forza comunicativa do Irrintzi.

- Os bascos son negados á hora de aprender linguas... cando queren dicir "es" (é) sáelles de xeito automático "ez" (non en euskara). Curiosamente son capaces de falar á perfección o francés... unha lingua que dende o punto de vista yankee pronuncia pouco o "s".

- Os dantzari eúskaros arrasan nos tablados flamencos e os músicos bascos son virtuosos da guitarra española... a alboka e a trikitixa non son máis que un recente invento do entorno abertzale.

- Os cativos bascos aprenden antes a lanzar irrintzis que a dicir ama (nai) e aita (pai).

- En Euskal Herria no canto de armas de fogo usan jalai alai (cesta-punta, que son as cestas coas que se xoga a esta modalidade da euskal pilota)... ainda que teñan todos escopetas.

- As cabras montesas foron adestradas por mozos euskaldunes, que lles ensinaron o arte de chimpar e rechoutar polas montañas.

- Por último vou a destacar unha frase que aparece ó comezo do vídeo: "Dile que acamparemos en la ciudad de Independence"... Será unha premonición??

Euskaldunes en "El Desfiladero de la Muerte"
Comentários (4) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 29-01-2007 02:54
# Ligaçom permanente a este artigo
O home do saco
De tódolos capítulos dos Simpsons hai tres nos que, por centos de veces que os teña visto, sempre escacho coa risa ó chegar certo intre.

Velaquí un deles XDDDDDD

O home do saco!!

Comentários (2) - Secçom: Humor - Publicado o 28-01-2007 02:20
# Ligaçom permanente a este artigo
A espía que xurdiu do fillo
Levo unhas poucas horas a navegar polo ciberespazo e estou a levarme unha grata sorpresa coa cantidade de material audiovisual de calidade en galego que estou atopando.

Se me adicase hoxe a poñer todo nesta bitácora pasaría a ter un blog que máis que o que pretende ser sería unha sucursal do YouTube, de xeito que irei poñendo os vídeos segundo teña tempo e cunha mínima orde... non é cousa de poñelos todos de súpeto para logo pasar unha longa tempada sen nada que contar.

O que agora vos traio é unha curtametraxe de animación dunha gran calidade.

A espía que xurdiu do fillo
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 27-01-2007 23:25
# Ligaçom permanente a este artigo
Galiza na BBC
Vaites! Atopei un anaco dun documental de Galiza que saíu na BBC Four, en concreto sobre unha familia de Vigo.

Avisarvos que está en inglés... se alguén non o entende e ten especial interese en saber o que din traducireino... pero facelo pra nada é unha perda de tempo.

Comentários (3) - Secçom: Sociedade - Publicado o 27-01-2007 22:50
# Ligaçom permanente a este artigo
E ti cómo te chamas?
Comentários (1) - Secçom: Denúncia - Publicado o 27-01-2007 19:37
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.