Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A Revolta das Encrobas
A historia das Encrobas, unha pequena parroquia do municipio de Cerceda, comezou a escribirse nos xornais en 1974. Neses anos o Consello de Ministros, presidido polo xeneral Franco, autorizaba a expropiación de boa parte da parroquia en beneficio de Fenosa, o terreo afectado chegaba ás 850 hectáreas. Baixo o val das Encrobas había un inmenso xacemento de lignito.

Meses antes desta decisión política, o empresario larachés Epifanio Campo, dono da coñecida empresa Cerámicas Campo, vendíalle os dereitos da futura mina á empresa eléctrica por 900 millóns de pesetas daquel tempo. Fenosa investiu máis de 18.500 millóns de pesetas para pór en marcha a mina e maila Central Térmica de Meirama.

Os problemas comezaron cando a eléctrica lles ofreceu aos veciños uns prezos moi baixos polas súas terras. A maioría dos encrobeses rexeitaron a oferta da empresa e esixiron un traslado de poboación a outras terras similares. A empresa pechouse ás peticións veciñais e comezou o conflito. Unha loita de David contra Goliat que tivo o seu eco incluso en televisións e xornais de toda Europa.

O crego das Encrobas


O sindicato nacionalista Comisións Labregas comeza a organizar o loita veciñal. Os veciños liderados polo crego da próxima parroquia de Sésamo (Culleredo) Moncho Valcarce principiaban unha loita case épica. Do conflito, Moncho Valcarce sairía bautizado para sempre coma "o crego das Encrobas". En agosto de 1976 preto de 400 labregos da zona das Encrobas saen cara á Coruña para protestaren diante do Goberno Civil. Á manifestación sumáronse solidariamente máis de 5.000 veciños da cidade herculina. A concentración remata cunha forte carga policial.

O 15 de febreiro de 1977 foi un día clave para a historia da pequena parroquia. Preto de douscentos gardas civís chegados de cuarteis de toda a provincia avanzan cara as terras para cumprir o requisito expropiatorio. No bico do monte, en Pau Rañou, agardaban un cento de labregos, a maioría mulleres, encabezados por Moncho Valcarce. A consigna era clara, os homes debían quedar na casa para evitar que a xornada rematara dramaticamente. O oficial que comandaba as forzas policías, vendo que os veciños estaban desarmados, ordenou descargar os mosquetóns.

Un fito do agrarismo

A media mañá os números da Garda Civil avanzan e comeza unha loita desigual que acaba durando catro horas. Logo de violentos enfrontamentos, os gardas prenden a once manifestantes, entre eles a Moncho Valcarce, que xunto con outros dous veciños permanece tres días na cadea. Mentres tanto, unha vaga de solidariedade percorre o país. As facultades, os institutos e as empresas comezan a facer paros en apoio dos expropiados das Encrobas. Os xornais de todo o Estado levan o conflito aos seus titulares. Unha frase célebre popularízase por toda Galiza en forma de pintadas: "A terra é nosa e non de Fenosa".

Logo de moitas reticencias, a empresa acepta negociar cos labregos un 25 de febreiro. Os acordos finais foron moito máis beneficiosos economicamente para os propietarios ca o que se ofrecía nun primeiro momento. Porén, o nome das Encrobas quedou gravado na historia galega do século XX como unha das maiores loitas agraristas dende as que comandara Basilio Álvarez, aquel outro famoso crego de Beiro.

As Encrobas
Comentários (6) - Secçom: Sociedade - Publicado o 14-02-2007 18:41
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comenta-se que...
1 Suso , grzas pola firma no meu blog e por aportarnos un video mellor para a festa da fraga¡¡¡¡

Este ano voltarei, teño un bo#blgtk08# amigo pontes (Xocas, fillo dun dos panadeiros) e alí estaremos para compartir eses momentos de ledicia e troula

Unha aperta
Dito por Desde el jergon (14-02-2007 19:20)
2 A loita continua na Lousa.

http://zimmer103.blo#blgtk08#gspot.com/2007/02/voz-que-soa-en-secostro-express-de-juan.html
Dito por a randeeira (14-02-2007 19:28)
3 Gracias por la lección de historia, S#blgtk08#uso. conviene no olvidar estas cosas.
Dito por alvitogodino (14-02-2007 21:56)
4 Pois eu teño a sorte de poder ouvir a historia contada pola miña familia materna, xa que a nosa casa estaba alí. Despois da expropiación a miña familia trasladouse a Cerceda, mais cando vou pola#blgtk08#s Encrobas, aínda que só sexa ver un partido, sinto algo especial... ;)

PS: Espero que me permitas poñer este estupendo artigo no meu blogue. Ah, e agregado a favoritos quedas :D.
Dito por david (15-02-2007 21:47)
5 Quería dicir que antes da expropiación a miña familia xa se trasladara a Cerceda, mais a#blgtk08#índa tiñamos a casa alí cando foi a revolta :D. Un pequeno lapso... ;)
Saúdos!!
Dito por david (15-02-2007 22:58)
6 Non coñecía a historia das Encrobas, grazas pola lección de histori#blgtk08#a (como che din arriba) e parabens polo artigo. Disfrutei lendoo.
Dito por zuco (15-02-2007 23:50)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.