'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
Pouco teño falado por aquí de As Pontes, As Pontes de García Rodríguez... non son de García Rodríguez que son dos ponteses, dí a miña nai. (E Galiza non é de España, que é dos galegos... postos a dicir obviedades... hehe)
Escribín hai xa tempo un artigo sobre "El Ferrol del Caudillo" no que falaba da típica conversa que xurdía cando alguén me pregunta de ónde son. Cando se fala de As Pontes o tema que xurde sempre é o da central térmica, coa súa magnánima cheminea: O Carallo da Galiza.
A cheminea, cos seus 356 metros de altura é a máis alta construcción de Europa, superando con creces á Torre Eiffel. O furado que quedou de tódolos anos de explotación mineira será enchido de auga, formando unha enorme lagoa (con dúas illas) que terá unha superficie similar á da cidade da Coruña.
En As Pontes facémolo todo ao grande, é por iso polo que somos o meirande concello da Coruña, e tamén posuímos a meirande altura da provincia: o Monte Caxado cos seus 756 metros de altura. Non é de extranar que aquí esteña a meirande central térmica do País, do Estado, da UE e entre as meirandes do mundo... só o parque de carbóns ten a superficie de 11 campos de fútbol. A potencia da central térmica é de 1400 megavatios, pero aumentará en 800 megavatios coa construcción dos novos grupos para crear unha central de ciclo combinado (carbón e gas).
E pensaredes... con tanta enerxía iredes sobrados... pois non! Non nos pareceu suficiente. E por iso en As Pontes tamén posuímos dous embalses no Eume que producen electricidade ademáis de abastecer ás vilas de auga... e mirade que aínda nos pareceu pouca cousa, e sementamos parques eólicos por todas cantas serras hai no municipio. Consecuencia: As Pontes é un dos lugares con meirande produción enerxética a nivel mundial!! Manda truco!... Para que logo me veña un espabilado de Ribeira, Carballo, O Inferniño ou calquera sitio tocando nos collóns que ónde carallo está As Pontes! Ó próximo que mo pregunte córtolle o cable de abastecemento enerxético de toda a súa vila!!
Logo tamén hai quen nos acusa de contaminar (que digo eu se preferirían quentá-la casa cunha estufa de leña e iluminarse con pachuzos pola rúa pra saír de carallada...) como nos pasara cun crego en Melide que non nos quería cruñá-las tarxetas do Camiño de Santiago:
- De ónde sodes?
- De As Pontes.
- De As Pontes tiñades que ser!! Contaminades todo coa térmica esa!!
O que non debe de coñecer esta xente son as Fragas do Eume, o bosque tradicional atlántico que se conserva na comarca sen repoboacións... o único bosque auténticamente galego que fica na Galiza señoras e señores!! SOMOS UNHA POTENZIA!!!
Por se fora pouco tamén temos unha riquísima arqueoloxía, pois é en As Pontes, na zona da Mourela, onde está o meirande "camposanto" prehistórico de toda Europa! Cágate lorito!! Hai vestixios de cultura campaniforme e castrexa. Abundan as mámoas e os castros (moi fodidos, por qué negalo, por mor da merda de administración que temos) e mesmo se está agora a escavar un círculo lítico.
E por se fose pouco temos unhas festas e romarías caralludas e temos fama de ser os máis borrachos (din as estadísticas que é onde máis alcohol por persoa se consume). Alguén da máis?
Para que logo me veña ninguén a preguntar que qué carallo hai en As Pontes.
As Pontes é o fodido embigo do mundo, meu! Somos unha potenzia!!!
que pasada de blog e suso me gusta perdona que no te hable en gallego pero no quisiera ofenderte ya sabes que no se me da muy bien...As pont#blgtk08#es y su energia comprendo las dos partes...contamina y da trabajo...en fin...gracias por dejarme entrar en el blog un abrazo amigo y besitos
Estiven vendo onte unha reportaxe que lles fixeron na Galega á xente do colectivo Choiva Aceda sobre un concurso d#blgtk08#e feísmo arquitectónico e xunto coa loita de SOS Mourela demostráronme que é certo: hai moita enerxía nas Pontes.
E o peor é ke hai moitos ignorantes ke lamentablemente tmén se farán chamar ponteses (ou mellor.. 'Puentenienses', xk ser... son de 'Puentes'.#blgtk08#..) pr ke non saben valorar o ke teñen.
As Pontes é o mellor sitio no ke puiden nacer.
Arriba AS PoNTeS e a Súa XenTe! CaRaLLo!!
Dito por TsunamiT (10-02-2007 19:00)
4
(perdona que no te hable en gallego pero no quisiera ofenderte ya sabes que no se me da muy bien)tranquila que el tampopuco falaba antes en galego,pero como esta de moda ser galeguista pois ahora e acerrim#blgtk08#opero bueno que se lle vai facer,ainda me lembro cando decian que eramos da aldea os que levamos toda a vida falando o galego,pero claro eles eran``los guays´´ e nos ``los aldeanos´´.Eu alucino ca xente.
(chimpei un comentario sin nada, sintoo)
co que flipo e cos 356 m da torre, carallo para torre!
que está de moda ser galeguista????
si, como o bng ten unha maioría ampla, como hai 2 partidos independentistas con representación na cámara, temos 3 xornais e 4 radios en galego, miles de campañ#blgtk08#as de marketing en galego, un industria do cine galega, e en xaneiro aprovouse un estatuto de nación cunha maioría aplastante.
e por certo, ten mais mérito falar galego sendo criado en castelan que
falar galego de toda a vida e sentir vergoña da lingua.
(sinto si as veces semello un cura-marxista)
Dito por zuco (10-02-2007 23:53)
7
vaia parrafado soltei...
vivan As Pont#blgtk08#es de García Rodriguez!
viva Honduras!
digo eu (a ou o)anonimo ese porque te sentes avergoñado a por ser da aldea a min pareceme que cada un tense que#blgtk08# sentir orgulloso a da sua terra e cada quen e moi libre de falar como lle da a gana (rectificar e de sabios)
Dito por maria (11-02-2007 21:23)
9
Vaites, que fermoso Anónimo!! :) Sempre é bo que haxa quen nos lembre cómo eran as cousas cando eu era cativo, a ideoloxía predominante. Eu xa o teño feito en numerosas ocasións, pero nunca está de máis falar do tema.
A rapaza que escribíu o primeiro comentario é unha amiga miña, descendente de galegos, que reside en Bilbo. Estou seguro de que quen escribíu o anónimo non sabe que Ana ten unha avoa galega que como a meirande parte das avoas só fala en galego. Con frecuencia falamos polo messenger e pregúntame cómo se dí algunha cousa.
Pode que haxa neste mundo persoas ignorantes que pretendan "descalificarme" dalgún xeito dicindo que sempre falei castelán. O que pasa é que cando se fai unha descripción obxetiva de alguén non se lle está descalificando. Creo que xa teño dito numerosas veces que sempre falei en castelán e que continúo falando castelán con moita xente... un dos principais motivos é que eu non son partidario do aldeanismo pechado e trátome con xente de tódalas culturas; se ando con xente de Cuba, Franza, México, Italia, Alemaña, Xapón, Gran Bretaña, España e moitos outros países alleos á lingua da Galiza vexo lóxico empregá-la lingua coa que mellor nos entendamos... sexa galego, castelán ou inglés. Ainda que co meu "primo adoptivo" Philippe (Je ne parle pas françoise! hehe) falo moito en galego, porque el tamén o f#blgtk08#ala... de feito aínda non o oín dicir nunca "yo", sempre dí "eu".
Pertenzo á xeración da "esquizofrenia lingüística paternofilial". Que consistía en que a xente falaba sempre en galego agás para dirixirse aos cativos... mesmo a miña avoa me dicía que non falase galego porque quedaba moi feo. Dicídeme entón se as ideas que teño agora non son construídas por min mesmo... o entorno no que fun criado non me auguraba o meu xeito de pensar actual.
Gústame iso da moda do galeguismo... debe de ser como cando estaban de moda os Tamagochis ou algo así...
Os que falaban galego non eran de aldea, eran "ghailanciños" ou "de monte"... debín de darme pouco a coñecer... E sí, sempre me gustou iso de non ser parte dos "apestados" na escola... pero todos fumos á escola e sabemos como é a cousa... creo que non había ningún "marxinado" que o fose só por cuestións lingüísticas. Era un crack e sigo a selo... qué se lle vai facer? Hai xente que nace con estrela, e outros nacen estrelados... a miña forza gravitatoria é para ter en conta, si señor. :)
Avergoñame ter tido esas ideas de galegofalante=ghailán... malia que non fose máis que un cativo... despois dos 15 comecei a informarme. Pero tamén me avergoña ter defendido o castrismo, por poñer un exemplo... ou ter fodido nalgunha cativa que non debera... ao feito, peito!
Hola son pablo e querote felicitar polo blog. Eu agora mesmo vivo en euskadi e gustame moito a tua sección de euskal herria, estoume dando conta de q nos levan centos de anos en respeto pola lingua e polo seu en xeral. A min tamen me educaron dicindome q non falase galego, q era feo, e un dia dixenllo a un colega meu de aki e flipaba. Claro e q el comezou a falar castelán os 6 anos, tamen ten fillos e non lles fala nin unh#blgtk08#a verba en castelán e pareceme moi ben pa aprender teñen todo, as televisions, a maioria das radios, moitos libros, os compañeiros de clase... Pero eu pensaba q o auto-odio xa non era tanto coma antes, pero a ultima vez q estiven nas Pontes voltei a escoitalo, unha nai dirixindose ó seu fillo en castelán "q no hables gallego" e ela mentres falando con unha amiga en galego. Incrible pero certo, bueno unha aperta ata pronto
Si o do lago é a típica cousa que despóis de chafar o medio ambiente, se fai para que veñan os turistas... #blgtk08#Que cara dura...
As Pontes unha das máis grandes fontes de contaminación que estivo "sempreengaliza"
A lagoa xa existía antes... isto é algo que ninguén de todos cos que falei que o critican sabían. Pra escavá-la mina tivo que drenarse e desviar varios ríos... agora o que van facer é reconstruí-lo que desfixeron: redirixí-los ríos e reenché-la lagoa.
Pero claro... sempre haberá algún pamparón que pense que sería mellor deixar un furado sen recuperá-la zona... xa postos que nin planten as árbores nin nada... non, mellor aínda, que queimen tódalas que foron replantadas até o de agora!!
E se veñen turistas, mellor que mellor, máis postos de negocio pra o pobo... si señor, é nefasto#blgtk08# que se rehabilite o hábitat. Hai xente pra todo neste mundo...
Señor/a "Eu" se tan reacio é á central térmica predique exemplo... non deixe máis comentarios porque mentres o fai o seu computador está a consumir enerxía Made in As Pontes. Cambie as bombillas por velas, e as estufas eléctricas por unhas de gas ou de leña... merda! tamén producen combustión... deixe de usar calefacción de todo tipo!, e cociñe na lareira... pero non tale moitas árbores pra facer leña. Concibe o xeito de vida actual sen enerxía eléctrica? Se é así, non resposte... usaría electricidade para que eu lese a súa opinión!
Non é que esté mal que a rehabiliten, pero non se quita de ser o que é...
No Ézaro, xa había cascada antes de que a abriran e o anunciaran para que vaimos vela (#blgtk08#eu vou), de feito no había que abrirlle, está be que o exploten, pero non se quita de ser outra cagada da man do home.
O meu computador vai a pedales...
Dito por Eu (17-02-2007 01:14)
16
Non é que esté mal que a rehabiliten, pero non se quita de ser o que é...
No Ézaro, xa había cascada antes de que a abriran e o anunciaran para que vaimos vela (#blgtk08#eu vou), de feito no había que abrirlle, está be que o exploten, pero non se quita de ser outra cagada da man do home.
O meu computador vai a pedales...
Dito por Eu (17-02-2007 01:15)
17
E cantos postos de traballo crea a presa que evita que a fervenza do Ézaro fluia? Eses cartos van parar todos ao peto de Villar Mir... foder unha fervenza única en Europa pra que leven os cartos os de Madrí non é o mesmo que dar miles de postos de traballo, construír un pobo, abastecer de enerxía ao 10% do Estado e, unha vez deixa de ser rendíbel a explotación da mina (por Kiot#blgtk08#o, que carbón haino a esgalla) reconstruí-la entorna e crear novos postos de traballo co turismo. Ou é que son cego??
Parabéns polo teu computador a pedais... agora só falta a neveira, o lavalouzas, a lavadora, as luces, a calefacción, o coche, o teléfono móvil, a TV, o DVD, a cadea de música, o porteiro automático, a cociña, o forno, o microondas, a secadora,...
A lagoa xa existía antes...
Mentira
Refíreste a Carracedo? Iso non tiña nada que ver co que se pretende facer agora.
Isto é algo que ninguén de todos cos que falei que o critican sabían. Pra escavá-la mina tivo que drenarse e desviar varios ríos...
Pra poder sacar o carbón houbo que matar tres ríos e modificar o hábitat de 3 parroquias.
Agora o que van facer é reconstruí-lo que desfixeron:
Agora o que van a facer é foder un río pra encher unha lagoa. Iso se o veciños que máis amamos #blgtk08#ao noso río o permitimos, pois a auga é un ben público e como unha empresa se apropia dun ben que é de todos. Andamos na mesma liña que o das prexubilacións, por que os cidadáns europeos pagan os salarios de apalancados ponteses.
Por que imos os veciños das Pontes a tolerar outra acción destructiva co noso entorno, por catro guiris?
Ou polo interese de vitolo and company?
O meu voto serviulles durante oito anos, non vai ser pola contra o que os aupe de novo á iñorancia.
Dito por naturo (17-02-2007 17:39)
19
Naturo, sobre o do teu voto, é cousa túa... persoalmente penso que esta lexislatura está a ser nefasta. Tanto ten Xan coma Pericán, todos queren "a poltrona".
Non sei se é interese do alcalde ou da nai de calquera dos políticos ponteses, meu sí que o é, e de moita máis xente tamén.
Sí, refírome a Carracedo... supoño que sabes ti moito máis ca min sobre o tema se criticas o que eu dixen, mais tamén supoño que saberás que As Pontes foi un mar nalgún tempo. Eu aborrezo o fixismo, son teorías cristiás que non van conmigo, por iso acostumo a apoiá-los cambios que considero son para ben.
Sí, houbo que matar ríos coma ti dis e modificar hábitats... por se non o dixen antes aborrezo máis ós ecoloxistas de peteiro que aos mesmos políticos, teñ#blgtk08#o os meus contundentes motivos. Habías preferir que a economía do pobo se basease en sachar patacas en cadanseu minifundio? Aborrezo o nacionalismo vello que reivindica o carro dos bois fronte ó progreso.
A auga xa non é un ben público, vivimos nunha sociedade capitalista na que mesmo se lle pon prezo ó osíxeno; pra loitar contra o sistema hai que coñecelo, non negalo.
Os cidadáns pagámoslles os salarios aos de Endesa do mesmo xeito que eles llos pagaron a outros, está así establecido i é beneficioso pra todos... o mal é que non hai cativos que nos reemplacen a nós... hai que foder carallo!! XD
Unha acción destructiva é facer un furado coma a Coruña, facer unha lagoa é unha acción reconstructiva, non confundamos termos. Ú-lo guiris??
POR CERTO... ESTE ARTIGO TRATABA DE DESTACÁ-LAS VIRTUDES DE AS PONTES, MAIS COMO CO#blgtk08#MPROBAREDES ESTÍLASE MÁIS FACER CRÍTICA DESTRUCTIVA... ESTÁN TOLOS ESTOS PONTESES!!