Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Satanás non quere cambiar de réxime
Satanás está a morrer
Vin esta viñeta mergullándome nos artigos de banda deseñada humorística de La Voz de Galicia e tívome moito chiste.

Aínda non fai moito que o meu tío cubano, que agora está nos Estados Unidos tras pasar uns anos en Galiza e logo en España tras pasalas moi putas para poder saír da illa e sacar á súa familia chamou ao meu pai e lle dixo (léase con acento cubano):
- Satanás se está muriendo!!

XDDDDDDD
Comentários (9) - Secçom: Humor - Publicado o 29-12-2006 20:16
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comenta-se que...
1 Boas! Dime Suso como podo poñeme en contacto #blgtk08#contigo para tratar o tema da nova bitácora?
Dito por RecunchoGalego (30-12-2006 03:27)
2 Nin médicos nin nada, que lle cambien o g#blgtk08#oteiro e lle poñan licor café (da casa).
Dito por A Randeeira (30-12-2006 09:20)
3 Mecá! Se lle poñen licor café sí que ha ter corda para rato! XD Iso sí, estou de acordo#blgtk08# en que llo poñan da casa... ese que se vende legalmente non ten nin a metade de gusto.
Dito por Suso (30-12-2006 13:47)
4 O tema do licor café merecía un estudo rigoroso para determinar porque #blgtk08#dúas bebidas tan distintas como a caseira e a legal levan o mesmo nome.
Dito por A Randeeira (31-12-2006 08:27)
5 menuda gusanada, non sei como un blog con este nome, se mofa da enfermidade dun home GALEGO que representa o que representa o Comandante Fidel Castro.
eses comentarios son os tipicos de gusanos #blgtk08#como celia cruz, e toda a gusanera que habita en miami.
tiveches sorte que teu tio estivese en cuba, porque se estivese en haití, xa me dirás ti como saía de ai, nadando ?

gusano!
Dito por eu (02-01-2007 22:46)
6 Así me gusta homiño. Que viva o respeto e que vivan os teus collóns á hora de te identificar!

Se tanto che preocupa a saúde dos galegos cecáis poderías mirar nos libros de historia onde foi nado Francisco Franco Bahamonde. Que para min é outro ditador fillo de puta pero para moita xente significa o mesmo que supoño para tí Castro.

Estes comentarios son típicos de xente cos pes no chan e que coñece a realidade da illa. Unha g#blgtk08#ran parte dos meus amigos son cubanos, e asegúroche que estou máis enterado do que é Cuba por eles que por ter lido "El Capital" de Karl Marx.

Eu tiven sorte de ser nado aquí, o que non tivo sorte foi o meu tío, que naceu nun país gobernado por un DITADOR. El tamén era afín ao réxime até que saíu e viu o que había fora...

Por certo, se me queres insultar agradeceríache que o fixeses en galego. Son un verme, non un "gusano".
Dito por Suso (02-01-2007 23:08)
7 Aí equivócaste amigo:

Sempre a mesma absurda comparación con Franco. Sempre a esquecer a realidade histórica, a realidade política, e a caer en maniqueísmos made in USA, made in PSOE, made in PP.

Á túa idea da Cuba (tan ben formada, tan comparada, tan cotexada) habería que lle engadir unha chea de cousas. De ser ti, defensor como vexo (e aprobo) do feito insubmiso de pertencer á Galiza e á contra da España, revisaría o vocabulario.

Esculcaría se de certo é a verba ditador a que mellor lle acea ao Fidel ou se está moi lonxe de definilo (como eu coido). Esculcaría a un outro nivel o exemplo da Revolución e das súas estruturas. Aprendería dos seus erros para a construción dunha Galiza Ceibe.

Avergoñaríame un pouco de manifestar a viaxe do meu tio aos USA como unha viaxe á liberdade (liberdade un país que ten presos a 1 de cada seis pretos, para quen????????). E tamén aforraría patetismos familiares. (Porque son o fundamento da motivación política da neta de Franco ou Mussolini. E igual de inútiles que no seu caso me parecen neste)

Avergoñaríame de facer basear a miña visión crítica do estado cubano nos argumentos máis pobres e ineficaces.

Avergoñaríame de non ser consciente que Satanás non morre, que manda en Madrid, que manda no Imperio. E que Satanás non é Fidel ou a Revolución: pode haber un Satanás que teña 7.ooo (SETE MIL) médicos a traballar en África, ou que teñas#blgtk08# realizado 700.000 (SETECENTAS MIL) operacións gratuitas de visión no Caribe? Un Satanás que envíe milicias a conquerir man a man a independencia de pobos como podería ser o noso ((((((cantas desercións houbo nas milicias dese pobo tan "desencantado"???))))? Un Satanás que se preocupe por entregar unha vivenda digna e gratuita dentro das súas posibilidades ao seu pobo (se non é gratuita é saldada con pago mínimo)? (onde se ve isto en USA,onde o teu tio foi feliz, en ESPAÑA) Ou acaso o de Satanás é por caer na herexía de establecer a educación gratuita e obrigatoria (mesmo os estudos universitarios [como na Europa, non?]) para o seu pobo. Un Satanás que rediciu nos ano de Goberno, de Presidencia da Asemblea Nacional, as chifras de analfabetismo (0,2%) ou de mortalidade infantil POR BAIXO DAS DE ESTADOS UNIDOS?
VIVAN ESTES SATANASES COMPAÑEIRO

Orabén, se da túa idea da independencia da Galiza está tan ausente o exemplo da Revolución Cubana, e tan presente a teoría parafeixista e antiproletaria do anticastrismo máis demagogo, tómaa ti, que che aproveite. EU NON A QUERO.

PD: Dicía Bolívar: ?Por la ignorancia nos han dominado más que por la fuerza? E canta razón, que para que ti opines así non foi precisa a forza, só a ignorancia buscada (creada) por eles.

PD2: Os mesmos que din ditador de Fidel din España do teu pobo. E aí está moi claro... ou estás con eles..

Unha aperta.
Brais
Dito por Brais González Pérez (14-01-2007 03:01)
8 Aí equivócaste amigo:

9 A miña realidade provén do coñecemento tanto a traveso da lectura coma de fontes directas, tanto afíns coma contrarias ao réxime. É a realidade Made in Suso, non te confundas.

Mal comezas se me dis que me equivoco, porque quen cré posuí-la Verdade sempre remata sendo o que se cré a súa razón de seu para facer crer que os máis erran nos seus argumentos e os propios son acertados.

Tenme moito chiste o tema da revisión de vocabulario. A verdade é que non sei nada de tí, pero vexo que te expresas ben e tes bos argumentos, de xeito que supoño que tes un certo nivel de estudos. Tendo en conta que tes certo nivel de estudos vou sobreentender tamén que que coñeces o que é a lingüaxe científica... Pois ben, chegados a este punto dígoche que a revisión do vocabulario só é precisa na linguaxe científica para evitá-los grandes erros que poden inducí-los ruídos ao manexar certas cousas; no senso político aborrezo o "políticamente correcto" e tódalas parvadas lingüísticas da actualidade como dicir todos e todas (ou a @, que é moito peor), conflicto armado no canto de guerra, danos colaterais no canto de mortos inocentes,... mellor chamar ao pan pan e ao viño viño, ás ditaduras ditaduras e ás democracias, por pésimas que sexan (ao fin e ao cabo a democracia é a ditadura da maioría sobre a minoría, non si?) democracias.

Ti tes toda a liberdade do mundo para dicir e crer que Fidel non é un ditador, do mesmo xeito que eu o chamo ditador baseandome en algo tan sinxelo como ven sendo a descripción desta verba nun dicionario. Eu tamén me empapei durante anos de literatura revolucionaria, cagábame en tódolos putos anticastristas de Miami e chamaba facha có peito cheo a quen dicía que Fidel era un ditador... logo evolucionei, ou involucionei... por qué non? O caso é que a nivel de saúde mental propia mellorei moito. E sí, ao igual que tí creo que hai que aprender dos erros que a historia nos ensina.

Coido que non pillaches ben cando digo "El tamén era afín ao réxime até que saíu e viu o que había fora..." O que viu fóra era Galiza, non os EUA. Ah... eu terei a elegancia de non describir á túa familia con ningún adxetivo ;)

A min tamén me avergoñaría basear unha crítica en crer#blgtk08# que son posuidor da razón e a verdade.

Estooo... non sei como dicir isto... Satanás é dende o meu punto de vista unha invención bíblica e polo tanto non pode gobernar en ningures. Satanás eu chámollo a que me fixo algún mal a min, sen relacionalo con nada máis... por ahí non lle trates de entrar aos meus razoamentos. Todo o que me contas sobre operar gratis, dar estudos gratis e todo iso é froito do Socialismo... se non fixese iso sería incoherente coas ideas que defende, non si? Que sí, que é unha gran persoa e todo iso... bueno, son os ideais que defende... o raro sería que non o fixese. Si señor... QUE VIVAN TODOS OS QUE FAN ESAS COUSAS!!
O que sí... eu non creo no socialismo se non é a nivel internacional. Ou hai ou non... non sei se me entendes... é esta actitude tan galega de todo ou nada. Pois ben, eu só creo que o socialismo pode funcionar se se da a nivel global.

Moitas grazas por darme esta idea, de seguro que me vai aprobeitar... agardo que non se me indixeste!! XD Porque creo que cada pobo ten que decidí-lo seu camiño, sen seguir aos máis coma borregos, é por iso polo que entendo que a independenza da Galiza se pode levar a cabo de moitos xeitos. Tamén estiven moito tempo en ambientes de puño ergueito... e a verdade é que me cansou o brazo, vexo moitos máis sitios polos que furar agora que no canto de ergué lo puño a mínima o que faigo é abrí-los ollos e escoitar con atención en canto teño oportunidade.
Ah... podes chamarme parafeixista, antirproletario, anticastrista e mamalón... de verdade que non fago máis que representarme a min mesmo, non te preocupes, non son ningún perigo para ningunha revolución.

PD: ambos deberiamos de aplicarnos a frase de Bolívar.

PD2: aborrezo á xente que dí ou conmigo ou contra min... eu son gris. Síntoo, non estou nin con eles nin contigo... son a ovella que escapou de tódolos valados que lle quixeron impoñer e decidiu creá-lo seu propio camiño.

Grazas pola aperta, pola información... e por mandarmo por duplicado por se non o vía! hehe ;)

Agardo que voltes por aquí... e que me fagas comentarios máis curtos... que se non tardo moito porque quero respostar máis ou menos a todo!! :)
Dito por Suso (14-01-2007 04:02)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)

Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0