Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Referéndum horario
Reloxo de peto
Lin este texto en La Voz de Galicia, na última páxina, o domingo. Non me lembro de quen o asinaba.
Estaba, por suposto e seguindo a liña deste xornal, en perfecto castelán.


Referéndum horario

Un rapaz negro acode a matricularse a unha universidade galega:
- Qué rama vai estudar?, pregúntalle o funcionario.
- De rama nada! En pupitre como todos!

O chiste é un desos clásicos do xénero que na Arxentina se conta sustituíndo o suxeito: un negro por un galego. O desexo de seren coma os máis é un complexo insán, que Galiza leva anos sacodíndose malia que non sempre o pareza e malia que en Bos Aires os libros de chistes de galegos sexan superventas.

Se ben supón reivindicá-lo contrario aos máis, presumir da diferenza, a proposta do Bloque Nacionalista para por os reloxos en hora có sol tamén é boa chanza. Retrasar en sesenta minutos o fuso horario do extremo peninsular máis ao oeste posúe unha base tan científica coma o principio de Arquímedes, mais resulta unha comicidade cando se abandeira esa evidencia física da súa XII Asamblea: A nación en marcha. ¿Qué outra cousa se podería desexa para ser nación que escoitar nos boletíns horarios de Radio Nacional: "Son las ocho en España, las siete en Galiza"?

O reloxo mecánico foi unha desas innovacións (século XIII) que coa pólvora, a brúxula e a imprenta desencadearon no Renacemento. Transformou a relación do ser humano co tempo, liberándoo dos ritmos da natureza. Claro que cincocentos anos despois a humanidade vive presa do tic-tac do minuteiro.

Quintana non acostuma a levar reloxo no pulso, malia que iso de nada o libera porque lle marca a hora o cronómetro do móbil. Case ninguén está libre. A proposta pra apuntalá-la nación cun fuso horario diferente ao de Madrid era predecíbel por vir de vello.

O BNG esixe retrasá-las agullas sesenta minutos e poñer a Galiza en sintonía coa hora portuguesa, a inglesa ou a canaria; os demáis rerritorios do poñente europeo. O fuso horario en cada un dos 24 meridianos que cos paralelos dividen o planeta nunha táboa de xadrez, ten a súa hora cero a partires da liña imaxinaria que une os dous polos e atravesa por enriba de Greenwich, un barrio londinense. Ese meridiano cero baixa por Aragón e segue por Arxelia. Polo tanto, non debera de sen Galiza a que marcara a mesma hora de Londres, senón toda a península.

Nembargantes, dende fai un século, España utiliza a hora de Berlín, malia que o meridiano que bordea a capital xermana descende polo Mediterráneo, pasa moito máis preto de Sicilia que da praia máis oriental das Baleares.

Malia que Madrid ocupa a mesma lonxitude xeográfica que London, os reloxos marcan a hora xermana: unha máis que en Gran Bretaña, Portugal, Irlanda e as Illas Canarias. Como Galiza está a 700 quilómetros ao oeste de Aragón, e polo tanto de Greenwich, non lle correspondería en rigor atrasá-la hora unha hora, senón case dúas.

Os transtornos que produciría pra as relacións sociais e económicas co resto da Península e Europa, malia que só fose nunha hora como propón o BNG, son evidentes. A un pouco de enxeño xurdirían chiste en torno á confusión horaria que suporía en avións, partidos de fútbol, xantares en Vegadeo... pasarnos á hora portuguesa.

O tempo carece de ideoloxía. É costume e Galiza leva case un século cun fuso que lle concede as tardes de reloxo máis longas e luminosas de Europa. Cando en praias lusas xa non se ve o mar, en Carnota aínda non se puxo o sol. Iso ten un valor incomparábel co dun discutíbel e suposto aforro enerxético ao atrasá-lo reloxo.

De súpeto, as noites de decembro comezarían ás catro e media e as de xullo ás oito. Calquera Xunta que retrase os reloxos sen consultalo antes nun referéndum non chegaría ás seguintes elecións. Porque as extensas tardes de luz son un rasgo da Galiza -nacional se se quere- máis diferencial que marcar unha hora distinta á de Madrid.


Teño que dicir que persoalmente me gustan esas tardes longas, cando no verán baixas a tomá-las cañas no solpor.
O que peor vexo no artigo deste tipo é que considera que Vegadeo non é Galiza, cando que coñezo moita xente desa vila e falan se cadra máis galego ca min.

Agora, opinade pois. Eu penso que estamos a vivir nun horario errado... véxolle vantaxes e desvantaxes. Ainda que eu son máis de guiarme polo sol... ou pola lúa mellor dito, hehe.
Comentários (5) - Secçom: Reflexions - Publicado o 11-12-2006 20:33
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comenta-se que...
1 O referéndum é necesario para un cambio así. Ben.
Pero de todo isto o que eu saco en claro e a manipulación informativa que nos acosa diariamente. O feito que trascendeu a nivel estatal dunha asemblea dun partido político foi a proposta do cambio de hora. En base a esa información, verquéronse lotes de opinións despectivas, parciais e cheas de topicazos. Ademais úsase unha proposta, candomenos razoable, para facer #blgtk08#política barata procentralismo.

Aínda así a proposta tamén ten para min unha significación moi importante: a constatación da existencia dunha auténtica democracia interna nun partido político (foi presentada por un militante, un tal Lito creo), cousa tremendamente importante nas actuais partidocracias. Isto non o vin resaltado en ningún medio de comunicación.
Saúdos. Un non militante do BNG.
Dito por xo (11-12-2006 22:06)
2 Cientificamente Galiza debería ter dúas horas menos das que ten agora. Pero bueno, digamos que só queremos rebaixar unha hora.

Todos diranche que Galiza saíra beneficiaria, independentemente da ideoloxía. É constatábel que cunha hora menos Galiza aforrará máis enerxía..#blgtk08#. pero ese non é o problema, ou polo menos ese non é o problema do capital.

O verdadeiro problema (se falamos de cartos) é que as tendas terán que abrir unha hora antes para abrir en toda a península á vez, xa o teñen dito, e así estamos nas mesmas, non se aforra nada.
Dito por IaRRoVaWo (11-12-2006 22:19)
3 eu sigo pensando que Galiza non ten unha ou dúas horas de diferenza con#blgtk08# Cataluña ou con Euskal Erria ... ten varios séculos. Eche o que temos.
Dito por A Randeeira (12-12-2006 17:07)
4 Eu penso que o que se aproba nunha asemblea nacional do bng pode ser discutíbel onde queira a xente pero non se fai con esa finalidade. Xa se discutiu entre os que tiñan voz e voto e o resto que falen na súa asemblea que nesta os que podían discutir xa o fixeron.
E xa me diredes onde hai democracia po#blgtk08#rque tanto pitorreo non pode vir dado por unha proposta con forte respaldo científico. Todo el é ideolóxico. Unha postura política antigalega e centralista.
O de sempre, se o di un científico do opus tómase en serio pero se se propón nunha asemblea do bng é motivo de mofa e befa.
Máis do mesmo
Dito por turonio (15-12-2006 03:45)
5 Eu considero que deberíamos ter unha hora menos pola nosa situación xeográfica, e punto. O que ocorre e que ao pedir isto non se pode escapar dunha ideoloxía#blgtk08# política. Non digo que unha cousa esté vencellada a outra, pero visto fora da Galiza seguramente se verá así. So, creo, é un comentario da nosa realidade.
Dito por Anxélica (16-12-2006 23:49)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0