Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A voltas co artigo
Estou até o carallo do fodido artigo!!! E pensaredes a meirande parte de vos que estou a falar do "L" de A Coruña.

Pois non, estou até os collóns do "El" de Ferrol. Estaba eu a vé-la TV cando escoitei "está inundado también El Ferrol", cando mirei á pantalla vin que o subtítulo escrito era "inundaciones en Ferrol". Entón pensei que serían cousas miñas... pero non! Até 5 veces dixeron nunha mesma nova "El" Ferrol... que cada vez que oio tal cousa crúzaseme un nonseiqué na testa que remata automáticamente a frase: "del Caudillo".

MecagonaconaquepariuaosmalditosfillosdeputaquedinElFerrol! Hostias!!! E logo moitos declararanse anti-franquistas e non sei cantas caralladas, pero gostan de dicir El Ferrol e cando van visitan a casa do caudillo e sacanlle fotos no canto de cuspirlle.

É Ferrol, a secas. "El Ferrol del Caudillo" foi aló có vello Can de Palleiro, e fica moi ben aló.


E tirando máis pra a casa, séntame coma unha fodida couce nos collóns que me digan:
- Ah, de "Las Puentes", me suena, ¿por dónde queda?
- Pois non o sei meu.
- ¿Cómo que no lo sabes?
- Como que non sei da existencia de ningún pobo con ese nome, eu son de As Pontes, As Pontes de García Rodríguez. Xa me parece mal que se traduzan os topónimos de calquera lugar, pero se inda por riba se fai mal... ¿Ou é que és tan ignorante como pra non saber que ponte, en castejano é puente e que é unha palabra masculina na lingua cervantina? Se queres facer un alarde das túas habilidades na fala castelá dí "Los Puentes".

Ante isto todos fican con cara de parvos, como non enterandose moi ben... e logo din:
- ¿Y allí qué hay?
- (Cona que te fixo...) Pois está a meirande central térmica de Europa, cunha colosal cheminea que bota fume que da gusto a unha altura caralluda, é de feito a construcción máis alta de Europa. E tamén temos as Fragas do Eume, o único bosque auténticamente autóctono e non corrompido polo home que fica na Galiza.
¿E qué hostias hai na túa vila?

Merda, xa me puxen de mala hostia!
Comentários (5) - Secçom: Denúncia - Publicado o 07-12-2006 20:21
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comenta-se que...
1 Pois eu escarállome léndoche. Aínda#blgtk08# que comparto o teu enfado tamén.
Dito por xo (08-12-2006 13:36)
2 Las Puentes, Mellid, Órdenes, Sanjenjo, Panjón... Cando desterraremos #blgtk08#para sempre da boca da xente estas aberracións, non só lingüísticas?
Dito por eu (08-12-2006 16:01)
3 Aínda vin hoxe ao mediodía no tel#blgtk08#exornal de Tele5 escrito Bayona.
Dito por Suso (08-12-2006 16:38)
4 ...que "el" Ferrol nos remite a tempos indesexables... CERTO. O caso é que "La Villa del Ferrol" non é cousa de agora, nin dos anos corenta...xa era a Vila do Ferrol na década dos trinta... pero do século XVI e posiblemente antes. Polo tan#blgtk08#to, mellor era tanto "La Villa del Ferrol" coma a "Vila do Ferrol" coma "A Vila de Ferrol" (e que conste que esta era a denominación menos usada)... ESO SI, NON ERA A VILA DE NINGUÉN... e menos de ningún "Caudillo".
Saúdos.
Dito por Lola (23-03-2007 18:40)
5 Parabéns polo blogggg, a pesar de toda a merda que soltas por ese teclado, ainda que sexa comprensible tratando temas como estes.

Ferrol constaba como tal, Ferrol a secas no século XIII, en documentos dos reis de castela. O mesmo pasaba no século XV, cando nas crónicas de Juan II, falándose da 1ª revolta irmandinha, dicían que "e sus vasallos de la puente de Hume#blgtk08# e Ferrol e Villalva" todos contra Nuño Freyre de Andarade porque era moi malo. Como podedes ver todos os nomes cambiaron, dende Pontedeume ata Vilalba, e incluso El Ferrol del Bastardillo. Unha magoa, pero está claro que se non protestamos polo nefasto uso dos nomes das nosas vilas nunca acaderemos exiliar eses artigos que tanto nos molestan (o LAS e o EL)

Saúde
Dito por toso (23-09-2009 14:15)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.