Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Morreu Santiago Valencia
Gustavo Santiago Valencia, fundador de institucións clave na resistencia galeguista durante os últimos anos do franquismo como Padroado Rosalía de Castro, o Pedrón de Ouro, a Fundación Alexandre Bóveda, o Museo do Pobo Galego ou a Fundación Castelao, faleceu onte aos 84 anos no seu domicilio de Santiago de Compostela.

Con Santiago Valencia queda escuada esa xeración que bebeu directamente do ensino do grupo Nós e que, desde finais dos anos sesenta, se converteu nunha ponte cos proxectos que agromarían nada máis extinguirse a ditadura.

Nacido en Ourense no 1924, Santiago Valencia tivo os seus primeiros contactos co galeguismo na adolescencia, da man de Leuter González Salgado, o alumno predilecto de Vicente Risco e primeiro concelleiro nacionalista que houbo en Galiza grazas ás eleccións do 1931.

Tras estudar Enxeñería no Instituto Católica de Artes e Industrias, Santiago Valencia completou a súa formación técnicas con cursos de Planificación. No ano 1953 entrou a formar parte da plantilla técnica de Eléctricas leonesas. Desta etapa é a súa experiencia -el dicía que inesquecible- no Bierzo e, moi especialmente, en Babia, no medio das montañas que separan Asturias de León.

A relación estreita coa comarca do Bierzo e os seus intereses culturais plásmanse xa cando preside a sección do Camiño de Santiago no Instituto de Estudos Bercianos.

Posteriormente, no 1964, integrouse en Fenosa e trasladouse a Santiago, onde permanece o resto da súa vida, sempre disposto a colaborar en distintas empresas da Cultura. Deste xeito, convértese nun animador da vida cultural nas décadas dos anos sesenta, setenta e oitenta, e ata a súa morte nunca deixou de estar vinculado ás institucións que contribuíu a fundar.

Aínda que a súa participación foi moi activa en todas estas institucións, a súa etapa como presidente do Pedrón de Ouro, entidade que presidiu arredor de vinte e cinco anos, foi especialmente significativa.
Comentários (0) - Secçom: Notícias - Publicado o 19-08-2008 18:00
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.