Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Como nos ven aos galegos?
Moitas veces esquecémonos de que somos un povo espallado polo mundo. Moitas veces non reparamos na nosa realidade fóra da Galiza. Pero, sobre todo, non temos en conta a visión que teñen dos galegos nos lugares (moitas veces lonxanos, outras veces non tanto) onde hai un galego, onde hai alguén que fala a nosa lingua.

Que pensan de nós os arxentinos, uruguaios, brasileiros...? E os madrileños, cataláns e bascos? Primeiro entran os prexuízos, aquelas crenzas que se transmiten de pais a fillos, cuestións que se presupoñen vox populi, pero que á hora da verdade quedan eclipsadas e pasan a ser meras curiosidades ou, se cadra, aquilo do que primeiro se esquecen.

O traballo do que emigrou: deixar un bo sabor de boca do que significa ser galego, cousa que, xeralmente, non é agradecido nin doado, pero que é tremendamente satisfatorio cando acadas éxitos, xa que te sabes representante de toda unha nación; de todo o noso país; de todas as nosas xentes.

Hai diferentes maneiras de ver a un galego, incluso diferenciadas polo tempo. A vella imaxe do galego traballador, que estaba alí en París, Bruxelas, Berlín etc gañando a vida pra mandarlle cartos periódicamente aos seus (e moitas veces vivindo unha vida penosa). Esta visión, seguramente, situaríamola cronoloxicamente nos anos do franquismo e, ademáis coincidiría coa apertura dun sinfín de negocios galegos (restaurantes, bares e outros), que lle deron unha proxección gastronómica e social a todo aquilo que se definía como ?galego?. Tamén esta foi a época da gran puxanza dos Centros Galegos, que se erixían como as grandes entidades sociais de refuxio dos galegos no exterior, onde compartían a súa morriña e, simplemente, interactuaban entre eles (de aí saíran moitas parellas, e moitas amizades). Dalgunha maneira, esta época, situémola xeográficamente en Bos Aires, París ou Barcelona, ten características moi similares, mais unha cousa destaca por encima de todo: os galegos, como comunidade cultural, social e, política, non existíamos.

E sí, falo de comunidade cultural, social e política, das tres patas da existencia real dun povo, aínda que estea fóra. Sen querer ferir as sensibilidades de ninguén, os galegos, ata os anos 90, fomos uns reprimidos política, social, e culturalmente. Só estabamos orgullosos dos nosos platos, das nosas bebidas e dos nosos bailes populares; que constituíron un folclore. Ata que a xente, comezou a entrar en sentido.

Da degustación á cultura
O GALEGO, volveu ser a lingua propia dos Centros Galegos e das Federacións de Entidades Galegas (cousa que, en moitos casos, parecía imposible). AS ACTIVIDADES CULTURAIS deixaron de ser solo comilonas e degustacións. Estas dúas cousas, en maior ou menor medida, vanse cumplindo pouco a pouco e máis dende o impacto que representou o movemento ?Nunca Máis? e o cambio de goberno (no que afecta a subvencións e atención ás entidades do exterior). Aínda así, esquecémonos da parte máis importante da presenza galega no exterior: a vertente política. Temos un triángulo que completar, temos que ser galegos e estar orgullosos de selo, dentro da nosa (libre) opción política.

¿CÓMO NOS VEN? Unha gran parte da poboación venos como a nacionalidade histórica que non merecería selo, como a Galiza filla de Fraga e do PP, como a comunidade envellecida que só ten gaitas. Tamén dubidan sobre a realidade da nosa lingua, - preguntando en moitas ocasións se o galego está normativizado (xa non normalizado) ? pero tamén da solvencia e fortaleza do nacionalismo, así como da propia conciencia de país. Semella curioso que a pedagoxía se teña que converter en imprescindíbel á hora de contar que o BNG é de esquerdas (non de dereitas, como pensan moitos que é ?cando digo moitos, digo moitos cataláns, neste caso- , cando ollan o pacto ?Galeuscat?) e que ten unha base social sólida na Galiza.

Non debemos deixar que se fale só de nacionalismos catalán e vasco; non debemos deixar que nos pasen por encima á hora de ser protagonistas nos titulares dos telexornais. Debemos organizarnos, debemos afirmarnos políticamente alí onde nós estemos. É por iso, que, a conciencia individual, debe facer presente ao nacionalismo galego na emigración. Os galegos, non temos fronteiras; non poñamos nós trabas ao que somos...


Um artigo de Silvio Falcón.
Comentários (0) - Secçom: Reflexions - Publicado o 14-05-2008 17:06
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0