Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Premios Antilingua Galega
Copio e pego:

Dende Galicia Profunda nos decidimos a crear a I Edición dos Premios Antilingua Galega. Para sinalar que é o que, dende o noso punto de vista, se está a facer mal, quen son os colectivos ou persoas que tiran para atrás o esforzo e a labor de moitas persoas a prol do galego. Queremos expresar o noso rexeitamento ante actitudes pouco tolerantes, ante manifestacións e declaracións que o único que provocan é que o galego continúe agonizando, carente de prestixio e de pulos que garantan a súa recuperación.

Trátase duns premios simbólicos nos que queremos que participen todos os galego-falantes, todos aqueles que aman a lingua e que senten como, dun ou doutro xeito, se está a atentar contra as súas raíces, contra a súa cultura e contra unha historia moi importante de Galicia.

Queremos que teñan continuidade no tempo ata o momento no que non sexa necesario sinalar a ninguén, cando o respecto e a plena recuperación da lingua galega sexa unha realidade.

E como se trata da I Edición, desta vez imos establecer tres categorías históricas. Dende Galicia Profunda propoñemos unha serie de candidatos. O que queremos é que participes e votes polo teu, estea ou non nestas listaxes.
Comentários (0) - Secçom: Denúncia - Publicado o 09-05-2008 16:37
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.