Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

unha... grande... ¡¡¡LIBRE!!!
Por unha Galiza ceibe nunha República Federal EstatalOnte vin a película O lápis do carpinteiro, basada na xenial novela de Manuel Rivas que xa tiña lido. O filme é moi fiel á novela e á realidade... pero o que máis me sorprendeu foi unha das esceas... infinitas veces mellor na película que no libro.

A escea é cando están na prisión e as autoridades fascistas obrigan ós presos republicanos, socialistas, anarquistas,... a escoitar un sermón dun cura no que se condea a "cruel" república e se ensalza o "glorioso alzamento" por parte dos fascistas ó mando de Franco.

Cando comeza a esbardallar sobre as bondades do alzamento os presos comezan a tusir até facer xordas as palabras do cura. As autoridades revólvense nos seus asentos por non poder mallalos a todos en plena misa. Ó remate da cerimonia éstas póñense en pé:

- ¡¡España!!
- ¡Unha! - Berraron as autoridades e os gardas.

- ¡¡España!!
- ¡Grande! - Repetiron os mesmos.

- ¡¡España!!
- ¡¡¡LIBRE!!! - Atroou a voz de tódolos presos á vez, facendo tremer os muros da prisión.
Comentários (6) - Secçom: Reflexions - Publicado o 12-09-2006 16:03
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comenta-se que...
1 ...entón non fun o único que vibrou con #blgtk08#esa escea....

¡¡¡LIBRE!!!
Dito por brandomil (12-09-2006 17:16)
2 É o momento máis i#blgtk08#mpactante do film
Dito por turonio (12-09-2006 18:04)
3 É moi chula, pero para min o conto das irmás: a morte e a vida é sensacional#blgtk08#. Por certo os actores galegos fano caralludo e os españois de pena, nonsi?
Dito por Xancín (12-09-2006 19:00)
4 Eu lin o libro, só, en voz baixa... vamos, como se len os libros de to#blgtk08#da a vida xD pero cando lin iso non puiden resistirme e gritei: LIBRE!
Dito por IaRRoVaWo (12-09-2006 23:00)
5 Esa escea é das que deixan#blgtk08# a un tremando. ¡Boísima!
Dito por Manuel Rivas (12-09-2006 23:25)
6 Essa cena é boníssima, mas para mim a melhor cena de todo o filme é quando o guarda civil lhe quita o debuxo do Pórtico da Glória ao pintor.

#blgtk08#/> - O debuxo é meu, quere-lo levar? Leva-o, já farei outro. E se também levas o outro, o seguinte hei-cho debuxar aqui, e daí seguro que nom o levas.
Dito por Amil (29-10-2006 16:00)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0