Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A lingua de todos
Lingua galegaA língua é o cemento co que constrúen os literatos. E os nosos escritores teñen a obriga de empregá-lo galego normativo. É lóxico, mais ocasiona un problema creativo: esa lingua non ten un espello masivo na rúa.

O galego real está mesturado co castelán, cos neoloxismos e cos anglicismos (por non falar dos lusismos que tanto abundan na rede). Poñendo a orella en calquera conversa do pobo, escóitanse barbaridades como dicir "ayer" no canto de "onte", "viernes" no canto de "venres" ou "abuelo" no canto de "avó" (imaxinade que en castelán a xente dixese "grandfather").

Non existe labrego que fale de "lapas", termo que tanto engaiola nestes días a xornalistas e políticos; no campo din "lume". E son moitos os que din "lapas" no canto de "faíscas" (ou "charamelas"), cousa que non ten senso.
Falta o primeiro galegofalante de toda a vida que diga "grazas", insólito invento que xamais lles escoitei ós meus avós, descoñecedores doutra lingua alén do galego.

O claro fracaso da política de normalización lingüística do Fraguismo (mellor dito, da non política), e a forza do castelán, fan que o galego de probeta e o galego da rúa non rematen por xuntarse. Danse situacións así de curiosas: cando un novo galegofalante (eu, por exemplo) chega a unha vila cativa e ponse a falar no bar co seu excelente normativo, os paisanos respóstanlle en castelán (castrapo, pero tendendo ó castelán), porque non o recoñecen como un dos seus.

O problema literario da separación entre lingua culta e popular haino en tódolas linguas. Pero no noso caso canta: nas novas novelas galegas até as personaxes do lumpen falan como mestres de filoloxía ou locutores da TVG (algúns, que a outros nótaselles a leguas que só usan o galego no traballo), rateiros de pouca monta falando como literatos... ¡non pega nin con cianocrilato! O resultado é artificial, e ás veces, estraga por completo as obras, que se volven pouco cribles. ¿Solución? Difícil. Agardar que xurda algún xenio de orella fina, capaz de reinventá-lo galego literario do século XXI para achegalo á vida.

Converter unha lingua en liturxia permite mantela un tempo... pero non nos enganemos: o galego rematará como o gaélico se non prende nos rapaces e nos despachos. É preciso que o fale o rapaz no botellón e o avogado no restaurante.


(Recoméndovos que visitedes os álbumes de fotos que teño no meu outro blog, teño aquí embaixo as ligazóns. Se non vos funcionan a dirección do blog é http://galegoman.spaces.live.com/photos/
En concreto os que se titulan Os humoristas e a lingua e O galego no espello)
O galego no espello
Os humoristas e a lingua
Comentários (4) - Secçom: Língua - Publicado o 29-08-2006 21:30
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comenta-se que...
1 Home non sei. Os actores de dobraxe preparan as esceas para que haxa versosemellanza e os zoupóns falan coma zoupóns. O que non podes pedir é que na escola che aprendan os xuramentos, iso xa cho aprende a vida. Eles dan unha lingua para que uses en momentos formais, a lingua da rúa xa se aprende na rúa. Non podes tampouco dirixirte a un amigo no castelán que aprendes na e#blgtk08#scola (perdón, como has dicho?). O conto é que cando se cuestionan as linguas só se cuestiona o galego, coma se só tivese un rexistro e ten tantos rexistros coma situacións poida haber. A habilidade para captalos e crealos é o máis importante no perfeizoamento dun idioma. Se até os políticos meten castelán no medio (e fano co cu) para disimular o seu galego aprendido.
Dito por turonio (29-08-2006 23:42)
2 Eu non falo dos actores de dobraxe, senón dos escritores. Un ladrón de pouca monta non pode falar igual que un enxeñeiro.

Non falo de xuramentos, falo do xeito de falar. A lingua que se ten que ensinar na escola é a culta, pero esta ten que saír na tele (onde cadre claro, nas series cadaquén falará o seu xeito, etc.). Se se ensina e non se potencia o seu uso en tódolos ámbitos fas "falantes pasivos", que non ensinarán ós seus fillos tal lingua porque non a recoñecen como de seu, e non a usan como lingua normal, senón como lingua "ritual".

Eu teño amigos casteláns, moitos, por toda España, e tamén de toda lat#blgtk08#inoamérica,... e sí, o xeito de falar é como tí dis: perdón, cómo has dicho?. O caso é que aquí sóanos raro porque en galego non existen os tempos compostos, e a xente fala "castelán" sen tempos compostos; pero sí... por España adiante e Latinoamérica falan dese xeito.

Eu cuestiono o galego porque adico o blog a iso, pero tamén cuestiono iso de usar "parking" (aparcadoiro/aparcamiento), "container" [que me rebenta escoitalo] (contedor/contenedor), "cool" (guay),...

Os políticos non teñen nin puta idea a meirande parte deles... falan en galego dun xeito ritual, non como se fose unha lingua que usasen a cotío.
Dito por Suso (30-08-2006 01:16)
3 Eu non desexo ser pesimista e penso co galego vai continuar a ser o idioma do país durante moito tempo. Non vexo aínda que se esté a chegar a unha situación semellante á de Euzkadi onde a lingua é algo case anecdótico.
O problema máis "gordo" penso que está en xente coma min, cuarentón, sen estudos, sen ter feito ningún cursiño de galego, sen tempo físico para facelo e que nos vemos na obri#blgtk08#ga de aprender dos fillos (o normativo) e dos pais (o popular). Tamén é verdade ca administración non nos da ningunha facilidade (sobre todo nos pobos pequenos) para que nos acheguemos un pouco máis ó galego normativo. En fin, penso seguir a falar e a escribir en galego, aínda co faga mal, coa esperanza de ir aprendendo pouco a pouco. E sobre todo ler máis que é o único xeito que teño de aprender.
Dito por A Randeeira (30-08-2006 11:13)
4 O problema "gordo" non está en xente coma tí, senón todo o contrario. Ti falas galego con normalidade, mais a xente entre os 15 e os 25 máis ou menos. Cando eu era cativo, na escola, o que falaba galego era un ghailanciño... antes todos falaban galego na casa, e agora tamén son educados en galego, mais na miña xeración os pais falábannos castelán ós fillos.

O problema é que hai falantes pasivos, que coñecen a lingua mais non a empregan.

Meus pais teñen preto de 50 anos e sempre falaron galego, agás cando eramos cativos eu a miña irmá, que nos falaban castelán. Tamén lles pasou a tódolos #blgtk08#meus primos e á moitos dos meus amigos. Usaban o galego para todo agás para falarnos a nós. Agora decátanse do erro que cometeron.

Os meus pais fixeron un cursiño de galego normativo, e curiosamente toda a xente nova lle preguntaban á miña nai cómo se pronunciaban as palabras ben (iso de: Hai unha pola pola pola, O cativo deixou de xogar coa bola para comer bola). Mesmo a mestra lle preguntaba. A xente que sempre falou galego, inda que non o estudase, é a que mellor o fala... outra cousa é a normativa ortográfica.

Lendo, lendo moito é como todos nos culturizamos e aprendemos ortografía ;)
Dito por Suso (30-08-2006 13:37)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0