Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Supergalegos
Nazón FénixEntre finais do século XIX e o arranque do XX, un millón de galegos escaparon dunha Galiza sen futuro. Non eran uns paspáns: deixa-la túa parroquia, embalá-las túas dúas mudas nunha maleta de cartón e embarcarte a América esixe unha carraxe tremenda. Moitos callaron na epopeia da emigración (que ten pendente un gran libro e a súa película). Dende o outro confín, amosaron que o problema de Galiza non estaba nos cerebros nin nos corazóns, senón nunha política que nos tiña arrumbado no atraso e a rendición, porque España, como agora, primaba a súa metade oriental.

Cando un país que índa hoxe só ten 2,9 millóns de habitantes perde a un millón de veciños, quédase exagüe. Os mellores foronse e atrás deixaron miseria, ignorancia, a bota feudal e sobre todo: medo. A pobreza, o servilismo ante o señor e a nula educación - traducida en superstición - tallaron a personalidade do campesiño galego.

Mitificado polo primeiro nacionalismo, o noso campesiñado era laborioso e dono dunha tradición valiosa; pero tamén era apoucado e individualista até o mezquiño. Ahí foi nado un prototipo, o galego que nin sube nin baixa. E como hai que consolarse, a personalidade evasiva, filla do medo, pasou a chamarse astucia. Pero un país incapaz de arriscar e armar proxectos colectivos non pita.

Hoxe emerxe outro perfil de galego. No canto de de ficar no medio da escaleira, móvea. Mariñeiros da Costa da Morte deron un paso ao fronte e salvaron as vidas de 51 emigrantes no Mediterráneo. Unha leción de moral. No Tour, un mozo de Mos vestía de amarelo. "¿Vai a aguantar?", pregúntábanlle. O galego do tópico tería dito: "É difícil, qué dúbida cabe". Pereiro respostou así: "Teño o maillot. Agora que mo quiten".

Xa non pedimos axuda, sabemos que temos que saír do paso por nós mesmos. Os mariñeiros loitaron en primeira liña contra o negro do mar, e as xentes loitaron en primeira liña contra a negrura que deixa o lume. Loitamos co que temos, por pouco que sexa. Agora non pedimos ó goberno que nos rexenere os montes... somos os cidadáns os que vamos a sementar herba e evitá-la escorrentía das cinsas. Pra poder rexurdir delas como facía a mítica ave... ¡Galiza, Nazón Fénix!

Galiza arranca. E dará sorpresas.
Comentários (1) - Secçom: Sociedade - Publicado o 29-08-2006 12:09
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comenta-se que...
1 Estou de acordo contigo. Nembargante o domingo 27 nas páxinas do Progreso, Anxo Quintana dicía algo asi como: "O monte galego en un#blgtk08# luxo co estado español ten que empezar a pagar". Eu pensei mal imos se queremos ser nazón e o mesmo tempo vivir da ubre do estado.
Dito por A Randeeira (29-08-2006 12:41)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0