Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

¡Putos Alcolitros!
Eukal Hiptoak Austral HerriraOs alcolitos son unhas árbores autóctonas da Australia e que aquí non fan máis que foder. Estas árbores teñen unha multitude de características (que non mesmamente defectos aínda que o pareza) que as fan incompatíbeis coa fauna e flora autóctona da Galiza (en realidade de todo o mundo agás Australia).

Algún que esté a ler isto pensará que son deses que andan a prender lume nos eucaliptais (que os hai), pero eu só estou a facer unha protesta que creo xusta.

Os eucaliptos son unhas árbores que posúen halosteria, que é un fenómeno que consiste en que emana unhas substancias químicas que fan que non medren árbores ou herbas doutra clase do seu redor.
Se alguén quere saber máis da halosteria que pille de enciclopedia e se culturice, que sempre é bó.

Pois ben... en Australia a flora autóctona está adaptada a estas árbores e aos seus fenómenos halostéricos, de xeito que nese país os eucaliptais sí teñen sotobosque, que é fundamental pra o ecosistema dunha fraga... ademáis a fauna autóctona aliméntase destas árbores (véxase Koalas), de xeito que se produce un ecosistema en toda regra.

Noutras partes, se plantas un eucaliptal non medra sotobosque e hai un ecosistema que non rinde... os animais non se poden agochar baixo as súas polas... por exemplo, nun carballo poden aniñar os paxaros e están agochados... nun eucalipto non poden aniñar porque se pasa un águia veos con moita facilidade e papa a tódolos paxariños. Ademáis zugan auga que mete medo... as súas raíces tiran pra a auga que da gusto, i ese é o motivo de que medren tan rápido... desertizan o solo; Australia ten agora un inmenso deserto... antes iso era todo un inmenso eucaliptal... cadaquén que saque as súas conclusións. E contaminan augas... por exemplo se plantas un eucalipto preto dun pozo este contamínase e queda inservíbel... todo por mor do halosterismo. E ademáis teñen unha madeira de alto contido en alcohol, de xeito que arden que da ghusto velos, e ao mínimo que faga un pouco calor están a arder os alcolitros.

¡¡Sí ós alcolitos... pero na súa lugar de orixe!!
Comentários (11) - Secçom: Natureza - Publicado o 28-08-2006 00:50
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comenta-se que...
1 Home, non é que sexa eu defensor dos eucalitos pero vamos tampouco se pode ir por aí de tremendistas asustando á xente. Andamos sempre coa paranoia da gran catástrofe que vai vir e se non chega nunca quedamos de parvos e falabaratos. A cousa é grave, non dramaticemos.
Nunha leira na que non sementara nada saíronme eucalitos, carballos, sobreiras, toxos, #blgtk08#xestas, fentos, silvas e fungos de toda clase. Supoño que non consideras iso sotobosque.
Son malos e debemos cambialos por especies autoctonas por respeto ao medio e tamén pq agora mesmo a madeira de eucalito está tan barata que non compensa botalo. Hai que botar especies autóctonas que aínda que tardan máis en medrar se lles saca muito mais rendemento.
Dito por turonio (28-08-2006 01:40)
2 Eu non pretendo asustar á xente, tan só estou informando. A "catástrofe" non se percibe porque vai a paso lento, pero a desertizazón é un feito. E a halosteria tamén, que ninguén fala dela nunca, supoño que porque non estudaron iso... eu estudeino, i é algo a ter moi en conta.
#blgtk08#> Dos vexetais que mencionas as xestas, toxos, fentos, silvas e fungos son soutobosque, os máis non, son árbores.

O ecosistema austral é diferente do do resto do mundo... é por iso polo que é tan delicado iso de introducir especies foráneas en Australia e viceversa.
Dito por Suso (28-08-2006 02:17)
3 O tema é especialmente dramático na Mariña de Lugo porque nos convertemos no eucaliptal do país. Fragas autóctonas contase cos dedos dunha man e sobran. Nem#blgtk08#bargante temos o caso dos eucaliptos de Chavín, en Viveiro, que se usan como reclamo para o turismo. En fin, ordenar o tema do monte é unha tarefa complexa.
Dito por A Randeeira (28-08-2006 12:37)
4 Penso que á alosteria lle debes quitar a "H", ademáis seria mais correcto e mais comprensible dicir alelopatía (pero, claro, non queda tan chupi), e os estudios realizados ata o de agora non aclaran demasiado a cuestion , en realidade falase máis de outros aspectos, como é o da competencia pola luz, etc. En canto ó da auga, talmente, tampouco o teño moi claro, a USC na Facultade de Farmacia no departamento de Edafoloxia, fixose un estudio ó respecto, e os resultados non son claros (remitote ós traballos de Roxelio P. Moreira sobre o asunto), e xa #blgtk08#para rematar deixo aqui unha direccion da FAO, (http://www.fao.org/DOCREP/005/Y7605S/y7605s03a.htm) onde se recollen artigos que ilustran os temas comentados; por ultimo, a min non me gusta NADA o monocultivo de eucalipto, e penso que o problema é ese a extensión de superficie monoespecífica, e a solucion pasa por unha ordenacion do monte(que facil e que dificil).

PD. para crear algo de bronca; o das fragas inmensas en Galiza, con km e km de carballos , é un MITO, mais claramente , é mentira, pero iso é outro tema ;-)

Dito por circun (08-09-2006 12:25)
5 ¡Pois gracias por ilustrarme! :)

É ben certo o que dis. Como dicía alguén noutro comentario os eucaliptos de Chavín son moi famosos. Mesmo hai fragas bonitas de eucaliptos. Pero creo que é innegábel que o que se leva facendo de hai uns dez anos até o de agora é unha barbaridade: miles de hectáreas plantadas #blgtk08#só cunhas árbores que nada teñen que ver con ningunha parte do mundo agás Oceanía, un continente totalmente diferente ós mais.

E perdón polo "h" entón... xa que me correxiches eu tamén te ilustro (en menor medida, pero algo é algo) dicíndoche que en galego as letras son masculinas: o "a", o "t", o "x",... :)
Dito por Suso (08-09-2006 12:52)
6 A ver, eu também estou em contra dos eucaliptos,som carbalhesa! Mas tu dis q lendo isso podemos pensar q os andas a queimar, ironicamente..
Tu quando queimas um eucalipto, as raices multiplican-se e medram muito mais por debaixo da #blgtk08#terra e aparecem reduplicados noutra zona.
É algo assim...
E por certo, no Sempre em GAliza(um gran livro, por suposto), q todos lemos da-se umha imagen da mulher mui tradicionalista e machista...
Saudaçons de Albinha
Dito por umha ecologista (26-09-2006 22:27)
7 Eu penso que os alcolitros, non fan mais k foder a terra. A xente plantaos coa intención de ganar cartos rapidos pero non se#blgtk08# dan da conta do mal que lle fan a terra. Eu tiña alí catro alcolitros nunha leira e corteinos porque jodianme o millo todo
Dito por ciberagricultor (30-04-2007 10:03)
8 Eu os mandaría de volt#blgtk08#a cunha patada no cú.
Dito por andresrguez (03-01-2008 14:14)
9 good, the content is sim#blgtk08#ple, easy to understand
Dito por 192.168.1.1 (24-07-2016 10:54)
10 Nice#blgtk08# one
Dito por Quickfreeiphone (28-10-2016 14:30)
11 Julie 2 Tamilrockers
Julie 2 Tamilgun
Julie 2 Tamilyogi
Julie 2 Tamilrockers
Julie 2 Video Songs
Theeran Adhigaram Ondru Tamilrockers
En Aaloda Seruppa Kaanom Tamilrockers
Theeran Adhigaram Ondru Tamilrockers
En Aaloda Seruppa Kaanom Tamilrockers#blgtk08# /> Theeran Adhigaram Ondru Tamilyogi
En Aaloda Seruppa Kaanom Tamilyogi
Prematho Mee Karthik Movierulz
Khakee Movierulz
Tamilrockers
Tamilgun
Movierulz
Filmywap
Khatrimaza
HD Video Songs
Tamilrockers
Tamilyogi
Xmovies8
Dito por tamilrockers (15-11-2017 10:47)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.