Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Para que Galiza decida!!
O 9 de Marzo hai unhas novas eleccións estatais.

Estas vindeiras eleccións son, sen dúbida, decisivas para o nacionalismo galego. As últimas estatais a miña decisión foi o chamado "voto útil"... o obxectivo: derrocar a ditadura do PP, que se tiña instalado nunha partitocracia despótica e xa non escoitaba ao pobo, facía guerras baseadas en mentiras e tinxiu Galiza dun PPrestigioso negro.
O meu voto por aquel entón foi para o actual presidente do goberno do Estado, Zapatero... e foi útil.

Agora o obxectivo non é derrocar a un goberno tiránico... agora obxectivo somos Nós, hai que pór á Galiza riba da mesa de negociacións, ir a Madrid, plantarse diante dos burócratas e falarlles de ti a ti, mirando aos ollos, e dicir: "eiquí as miñas propostas, agardo que se cumplan... e se non podes, fai por poder".

Desta volta, tras moito cavilar e informarme sobre as diferentes opcións, téñoo moi claro... o meu ha ser novamente un voto útil... porque o único voto inútil é aquel que non se emite. A decisión está tomada...




Non fica senón apelar, a todo o mundo, ao voto útil... a votar!!. Porque o sistema político máis revolucionario de todos cantos se teñen coñecido é, sen dúbida, a Democracia. O noso sistema político baséase nalgo tan sinxelo e á vez tan sumamente revolucionario como é: un home, un voto.

Nas nosas mans está o futuro do noso país, no noso voto... na festa da Democracia. Ben dicía Castelao que "O pobo é somentes soberán o día das eleccións"... sexamos pois soberáns por un día.
Comentários (0) - Secçom: Política - Publicado o 22-02-2008 21:26
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.