Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Mil anos de idioma galego

A lingua de Rosalía comezou a existir no entorno dos campamentos romanos, independizouse do latín entre os séculos IX e X e comezou a escribirse no XIII.

Está o idioma galego en disposición de celebrar os seus primeiros mil anos de existencia? "Seguro", responde Basilio Losada, o primeiro catedrático de Filoloxía galega e portuguesa que houbo na Universidade de Barcelona. O galego, ou o xerme do que evolucionaría até o que hoxe coñecemos como língua oficial da Galiza, comezou a balbucirse no entorno dos campamentos romanos instalados no territorio máis noroccidental da Península e iniciou a súa expansión coa decadencia de Roma.

A partir do século V, os bárbaros desintegran o imperio e comezan anos escuros de fame, peste e morte. As cidades abandónanse e o latín (e todo o que ten que ver coa alta cultura) queda acantonado nos mosteiros. O pobo vai esquecendo o idioma dos romanos e mestúrao coas novas influencias e co substrato prelatino. "Entre o século X e o XI, pode dicirse que a xente xa non entendía o latín", continúa Losada "e, no XII, esa nova lingua empeza a escribirse". Até onde se sabe, é a cantiga satírica Ora faz ost'o senhor de Navarra o documento literario máis antigo escrito nunha lingua que xa non era o latín, senón o que se deu en chamar galego. Escribiuno o trobador Joam Soares Paiva contra o ano 1200.

As testemuñas

Os primeiros documentos non literarios que se conservan son a Noticia de Torto, un texto notarial datado entre 1212 e 1216, e o testamento de Alfonso II de Portugal, de 1214, cunha regularidade ortográfica que fai pensar aos expertos que é imposíbel que non haxa testemuños anteriores. Os dous textos foron achados en Portugal. Na procura de datas de referencia, hai dous anos que o Consello de Cultura Galega presentou o documento máis antigo escrito en galego, e escrito en Galiza: O Foro do bo burgo do Castro Caldelas, un privilexio real -o único que se coñece escrito en galego- redactado por un notario de Allariz en 1228, cando o galego amencía cara ao seu esplendor e era, xa, a lingua dos reis.

Se até alí nengún investigador o remedia, haberá que agardar aínda preto de douscentos anos para celebrar o primeiro milenio do galego. Aínda que todo é cuestión de interpretar as cousas: "Cando unha lingua comeza a escribirse, ten detrás ao menos dous séculos de implantación oral", aclara Basilio Losada. Outros expertos, como o profesor Henrique Monteagudo, comparten a teoría. Logo, o galego ten mil anos.


Un acento propio que transformou o latín facendo da "luna" romana unha lúa galega

Antón Santamarina, até hai pouco director do Instituto da Lingua Galega (ILG), tamén está pola tese dos mil anos do galego, aínda que subliña o difícil de datar o momento no que o latín se converteu en galego. O profesor explica que o propio xeito de falar dunha comunidade articulada por redes sociais que a adoptan determinou a evolución das linguas romances, tamén do galego: "O idioma cristalizou por unha serie de redes urbanas e polo influxo eclesiástico en áreas determinadas moitas veces pola propia distribución administrativa da Igrexa".

O que non ten dúbida é que o galego naceu no noroeste da Península, e se expandiu polo que hoxe é Portugal por medio da colonización que acompañou á Reconquista: "Ese proceso é o que altera a dinámica lingüística na Península. Todas as linguas romances nacen no norte e expándense por medio do repoboamento a medida que avanza o proceso de Reconquista. Os galegos repoboaron a parte máis occidental, e a súa lingua foi con eles".

Nomes e topónimos

Está claro que a propia forma de falar, de interpretar o latín e darlle un acento singular, tivo que ver coa evolución cara o galego. É o mesmo acento que hoxe caracteriza a forma de falar o castelán dos habitantes da Galiza? "Non se poden lanzar hipóteses tan aventuradas -responde Santamarina-. Cando se aprende unha segunda lingua introdúcense hábitos articulatorios da propia, pero non temos datos para comparar, porque non sabemos case nada das linguas que se falaban na Galiza antes do latín. Díxose que a gheada é un rastro da fala anterior. É probábel. Ou que a sonorización do 'p' intervocálico (cabra en vez de capra) tiña que ver co substrato lingüístico previo, pero apenas nos quedaron algúns topónimos como 'Barallobre', nomes propios ('carqueixa', 'queiruga') e pouco máis".

Outro trazo característico daquel galego primitivo que chegou até hoxe é a perda do 'l' e do 'n' intervocálicos que converteron a 'luna' romana nunha 'lúa' galega, a 'pala' en 'pa', ou a lana en 'la'. Santamarina rexeita outros trazos, como a falta de ditongación ('pedra' por 'piedra'), "porque tamén son propios doutras linguas, como o italiano".


Unha traxectoria de éxito e represión que a converteu na lingua romance máis popular

A historia do galego está chea de altos e baixos, de momentos de gloria e esplendor combinados con outros de escuridade que foron configurando unha lingua peculiar cun forte compoñente popular.

O galego, en xustiza o galego-português, converteuse moi pronto nunha lingua culta adoptada polas clases dominantes. Así, nos primeiros séculos da súa vida escrita, o galego era o idioma lírico por antonomasia. O castelán era o idioma no que se veiculaban as accións administrativas, e o galego-português, a lingua na que se expresaban os literatos, a que servía para falar do amor ou da soidade. Neses anos que van do século XIII até o XV, o galego-português convértese nunha lingua internacional que sae da Península por medio das súas composicións. "A poesía medieval en galego está á altura das máis importantes de Europa", explica Basilio Losada, quen recorda que, cando lle comunicaron ao rei Alfonso VI a morte do seu fillo, expresouse en galego, como recollen os cronistas. O propio Alfonso X distinguiu entre o castelán, no que escribiu a súa obra administrativa, e o galego, que utilizou para as súas cantigas, unha referencia na literatura medieval da Península.

O galego estaba entón preto da súa decadencia, que chegaría cos Reis Católicos e o cambio político esencial que afectaría gravemente a Galiza e tamén a súa lingua. O desembarco dunha nova administración con notarios e funcionarios que escribían en castelán relegou o uso da lingua ao pobo e o galego deixou de existir como idioma escrito: "Hai que ter en conta tamén -explica Henrique Monteagudo, profesor da USC e secretario do Consello da Cultura Galega- que a Igrexa tiña practicamente o monopolio da alta cultura e Galiza, entre o século XV e o XIX, non tivo practicamente ningún bispo galego".

Adeus, português

É neses séculos cando o galego evoluciona dun xeito distinto ao português, unha lingua que si ten Estado e administración de seu. "O fenómeno da imprenta fixo que os idiomas europeos se latinizasen moito porque os primeiros textos imprentados eran en latín e, daquela, todos os intelectuais eran bilingües. Ocorreulle tamén ao português, pero moito menos ao galego".

A liña quebrada da vida do idioma queda pois sepultada no pobo durante séculos até a chegada do que Basilio Losada considera como un milagre: "Rosalía devolve a voz ao pobo chea de nobreza e por escrito. Se Deus mirou algunha vez para Galiza foi no século XIX, o día que nos regalou ese prodixio de Rosalía de Castro". Monteagudo tamén eleva a traxectoria do galego até o máis alto no ano 1880: "Edítase tamén Aires da miña terra, de Curros Enríquez, pero, sobre todo, é o ano no que Rosalía publica Follas novas".

O Rexurdimento, un fenómeno que se daría paralelamente en Catalunya, devólvelle ao galego a súa dimensión literaria, que se vería freada dramaticamente outra vez por un acontecemento político: o franquismo. A xente e a fala volveron a salvagardar o tesouro até a súa recuperación coa Autonomía e o seu recoñecemento como lingua oficial.
Comentários (5) - Secçom: Língua - Publicado o 24-10-2007 20:08
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comenta-se que...
1 Gracias Galegoman (perdona que no sepa gallego) por poner mi artículo sobre el Kosovo en Menéame,

lo que n#blgtk08#o entiendo es por qué los votos negativos? hay tantos serbios por Menéame?

un saludo grande desde Alemania!
Dito por marta salazar (24-10-2007 21:18)
2 Escutaste os anúncios do PSdG-PSOE? Têm muitos que estão a dar na SER continuamente nas edições locais e da Galiza.

Para mostra este:

-VOZ DE MULHER JOVEM: Me dijo mi primo que podía tirar los plásticos al mar, que no pasaba nada.

-VOZ DE HOMEM JOVEM: Pasa de tu primo. Cuida e#blgtk08#l Planeta.

Acaba o anúncio dizendo PSdG-PSOE.

O objectivo deste comentário não é fazer propaganda do PSdG-PSOE, mas é que os achei engraçados. COmo dizia, têm mais variantes mas todos eles acabam dizendo "Pasa de tu primo. Cuida el Planeta". A referência a Rajoy não podia ser mais explícita.
Dito por Gonçalo Eanes Núnez (25-10-2007 00:47)
3 Hola Marta!!

De perdón nada, aquí aceptanse comentários en galego/português, castelán, inglés, francés, italiano,... ;)

Descubrín o teu blog por medio dese artigo sobre Kosova e estiven a botarlle unha ollada... cando esteña menos ocupado xa che botarei algunha comentada, que pinta moi ben ;)

Os votos negativos son, precisamente, polo que tí dicías en Planisferio:
"Algunos países (España, Grecia y Rumania) posiblemente se opongan a la independencia#blgtk08# por no sentar un precedente en derecho internacional que pueda servir de argumento para exigir la independencia por parte de minorías dentro de su propio territorio."

Aquí, pola contra, chegou a portada:
http://chuza.org/historia/o-estado-kosovar-sera-reconecido-por-eua-e-alemania/

Non te preocupes... o dos negativos en meneame son "o noso pan de cada día". ;)

Por certo, moi bo o teu blog! :)

Outro grande saúdo dende a Galiza!!! :)
Dito por Suso (25-10-2007 20:52)
4 Gracias a ti querido amigo!

oye, y música en gallego? es tan b#blgtk08#onita!!!

no pones música en tu blog?

un abrazo!
Dito por marta salazar (28-10-2007 10:14)
5 Encantáronme as túas reflexións mais hai algo errado,pra miña forma de ve-las cousas.Dixeches como conclusión: "O Rexurdimento, un fenómeno que se daría paralelamente en Catalunya, devólvelle ao galego a súa dimensión literaria, que se vería freada dramaticamente outra vez por un acontecemento político: o franquismo. A xente e a fala volveron a salvagardar o tesouro até a súa recuperación coa#blgtk08# Autonomía e o seu recoñecemento como lingua oficial." En Galicia aínda estamos nuha etapa de Rexurdimento e ainda temos lonxe o final deste período. Cada día somos menos galegos os que nos preocupamos polo noso idioma e pola nosa patria.
O teu texto pareceume un resumo moi bó da historia da lingua galega, mágoa que non tódolos galegos coñezan tanben a nosa historia coma ti. saúdos
Dito por María (30-11-2007 16:44)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0