 Resulta que lles chegou aos Aduaneiros Sem Fronteiras unha reclamación baixo ameaza de demanda xudicial por delitos de inxurias por parte de Yolanda Castaño debido a que nunha das súas entradas había comentarios difamatorios cara ela.
Os Aduaneiros propuxeron retirar os comentários, mais a parte demandante non aceptou e pedía tamén a retirada da imaxe, polo que os aduaneiros emitiron este comunicado:
Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.
Eu creo que o que propio sería eliminar tales comentarios, pedir unha desculpa e moderar mínimamente os comentarios do blog, e santas pascuas. O mal é que ó parecer tamén piden a retirada da imaxe... e non sei por que será...
De tódolos xeitos eiquí vai esta entrada do blogue en solidariedade con eles, mais tamén coa escritora galega polos comentarios difamatorios que se teñan verquido sobre dela.
E dicirlles aos Aduaneiros que continúen coa súa gran laboura... e que abran o blogue dunha vez que non ven a conto pechalo... total... téñolles mangados case tódolos deseños... hehehehe
P.D.- E se fai falla que avisen e fago unha compra ben grande das súas camisolas e suadoiros pra subvencionar a causa ;)
Podedes ampliar informazón aquí. |