Avante Galiza! |
|
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
(Castelão - Sempre em Galiza)

|
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Punto e seguido |
|
 Disque todo o que comeza remata, e este proxecto meu non había ser menos. Facer un blog levoume a coñecer moita xente de moi diversos lugares: Galiza, Brasil, Portugal, Euskal Herria, Italia,... Permitíume espallar ideas, tanto as miñas como as doutra xente, a todo o mundo; fíxenas viaxar. Viaxar... sempre me gustou viaxar e coñecer novas xentes, culturas e xeitos de vé-la vida; eu trocaría ese lema de rebeldía de 'live fast, die young' polo de 'live travelling, die knowing'.
Quédame aínda moito por dicir, pero tamén me quedan moitas cousas por facer. É unha especie de controversia entre contar e facer, e coido que o mellor é vivir para poder contar. Lémbrome agora dicindo isto dunhas declaracións de Arnaldo Otegi: "pensamos que o día en que en Azkoitia ou en Zubieta se coma en hamburgueserías, e se oia música rock americana, e todo o mundo vista roupa americana, e deixe de falar a súa lingua para falar inglés e todo o mundo esteña, no canto de estar contemplando os montes, funcionando con internet... pois para nós ese será un mundo tan aburrido, tan aburrido, que non pagará a pena vivir".
Nunca fun demasiado bo en canto ó tema das despedidas... debe ser que no meu maxín son incapaz de asimilá-la verba "adeus" e acostumo a trocala por "deica vernos". Un adeus é un punto final, e para min tódolos puntos son punto e seguido.
Voltarei por aquí? Non sei... pode que si e pode que non... deixo tódalas portas abertas. Como xa lle dixen á Randeeira na súa despedida, concibo o tempo, o mundo, o todo en xeral, de xeito circular, esférico para sermos máis exactos; de xeito que un inicio sempre é un final, e un final sempre é un principio, e non teñen por qué coincidir nun mesmo punto... os extremos sempre se tocan, pero é que nunha esfera todos son extremos e tódolos finais son comezos á súa vez.
De todas cantas ideas teño deixado aquí rexistradas, hai unha que considero que paga a pena especialmente, que inclúe a todo o mundo, que é un anceio universal; é por iso que non quixera dicir "deica vernos", sen dicila unha vez máis:
Sempre cara adiante,
sempre en positivo. |
|
|
|
18 Comenta-se que... |
|
1 |
Unha magoa, agardo que volvas por pronto, o verme do "blogging" nunca se va! Sempre hai cousas que compartir e cousas#blgtk08# que dicir!
Ánimo! Seguirei atento por se volves (que deseguro o farás).
Deica vernos! |
|
|
Dito por IaRRoVaWo (16-07-2007 21:39) |
|
|
2 |
Pois nada rapaz, levo pouco tempo entrado no teu blogue pero xa era un asiduo a el, asi que botarémoste de menos por aqui, fai esa viaxe que queres fac#blgtk08#er, desfruta da vida e do verán e volta con cousas novas para contar, supoño que estarei por aqui.
apertas patrióticas doutro galego !! |
|
|
Dito por breogain (16-07-2007 23:23) |
|
|
3 |
Claro que lle queda moito por dicir e moito por facer, pero todo o que dixo aquí e fixo aquí tamén é vida. Comprendo a súa decisión, e comparto o razoamento.
Tanto se volve coma se no#blgtk08#n xa sabe que esta doutora ten un aprezo especial por este sitio no que conviven o compromiso coas ideas maila ideoloxía,coa provocación e a diversión. Botarémolo en falta.
Un bico. |
|
|
Dito por Doutora Seymour (17-07-2007 00:54) |
|
|
4 |
Non fodas, tio ... que precisamos de toda a forza blogueira para axudar a cambiar este país.
O verme homicida que come nas #blgtk08#entrañas do blogueiro fara que voltes.
De todos os xeitos MOITA SORTE e MOITAS GRAZAS por todo o que compartiches con nos. |
|
|
Dito por a randeeira (17-07-2007 07:57) |
|
|
5 |
Vaia! Todo o mundo acaba marchando!
Ben, supoño que, como dicides, este é un "ata vernos" porque a xente á que #blgtk08#lle bule algo no peito acaba buscando o xeito de o facer saír, sexa aqui ou noutro lado.
Ánimo e esperarémoste. |
|
|
Dito por (17-07-2007 12:21) |
|
|
6 |
Vaia! Todo o mundo acaba marchando!
Ben, supoño que, como dicides, este é un "ata vernos" porque a xente á que lle bule algo no peito acaba#blgtk08# buscando o xeito de o facer saír, sexa aqui ou noutro lado.
Ánimo e esperarémoste.
Desculpa a repetición, esquecin asinar! |
|
|
Dito por o refraneiro (17-07-2007 12:22) |
|
|
7 |
deica ou#blgtk08#tra :'( |
|
|
Dito por martinho (17-07-2007 17:53) |
|
|
8 |
Rapaz, non quero ser impertinente, pero síntome na obriga de dicircho, porque me acabas de dar un desgusto: Non se pode citar o que cita#blgtk08#ches de Otegui poñendo un cartel de despedida no que está escrito "END".
Ai, ai, ai...
¡Ata outra, rapaz! |
|
|
Dito por Alguen (17-07-2007 18:50) |
|
|
9 |
Vaia, outro que se nos vai :( co ritmo de publicación que levabas ultimamente! moita despedida no blogomillo.
Bueno Suso, non che vou da-la brasa, entendo a tua decisión (manter un blog require tempo que pode ser i#blgtk08#nvertido noutras cousas) e pasa un bo vrao.
Vemo-nos polos comentarios de Chuza e non esquezas facerme algunha pequena visita de cando en vez polo blog.
Ata que decidas voltar.
Sorte!
|
|
|
Dito por Suevo (17-07-2007 21:24) |
|
|
10 |
Non me fixen ver moito nos comentarios destes blog, agás nun par deles, pero dende que o descubrín en google por casu#blgtk08#alidade xa era un asiduo, moi bo blog que espero que tarde o temprano retomes, aínda así respeto a decisión e sorte! |
|
|
Dito por Nesinho (20-07-2007 18:12) |
|
|
11 |
Suso, que coño estás a di#blgtk08#cir? tío, non te vaias... |
|
|
Dito por Anxélica (24-07-2007 13:20) |
|
|
12 |
Vaites, outro que sucumbe. Agardo que non sexa tan definitivo como parece que é a #blgtk08#randeeira. Polo menos puxeches o punto seguido. Tómoche a palabra, ou a puntería. |
|
|
Dito por O'Padín (25-07-2007 00:04) |
|
|
13 |
Carallo, desta tardei en vir a cheirar por aquí. Adoito facelo con maior frecuencia pero case nunca me preocupa pq sempre chego ao teu blogue por un ou outro carreiro. Desta vin a propósito para ver que contabas e vaia coa sorpresa. Fun a#blgtk08#goreiro coa Randeira dicíndolle que tardaría 0.2 en volver colgar outro post e visto o meu éxito como agoreiro voume centrar nunha despedida sentida.
Cóideseme ben e se hai que seguir siga que público tes e cousas que dicir tamén. |
|
|
Dito por turonio (26-07-2007 13:16) |
|
|
|
|
15 |
Unha verdadeira mágoa que abandones. Coincido cos que din que esperamos sexa un "até pronto". A verdade é que tes moita soltura escribindo e dame un pouco de cousa que aba#blgtk08#ndones, inda que respeto a túa decisión. Cada un sabe da súa vida, ou non?
Moita sorte nas túas andainas e moitas grazas por axudar a ver a realidade do noso País. |
|
|
Dito por Iago (29-07-2007 09:28) |
|
|
16 |
oes xq non volves ler o meu comentario en tan gallego como el gazpacho??? paresme q non entendiches o q keria dicir....XD un saúdo
pd.sitio moi interesant este,había tempo q buscaba algo asi,pero isto de intnné non é o me#blgtk08#u ou non sei onde buscar,e agora q o atopo vas e marchas...:-( pois bueno ...por certo verás q o meu nome non coincide co meu correo...ten unha explicación XD ;-p ..xa sabes ruegos e preguntas na miña dirección están.
Salú |
|
|
Dito por antón ,ribadeo (06-08-2007 11:41) |
|
|
17 |
ando na berza....agora lin todo e xa o pillei ...os mundos de yupi están ben pero controlendo jeje .-..mea culpa eu#blgtk08# non entender,pero e q con estas cousas CEGOME!! e logo en frío e con calma xa pillo,mis disculpas pues ;-p
salú |
|
|
Dito por antón,ribadeo (06-08-2007 12:46) |
|
|
|
|
E ti que pensas disto? |
|
|
|
|