Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O PP contra Muguruza
Agora resulta que aos mestres da hipocrisía tamén lles molesta que Fermin Muguruza cante no festival Linguas Vivas... os motivos que esgrimen son os de sempre, mais o que eu penso é que como estes coitados homiños non entenden euskara deben crer que cada vez que pronuncie eta (e) está a referirse E.T.A. (Euskadi Ta Askatasuna). Pode que sexa iso, ou pode que lles moleste que figure no cartel dun festival que ten por nome "Linguas Vivas", e para esta xente as únicas linguas vivas que hai no mundo son o castelán e o inglés... cousa curiosa, pois a meirande parte deles non teñen nen puta idea de inglés; é máis, nin sequera saben falar castelán, aínda que tampouco se dignan a falar galego... deste xeito crean un idioma chapurreado, mestura de galego e castelán con anglicismos polo medio, que cren superior a calquera outro... que fodidamente puta é a iñorancia!!

Din de Fermin Muguruza que insta á violencia e non sei cantas merdas máis. Para estes individuos só hai unhas vítimas, as súas, e uns asasinos, os outros; din que en Euskal Herria se ameaza aos amantes da fabula española, pero non lles importa que na España se ameace ós que non cren nesa fábula. Non lles importa que Fermin Muguruza reciba cada día no seu correo electrónico ameazas que rezan: "Te mataremos, ya matamos a un Muguruza y tú serás el segundo". Impórtalles un carallo a morte de Josu Muguruza, porque el non é unha das SÚAS vítimas. Só son uns falsos hipócritas...

A esta xentiña impórtalles demasiado o que pase na zona de Euskal Herria que teñen colonizada, non queren que se perda o poder de metrópole e por iso cada vez que se manifesta alguén discordante coas súas ideas queren calalo, censuralo, ilegalizalo... non protestan, non, porque os falanxistas ameacen con "pasar" de novo".

Hoxe e sempre:
O povo falará
El poble parlarà
Herriak du hitza


En fin... non sei nin por que escoito as parvadas que din estes nostálxicos do nacionalcatolicismo... coido que me é mellor desconectar facendo unha viaxe mental a Bilbo:

Fermin Muguruza - Bilbo
Comentários (2) - Secçom: Denúncia - Publicado o 14-07-2007 11:35
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comenta-se que...
1 Compañeiro estou totalmente de acordo contigo. O maior problema do que chamamos democracia española é a ilegalización das ideas. Eu non son partidario de defender as ideas coas armas e si coa palabra. A lei de partidos e a ilegalización de HB supuxo unha creba dos dereitos democráticos deste país. Os gobernos deben prender aos que cometen delictos pero non poden ilegali#blgtk08#zar a aqueles que defenden a autoderminación como dereito inalienábel dos pobos. Cando a todos os que defenden este dereito se lles permite en Euskadi a defensa das súas ideas teremos dado un paso moi importante para a solución do problema. Ao respecto do PP xa non me sorprende nada. Aquel que é capaz de explotar a morte de Miguel Ángel Blanco de que non vai ser capaz?
Dito por aletofilo (14-07-2007 12:16)
2 que curioso qe esa gente que dice ser de extrema izkierda independentista son losmismos que hace 100 años gritaban "dio#blgtk08#s y leyes viejas"

nacionalistas= fascistas


viva la republica jacobina de españa¡¡¡
Dito por asedasfd (12-02-2010 08:30)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0