Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Cymru gobernado por nacionalistas
Oito anos despois de que dese comezo a 'devolución', o nacionalismo está presente no executivo do Úlster (Éire), Escocia (Alba) e, agora, Gales (Cymru).

Non sendo Éire, Galiza foi en 2005 a primeira das nacións celtas do Atlántico en conseguir un goberno nacionalista. Dous anos despois, en 2007, Alba, primeiro, e agora Cymru, seguen a senda galaica, que xunto co acordo chegado en Irlanda do Norte -coas súas peculiaridades, compoñen un particular póker de pobos sen Estado que ven reflectidos no poder Executivo os seus arelos de autodeterminación.

Este sábado, o Plaid Cymru aprobaba con 225 votos a favor (92%) e 18 en contra referendar un goberno de coalición co Partido Laborista, que a súa vez fixo o propio un día antes, cun respaldo do 78,4%. É a primeira vez, dende que hai oito anos comezase o proceso de 'devolución' (creación de parlamentos e goberno autonómicos con competencias, no Reino Unido), que os nacionalistas conseguen gobernar en Cymru.

'Vice-primeiro ministro'
O líder do Plaid Cymru, Ieuan Wyn Jones, será 'vice-primeiro ministro' do goberno que dirixirá o laborista Rhodri Morgan, e que contará tamén con varios 'conselleiros' nacionalistas.

Jones sinalou que estaba "moi contento" e "moi orgulloso" de ser "o primeiro líder do Plaid en conseguir levar o partido ao goberno". "A decisión que hoxe (polo sábado) levou moito tempo facela realidade. Levou nove semanas negociar un acordo de goberno, mais o Plaid Cymru tardou 82 anos en chegar a este punto".

"Gobernar para todos os galeses"
Ademais, o líder dos nacionalistas manifestou que o Executivo representará "todos os galeses, sen importar onde vivan ou a súa orixe", e que o acordo "non é polo interese de ningún partido , senón polo interese do pobo de Gales". "É un momento histórico na vida do noso partido, na vida dos nosos políticos e na vida da nosa nación", engadiu.

A coalición supón que o Partido Conservador se converta na principal forza da oposición. O seu líder xa sinalou que hai moitos puntos do acordo nos que discrepa, mais prometeu unha "oposición construtiva".
Comentários (0) - Secçom: Cymru - Publicado o 09-07-2007 15:53
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0