Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O primeiro diario en galés da historia
Tres de marzo de 2008. Esta data pode converterse en histórica para os galeses, pois ese día está anunciada a publicación do Y Byd (O Mundo), o primeiro xornal na lingua de Cymru (País de Gales).

O nacemento do xornal prodúcese despois de acadar o apoio dos nacionalistas do Plaid Cymru, fundamentais para o goberno en minoría en mans dos laboristas. Sexa como for, aínda se está a discutir se o goberno porá cartos para a edición do xornal.

Tamén queren un dominio de internet
Ao que si se comprometeu o Gabinete, apoiado por toda a oposición -incluídos conservadores e liberais-, é a apoiar o ?.cym?, a iniciativa que busca un dominio de internet para a lingua galesa, un proxecto de características parecidas ao Puntogal galego.

Unha lingua minorizada no seu propio territorio
O número de falantes do galés varía entre o medio millón e as 750.000 persoas en función da fonte consultada. A Wikipedia indica que o 20% da poboación fala este idioma, especialmente nas zonas do norte de Cymru.

Y Byd, que contará con versión electrónica, xa acadou unha cifra próxima aos 5.000 subscritores, imprescindíbeis para poder saír á rúa mantendo a independenza política. No cadro de persoal haberá uns 24 profesionais, a metade dos cales serán xornalistas, que editarán un número cinco días á semana.
Comentários (1) - Secçom: Cymru - Publicado o 08-07-2007 19:13
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comenta-se que...
1 Pois isto é para que se enteren os de Tan gallego como el gallego... e que sigan#blgtk08# dicindo que o galego é coma o galés... unha lingua morta!

Bicos
Dito por Anxélica (08-07-2007 23:16)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0