Avante Galiza! |
|
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.
(Castelão - Sempre em Galiza)

|
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sobre "inventarse unha lingua" |
|
Hai uns poucos anos que se aprobou o novo decreto lingüístico sobre o galego... lémbrome que a nosa mestra de galego nos entregara unhas follas que contiñan os cambios realizados. A todos nos resultaran curiosos e/ou raros os cambios realizados, que intentaban liberá-lo galego da enorme cantidade de castelanismos que se foran introducindo na nosa fala; palabras coma cuxo, que pola zona das Pontes sempre quixera dicir tenreiro (neutra en toda a Galiza) ou xato (esta máis tirando cara Lugo) substituía o cuio que sempre se empregara polos lares eumeses... moitos foron os que dixeron que nos estaban a impor un galego de laboratorio e aportuguesado. As cousas non son así... o galego ten moi variados e ricos matices por mor da dispersión xeográfica, da nosa orografía; en Euskal Herria, por exemplo, sucede o mesmo... e chega a pasar que unha palabra que nun val quere dicir tenreiro no outro quere dicir año, nembargantes alí ninguén se escandaliza cando, buscando unificá-la lingua para facela máis forte e cohesionada, na normativa oficial se decidan pola máis común.
Ninguén carga contra a RAE (agás os galegos, polo ben que nos tratan) porque poña unha ou outra palabra, nembargantes a RAG está sempre no punto de mira... por parte dos españois (que non sei que carallo pintan eles no que nós decidamos sobre a nosa lingua...) que se o estamos aportuguesando; e por parte dos reintegracionistas que se o estamos españolizando (cos que persoalmente comparto parte dos argumentos). Vou poñer agora o exemplo que máis bombo tivo na sociedade... GRAZAS.
?Grazas? foi a palabra clave na nova normativa do galego... houbo unha chea xente que se sentiu ofendida mesmo persoalmente por esta normativa gramatical. A xente miraba mal a quen dicía grazas... o ser educado pasou a ser visto coma ser un maleducado. Eu a verdade é que moitas veces flipo coa sociedade, o aborregamento que pode chegar a acadar sáese dos meus límites de concepción do ?normal?.
En canto saíu esta normativa eu (coma sempre fago cando descubro algunha nova cousas que me interesa) tirei de enciclopedias, internet e libros para ver en que se baseaba ese polémico Grazas. Resulta que non era un invento, era unha palabra existente aínda no sul da Galiza e norte de Portugal, nas dúas bandas miñotas. A única diferenza era a grafía, que no sul do Minho é a orixinaria galega, graças, e no norte do Miño... pois case que non se escribía porque a normativa ortográfica é a RAG oficial da Galiza. Dicían que era ?aportuguesar? unha verba, cando o que se estaba a facer era galeguizala. A iñoranza ten estas cousas... é soberbia e descarada.
Se o que se pretendese facer fose aportuguesá-lo galego non regaleguizarían unha verba, senón que nos introducirían a da normativa lisboeta: Obrigado.
Pero como se falo do galego sempre haberá discrepanzas... vou poñer por exemplo o castelán, que ese (non sei debido a que) ninguén o discute.
Non existe nada no castelán de tódolos días que corresponda ás moitas palabras que hai en árabe para caballo ou camello, ás palabras en esquimó para neve, ou ás das linguas australianas para agujero ou arena; mesmo poderiamos dicir que para as do galego para lluvia. Os falantes de castelán teñen que recorrer a circunloquios se queren marcá-las distincións que estas linguas transmiten mediante palabras diferentes, tales como o tamaño, raza ou función dun camelo. Por outra banda, hai varias linguas que non poden igualá-las moitas palabras que o castelán posúe para identificá-las distintas clases de resultados que se poden ter cortando unha materia cun coitelo -raja, rodaja, rebanada, loncha, filete, tajada, lonja, rueda- e pode que teñan unha soa palabra para todas elas.
En ocasións a lingua carece de palabras para un novo obxecto, feito ou circunstanza e propóñense con maior ou menor éxito novas palabras. Vexamos varios termos propostos pola Real Academia Española para solventar algunhas carencias do castelán: adultez 'edad adulta', bricolador ou bricolero, complotar 'confabularse', museal 'relativo al museo', computadorizar, diligenciar, editorializar 'escribir editoriales en un periódico o revista', mensuración, concientizar. O tempo diranos se estas verbas se estenden entre os falantes... é dicir, se normalizan; parécelle raro a alguén a día de hoxe escoitar grazas na rúa ou na radio ou na televisión??
P.D.- Si, estes días creo que vou estar dándolle voltas a temas gramáticos e lingüísticos e todo iso... é o que ten tirarse tanto tempo diante dos apuntes, ó final rematas sendo monotema! Hehehe.
Xa dixen no artigo anterior algunhas das palabras en esquimó para ?neve?. Se falásemos pintupí, unha lingua aborixe da Australia, teriamos unhas dezasete palabras para dicir ?furado?... malia iso, somos capaces de traducí-las distincións. Velaí uns exemplos:
- Yarla: furado nun obxecto.
- Pirti: furado no chan.
- Pirnki: furado formado por unha repisa na rocha.
- Kartalpa: pequeno furado no chan.
- Yulpilpa: furado estreito no que viven as formigas.
- Mutara: furado especial nunha lanza.
- Nyarrkaipa: furado onde vive un animal pequeno.
- Pulpa: furado (?madrigueira? é un castelanismo, non existe en galego) que viven coellos, coelleira.
- Makarnpa: furado no que vive un goanna
- Katarta: furado que deixa un goanna cando rompe a superficie da terra despois da hibernación.
Unha lingua, sinxelamente, adáptase ás necesidades dos seu falantes... tras ver esta variedade de verbas para denominar un furado... alguén se atreve a dicir que o euskara é unha lingua rara? Alguén ten os collóns fuciños de dicir que non fala en galego porque lle resulta difícil? |
|
|
|
E ti que pensas disto? |
|
|
|
|