Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Tangallego comoelgallego
Hai un grupiño de xente con apelidos moi compostos e filiación inequívoca que anda a recoller asinaturas en contra do noso idioma. Seica van polas dez mil, e non dubidamos que serán algunhas máis. Segundo eles, estase a producir unha imposición da lingua no ensino. O seu argumento-estrela é que o español é tan galego coma o galego.

Imos intentar desentrañalo por consenso científico. A ver logo. Aplicamos a lóxica que nos ensinaron (en español, só en español, sempre en español) na escolarización media e primaria. Non hai présa.

-Principio base: calquera cousa é igual a si mesma. Se A é igual a A, A é igual a A. O español é igual a si mesmo e o galego tamén. Espero que ninguén se sinta ofendido por este principio.

-Principio base avanzado ou axioma da ra Gustavo: se unha cousa é igual a si mesma e aparece unha segunda cousa que é igual á cousa anterior, as dúas cousas son iguais. Exemplo (vid. Barrio Sésamo): certo número 3 vai andando a brinquiños por un centro comercial. Busca impaciente a máquina de refrescos. De repente aparece outro número 3 brincando nervioso. Os dous quedan parados. O segundo número 3 non busca un refresco, senón a súa filliña, a letra P, que acaba de escaparlle para a sala de xogos. Nada máis verse, o primeiro número 3 e o segundo número 3 detéñense e crávanse a mirada. Acaban de descubrir que son iguais! E senten alegría, unha inesperada proximidade (en Barrio Sésamo a xenética non existe).

Como todo o mundo viu algunha vez Barrio Sésamo, non reproducimos o resto da historia. É moi entrañable e ao final, xa adiviñaría o astuto lector, a máquina de refrescos estaba dentro da sala de xogos.

-Principio tangallegocomoelgallego: un 4 vai saltando co seu único pé polo centro comercial de antes. Busca a máquina de refrescos. Segundo tangallegocomoelgallego, cando aparece 3 en escena, 4 dálle unhas palmadas nerviosas. “Ei! Ti e mais eu somos iguais!!”, di con satisfacción. A escena conxélase.

Sae a ra Gustavo, didáctica: “queridos nenos, este número está confundido. El di que é igual a 3. Vós que pensades?”. Nenas e nenos de medio mundo, sentados frente á tele da casa coas perniñas colgando, berran “Nooon! Son distintos!”. E entón vén o monstro das galletas e canta a canción dos dez números. Publicidade.

-Conclusión A: o galego é tan galego coma o galego. O español ten máis sorte; é en todo igual a si mesmo pero ademais pode ser igual a outra cousa.

-Conclusión B: o español é tan español coma o español e tan galego coma o galego. Pero o galego non é tan español coma o español –isto último creo que pode entendelo incluso un españolista-.

BIBLIOGRAFÍA (en español, claro)

Lógica fluida : una alternativa a la lógica tradicional, DE BONO, Edward, Ed. Paidós
Constitución española, VV.AA, Ed. Castillejo
Barrio Sésamo – Aprenda con el monstruo de las galletas, Ed. Planeta Junior

Un artigo de Xabier Cordal.
Comentários (5) - Secçom: Denúncia - Publicado o 15-06-2007 18:21
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comenta-se que...
1 hai por aí umha resposta satírica:http://tangallegocomoelgazpacho.blogspot.com/
e umha pro#blgtk08#posta de googlebombing:
http://odemo.blogaliza.org/2007/06/15/proposta-de-gooble-bombing/
Dito por nemtele (15-06-2007 18:44)
2 hahaha boísimo o de Tan Gallego como#blgtk08# el Gazpacho!! Moi boa bitácora. XD
Dito por Suso (15-06-2007 18:54)
3 coincidimos en moito na visión destes suxeitos#blgtk08#.
por certo, o do gazpacho é bestial!
Dito por Henrique (15-06-2007 21:49)
4 Que carraxe, meu deus! Levo toda a mañá pola páxina #blgtk08#de tangallego e non sei porque, será que son masoca.
Dito por A do outro lado (17-06-2007 00:27)
5 Eu dende logo miraríame eso... XD

Como dicía unha #blgtk08#frase célebre de Chuza: Todos levamos un pequeno español dentro.
Dito por Suso (17-06-2007 19:48)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.